Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
28
| 29
| 30
Start: 30/03/2022 13:27
Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes de bolsas de carácter xeral para estudos non universitarios (FP, Bacharelato e outros) e universitarios (grado e máster) para o vindeiro curso académico 2022/2023.
O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, ámbolos dous inclusive. A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación. Na seguinte ligazón: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp... Na 1ª Fase realizaranse as comprobacións económicas. As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.
Na 2ª fase informarase @s solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede e informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos. Máis información na seguinte ligazón:
A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio. Para clarexar calquera dúbida contacta coa Secretaría do centro. | 31
| 1
| 2
| 3
|