Eventos
Enlace á web: http://www.edu.xunta.es/fp/plan-acreditacion-experiencia-profesional
Convocatoria Mellora o teu futuro profesional do 13 de xaneiro ao 07 de febreiro
Pon en valor a túa experiencia laboral
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional puxo en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.
Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos.
Queremos recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.
Acredita toda unha vida de traballo
Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida.
Acredítate!!

Este 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da muller e a nena na ciencia. Ten todo o sentido esta celebración, pois un obxectivo como equiparar o traballo de mulleres e homes na ciencia e tecnoloxía aínda non se acadou en pleno século XXI. As alumnas e alumnos da profesora Raquel, de física e química, buscaron e traballaron ao redor desas mulleres esquecidas, expoñendo o seu traballo en colaboración coa Biblioteca.
O equipo de alumnas e alumnos de 1ºBac A que participou na XI Olimpiada Xeolóxica en Santiago de Compostela non puido obter mellor resultado, sendo premiados como primeiros na categoría de equipos e na categoría individual. A xincana práctica e a proba teórica foron un éxito, destacando o excelente traballo de Laura Lojo e Laura Pego. É un orgullo para o centro o bo facer destes rapaces. Pero quizais o máis importante é a boa experiencia da que desfrutaron ese día con alumnos doutros centros aprendendo xeoloxía. Para que digan que non é divertida!
O número gañador do sorteo dunha noite no Gran Talasso Hotel de Sanxenxo, e dun circuito spa no mesmo hotel, resultou ser o 4704. O número afortunado correspondeulle a Rosa María Piñeiro, de Aguiño. Ata Ribeira chegan as rapazas e rapaces que van ir a Polonia para conseguir fondos para a súa excursión. Gracias a todo o mundo que colaborou.
As mozas e mozos do club de lectura participaron no obradoiro de cómic de Fonso Barreiro no recuncho do Cómic da OMIX e Biblioteca Municipal. Os cómics e os carteis da nosa biblioteca acompañan esta mostra. Tamén aproveitaron para visitar na Casa da Cultura a exposición "Á violencia de xénero...dille NON!"
O sol acompañou ao día de festa que tivemos no centro. Por fin chegou o Entroido! Época de festa, de disfraz, de baile e de moita cor. Dez comparsas numerosas se presentaron ao concurso, e houbo gañadores de todos os niveis: 1ºESO, 3ºESO, 1ºBacharelato e Ciclo. Só catro grupos puideron levar premio, pero todos os que participaron o deberían levar xa que o fixeron estupendamente, sen excepción.
Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.

Do excelente blogue de orientación laboral do Son. https://empregoportodoson.wordpress.com
Convocatoria Competencias Clave Ano 2020.
RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21. Enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30375

O venres estivo connosco Carlos Negro, para falarnos de poesía e da súa obra Aplicación Instantánea, que leron os mozos e mozas de 3º de ESO. Como sempre, unha sesión motivadora e divertida. O autor louvou os traballos creativos feitos polo alumnado!
Podedes ler máis no blog da biblioteca...
Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21. Enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30375
Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21. Enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30375
Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21. Enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30375
Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21. Enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30375
O concello de Porto do Son organizou esta semana uns obradoiros de cociña para as nosas rapazas e rapaces de 1ºESO. E non foi só aprender a cociñar co chef Dani algúns dos platos máis comúns, se non que aprenderon que as tarefas de cociñar e limpar non están asignadas ao xénero feminino. Moi boa iniciativa que animamos a que se repita outros cursos.