Eventos
Onte, despois de ter que adiala polo confinamento, estivo co alumnado de 2º de Bacharelato Manuel Núñez Singala dentro do programa Encontros Literarios promovidos pola Dirección Xeral do Libro e o Fomento da Lectura do Ministerio de Educación. Podedes ler máis sobre a actividade no Blog da Biblioteca.
O alumnado beneficiario de material escolar é beneficiario directo, non ten que presentar solicitude.
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar é beneficiario directo: non ten que presentar solicitude.
Esta mañá o alumnado de 1º de ESO B tivo un obradoiro de radio con Ponte nas Ondas. É unha actividade programada polo equipo de biblioteca dentro do programa Radio na Biblio; estaba programada para abril do curso pasado e que tivo que adiarse ata agora. A Covid marcou os tempos. Para saber máis e escoitar o pódcast que gravaron entrade no blog Onda Perseveira.