Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Xaneiro 10, 2024
Start: 10/01/2024 21:54

O alumnado de 1º e 2º do bacharelato tecnolóxico visitou a Universidade de Vigo, en concreto a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía e a Escola de Enxeñería Industrial, onde asistiron a un obradoiro sobre combustión e outro sobre Intelixencia Artificial. 

Esta actividade foi organizada en colaboración co departamento de Tecnoloxía do IES Virxe do Mar de Noia.

 

 

Noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato que levou un premio por gañar nunha xincana

 

 

Ademáis tiveron a posibilidade de visitar as instalacións e talleres destas escolas.

Terminaron pola tarde facendo unha visita da cidade de Vigo.

 

 

Para ver máis fotos, pulsar AQUÍ

 

Start: 10/01/2024 22:21

O alumnado de 1º e 2º do bacharelato tecnolóxico visitou a Universidade de Vigo, en concreto a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía e a Escola de Enxeñería Industrial.

 

Domingo Xaneiro 14, 2024
Start: 14/01/2024 17:59

As alumnas de francés de 1º de Bacharelato viaxaron a Madrid os días 11, 12 e 13 de xaneiro para ver a exposición de Monet e a exposición permanente Thyssen Bornemisza , visitar o Institut Français de Madrid onde puideron degustar pratos franceses, asistir ao musical Mamma Mía e por suposto visitar a cidade.

 

 

 

 

Mércores Xaneiro 17, 2024
Start: 17/01/2024 11:30

O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.

No Muncyt fixeron un obradoiro sobre química estudando o pH de diferentes substancias e coñeceron algúns dos inventos de investigadores e investigadoras españolas, tamén puideron observar de cerca as características dos boeing 747. Na Domus interactuaron con diferentes actividades sobre o corpo humano.

Para ver máis fotos pulsar AQUÍ.

 

Start: 17/01/2024 11:37

O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.

 

Venres Xaneiro 19, 2024
Domingo Xaneiro 21, 2024
Start: 21/01/2024 20:41

O alumnado do Club de Ciencias e do Club de Lectura realizou unha saída a Pena Trevinca os días 19 e 20 de xaneiro.

Visitaron o observatorio astrónomico de Pena Trevinca, e as vilas de Allariz e Castro Caldelas.

 

 

Para ver máis fotos pulsar AQUÍ.

Start: 21/01/2024 21:32

O alumnado do Club de ciencias e do Club de lectura realizou unha saída a Pena Trevinca os días 19 e 20 de xaneiro.

   

 

Mércores Xaneiro 24, 2024
Start: 24/01/2024 18:52

Dende o Equipo de Biblioteca e o equipo de EDLG festexamos a chegada do Nadal ao noso centro! Nesta celebración recuperamos a figura tradicional do Apalpador, personaxe da mitoloxía popular galega. Este baixou das devesas das altas montañas para agasallarnos con ilusión, xoguetes, castañas e… unha enchenta de libros!!

Desexámosvos unhas felices festas, boas lecturas e que o Apalpador vos traia moitos presentes!!

 

Xoves Xaneiro 25, 2024
Start: 25/01/2024 23:19

Pódese descargar e consultar a información relativa ás PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL pulsando na seguinte IMAXE

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut