Eventos
Hoxe 11 de febreiro, conmemoramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia!
O alumnado de 3º de ESO D presenta en Onda Perseveira, dende as materias de Matemáticas e Lingua Galega, o programa Da estrela Rosalía ás mulleres astrónomas, o primeiro dos podcasts que publicarán ata o 24 de febreiro, Día de Rosalía.
Pola súa parte, o alumnado de 2º de bacharelato, nun proxecto da materia de Lingua Castelá e biblioteca, súmase con vídeos que poñen en valor o traballo de relavantes mulleres científicas.
Animádevos a coñecer estas producións nos blogs de Onda Perseveira e Etikeles!
Achegamos os enlaces ao programa de divulgación científica Da estrela Rosalía ás mulleres astrónomas. É resultado do traballo co alumnado de 3º de ESO D nas materias de Matemáticas e Lingua Galega para conmemorar o Día da Muller e a nena na Ciencia e o Día de Rosalía.
COMUNICAMOS QUE:
Rematado o prazo para presentación de solicitude de reserva do alumnado dos centros adscritos, tódolos solicitantes foron admitidos.
O alumnado da materia de Xeoloxía de 2º Bacharelato participou na XII Olimpíada Xeolóxica (este ano virtual) e os resultados, por segundo ano consecutivo, foron excelentes. Laura Pego quedou segunda na categoría individual, e por outra banda, Érika Vila, Rita Vila, Marta Olveira e María Calo, conseguiron o primeiro premio na categoría de grupos. Non hai que esquecer o bo facer de Saulo Rey, Laura Lojo e Valentín Bonfiglio axudando ao éxito do grupo. Tendo en conta a dificultade das probas e o bo nivel dos outros centros que participaron, sobran os motivos para estar orgullosos do seu traballo. Rock on!!!!!!
Charla do paso do ciclo superior á universidade a cargo de Borja Cervera Torres (antiguo alumno)
Lugar: aula ciclo
Hora: 12:30 - 13:30