Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
29
Start: 29/01/2024 22:28
O alumnado de 1º e 3º de ESO asistiu na mañá deste luns 29 de xaneiro a unha obra teatral UN DÍA CON LOS CLÁSICOS á Casa da Cultura de Porto do Son. Esta obra recolle fragmentos de diversas obras clásicas como el Quijote, La vida es sueño, Don Juan Tenorio… O alumnado puido actuar e interactuar cos actores durante a función...
| 30
Start: 30/01/2024 22:10
O martes 30 de xaneiro, o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu no Salón de Actos do IES a unha charla sobre a IDENTIDADE. Ao longo da historia, tanto literatos coma filósofos ou psicólogos dedicaron moitos esforzos a conectar cunha intuición que en distintos momentos da vida se manifesta con lucidez. Podería expresarse así: non sei ben quen son porque non sempre me recoñezo. Tal intuición leva aparelladas unha serie de preguntas que preocupan desde os albores da humanidade: quen son? Podo coñecerme totalmente? Son responsable do que fago? Non son máis que variacións do clásico γνωθι σεαυτόν («coñécete a ti mesmo») do oráculo de Delfos. Tanto na literatura como na mitoloxía, estas preguntas desenvólvense dando lugar a varias figuras dominantes, como por exemplo o heroe, o dobre, o espello ou a sombra, protagonistas de relatos, contos e novelas. Durante esta charla, o alumnado puido repasar varios exemplos desta variada produción literaria mediante algunhas claves interpretativas filosóficas e psicolóxicas coa finalidade de aprender a profundar no camiño do autocoñecemento e da aceptación de si mesmo. Start: 30/01/2024 22:27
Na xornada do luns 29 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou un estudo xeolóxico das praias da Lanzada, Bascuas e Vilalonga, na Península do Salnés, onde poideron observar estruturas xeolóxicas como pregamentos e fallas.
Completaron a xornada, visitando a cidade de Pontevedra. Para ver máis fotos pulsar AQUÍ
Start: 30/01/2024 22:54
Na xornada do luns 29 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou un estudo xeolóxico das praias da Lanzada, Bascuas e Vilalonga, na Península do Salnés, onde poideron observar estruturas xeolóxicas como pregamentos e fallas. Completaron a xornada, visitando a cidade de Pontevedra.
| 31
Start: 31/01/2024 10:00
End: 31/01/2024 10:00
O alumnado do ciclo medio de guía no medio natural e de tempo libre ven de realizar o bautismo de barranco na serra do barbanza. Start: 31/01/2024 22:27
Na Resolución Definitiva de centros beneficiarios das axudas a dotación económica do IES de Porto do Son resultou insuficiente para cubrir as demandas do alumnado interesado. Durante o segundo recreo do 31 de xaneiro de 2024 foi realizada a selección seguindo o criterio establecido en acto público na Sala de Profesores do IES de Porto do Son e levantouse acta da mesma. Para máis información pulsar na IMAXE. Calquera persoa interesada poderá consultar a información completa no centro educativo.
| 1
Start: 01/02/2024 09:12
Durante a mañá do xoves 1 de Febreiro, o alumnado de Economía de 4ºC/5ºA ESO/2º CICLO, asistíu a un charla impartida por Mª Pilar Piñeiro García, profesora na U.S.C sobre Economía Circular.
| 2
| 3
Start: 03/02/2024 09:22
Para achegar o alumnado de francés ás costumes socioculturais francófonas, o departamento de francés organizou uns talleres de elaboración de CRÊPES para celebrar a Candeloira. Así, durante as horas de clase de francés arredor do 2 de febreiro, o alumnado preparou o moado, fixo e degustou as típicas crêpes doces recheas do que máis lles gusta: nocilla, nutella, doce de leite,...
| 4
Start: 04/02/2024 16:54
O IES de Porto do Son participa na Campaña de Dinamización Lingüística da mocidade estudantil, con accións directas na contorna do alumnado: AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO! https://aquitamensefala.com/ Durante o mes de xaneiro o alumnado e o profesorado colaboraron na difusión da campaña do noso centro. Actualmente os/as alumnos/as participan de forma activa coma normalizadores/as lingüísticos/as levando os carteis do IES de Porto do Son por toda a súa contorna. Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación e pola boa acollida desta campaña en todo o Concello!! Start: 04/02/2024 17:10
O IES de Porto do Son participa na Campaña de Dinamización Lingüística da mocidade estudantil, con accións directas na contorna do alumnado: AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO! https://aquitamensefala.com/
|