Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
5
Start: 05/02/2024 00:09
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizamos unha exposición no noso centro sobre O Seminario de Estudos Galegos, dentro dos actos de conmemoración do centenario da creación desta institución de alta cultura. O alumnado da ESO realizou unha actividade de busca de información sobre o SEG a través do labor colaborativo, aprendendo a traballar en equipos. Con esta actividade pretendemos mostrarlle ao alumando da ESO o labor determinante do Seminario de Estudos Galegos na construción da identidade galega e na modernización cultural e científica de Galicia.
Para ver máis fotos pulsar AQUÍ Start: 05/02/2024 00:22
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizamos unha exposición no noso centro sobre O Seminario de Estudos Galegos, dentro dos actos de conmemoración do centenario da creación desta institución de alta cultura.
Start: 05/02/2024 23:38
O luns, día 5 de febreiro, a Xunta de Galicia abrirá o prazo para inscribirse nas probas para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato para persoas adultas, o que posibilita que quen non obtivera estes títulos a través do ensino ordinario, poidan acceder a eles a través dunha proba libre. Así pois, as persoas maiores de 18 anos interesadas en obter o título de ESO teñen de prazo entre o 5 e o 21 de febreiro para a inscrición en primeira convocatoria, e do 8 ao 18 de abril en segunda convocatoria. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPÛ Eduardo Pondal (A Coruña), EPAPU Santa María de Caranza (Ferrol), IES San Clemente (Santiago de Compostela), EPAPU Albeiros (Lugo), EPAPU de Ourense, EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e EPAPU Berbés (Vigo). No caso das probas para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos, o prazo de inscrición é do 15 ao 28 de febreiro. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPU Eduardo Pondal (A Coruña), o IES San Clemente (Santiago de Compostela), a EPAPU Albeiros (Lugo), a EPAPU de Ourense, a EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e a EPAPU Berbés (Vigo). Para obter máis información, podedes pinchar nas seguintes ligazóns: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0655-050124-0002_gl.html
| 6
Start: 06/02/2024 08:53
O luns 5 de febreiro, os alumnos de 1º Bacharelato disfrutaron dunha clase cultural en inglés impartida por un nativo. Nela tiveron a oportunidade de aprender sobre a diversidade dun país tan grande como USA, centrándose especialmente na poboación de orixe irlandesa. Foi unha actividade interactiva e divertida.
| 7
| 8
Start: 08/02/2024 15:54
O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía e de 2º de Bacharelato de Economía de Empresa foron á fábrica de aluminio “Cortizo “, en Padrón, onde se visitaron as instalación e viron o proceso de fabricación do aluminio.
Start: 08/02/2024 16:02
Alumnado da materia de Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2ºBacharelato e alumnado de 4ºESO, participou na XV Olimpíada Xeolóxica o 7 de febreiro na Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela.
Parabéns a Hugo Pouso de 2º de Bacharelato A que quedou terceiro na competición individual!
Start: 08/02/2024 22:51
O IES de Porto do Son preparouse para recibir a San Valentín! O alumnado dispón dunha ampla colección de literatura e cine na entrada da Biblioteca.
Ademais puido escribir as súas cartas de amor ou amizade. Estas atópanse ao carón da furna que está na conserxería, onde se poideron depositar o 7, 8 e 9 de febreiro; e que foron entregadas o 15 e 16 de febreiro.
Máis información e fotos AQUÍ
Start: 08/02/2024 23:03
| 9
| 10
| 11
Start: 11/02/2024 21:40
Entre temporais e choiva celebrouse o Entroido un ano máis no polideportivo. Este ano, todos os niveis tiveron representación nas diferentes comparsas. Grazas á participación do alumnado, a un equipo de son e uns presentadores sen parangón puidose disfrutar dunhas horas de festival carnavaleiro...
Despois dunha difícil deliberación do xurado, saíron os gañadores do Entroido 2024...
1º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: BISTIPOI ON FIRE
2º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: DIVINAMENTE DIVINAS
1º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: O CIRCO DO SON
2º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: OS TROLLS
O festival rematou coa actuación do grupo de profes mais marchosos do Instituto, que nos trasladaron por un momento aos anos oitenta...
Para ver máis fotos, pulsar AQUÍ
|