Eventos
REUNIÓN FAMILIAS CON TITORAS E TITORES
DÍA 14/09/2019 LUNS
1º e 2º ESO ás 18:15 h
3º e 4º ESO ás 18:45 h
1º e 2º BAC ás 19:15 h
A recepción do grupo farase no salón de actos xunto ao equipo directivo e logo cada grupo vai á clase correspondente.
AQUÍ PODEN VER UN CADERNO CON ORIENTACIÓNS E INFORMACION SOBRE O IES
CONFIRMEN AS TITORES E TITORES, ASINANDO A CARTA QUE LLE ENVIARON OS SEUS FILLOS E FILLAS, A SÚA ASISTENCIA
OU, MESMO QUE NON PODAN VIR, QUE ESTÁN AO TANTO DA CONVOCATORIA .
Titorías 2019-20
Os alumnos de 2ºESO participarán outro ano máis, e en colaboración con ADEGA, na limpeza da praia de Cabeiro.
MUSEO DO PRADO: https://www.museodelprado.es/
MUSEO DO PRADO: https://www.museodelprado.es/
MUSEO DO PRADO: https://www.museodelprado.es/
O luns 28 de outubro o alumnado de 1ºESO realizará a Ruta da Auga, entre o IES e Cans.
Como outros anos, ADEGA propuxo participar na actividade de limpeza simultánea de praias. Os alumnos de 2ºESO actuaron de voluntarios para facer unha batida da praia de Cabeiro, ao lado do centro, recollendo todo o lixo posible. Conseguimos reunir máis de 25 kg de lixo, basicamente plástico provinte de restos de aparellos de pesca, botellas, cabichas ou porespán. A actividade pretende que nos concienciemos do mantemento do medio natural, así como do uso masivo do plástico.
Este último fin de semana de outubro os alumnos de Arte de 2ºBacharelato, acompañados por Pepe Lijó e Ána Dapena, estiveron de viaxe de estudos en Madrid, visitando os grandes museos como son o Prado e o Raíña Sofía, e impregnándose do ambiente cultural e artísitico dunha gran cidade.
Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2019/20 se celebrará o 31 de outubro de 2019.
Reunións excursións alumnado. Nais e pais.
18:00
Estimadas familias:
O luns 11/11/2019, as 19 horas, dentro das actividades e charlas para nais e pais que organizamos coa axuda do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), estarán no Salón de Actos do IES Porto do Son Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do IES), doutoras en psicoloxía, para falarvos de "Pautas básicas para xestionar o comportamento problemático n@s fill@s adolescentes"
O resumo da súa intervención é este: A adolescencia é un período de cambios e adaptación progresiva aos roles adultos. Neste proceso de maduración, os/as fillos/as poden amosar condutas problemáticas. Nesta charla interactiva trataremos de abordar estes comportamentos e presentar pautas básicas para xestionalos. Falaremos e practicaremos especialmente habilidades de comunicación e de resolución de conflitos para aplicar nas relacións entre nais/pais e fill@s.
É de interese para os vosos fillos e fillas que asistades. Moitas grazas.
(Asinade, por favor o recibo desta carta, para ter constancia de que a recibides, e que os vosos fillos e fillas a entreguen aos titores antes do luns a medio día.)
O luns pola tarde celebrouse con gran éxito, a primeira das sesións da Escola de Nais e Pais organizada polo CAFI en colaboración co IES de Porto do Son. Dúas psicólogas, Lorena Maneiro e Olalla Cutrín, ofreceron pautas básicas ás nais e pais presentes para afrontar os comportamentos problemáticos dos seus fillos adolescentes. Desde o centro, damos as gracias a todos os asistentes por animarse a asistir e a participar tan activamente na charla. Agardaremos á segunda sesión en marzo.
Os Servizos Sociais do Concello do Porto do Son realizaron outro ano máis obradoiros sobre igualdade a nenas e nenos de 4ºESO e 2ºESO PMAR. Nestos obradoiros, danlle a coñecer aos nosos alumnos aspectos relacionados sobre a desigualdade de xénero existente aínda a día de hoxe como os micromachismos, e pautas para que intenten buscar unha sociedade máis xusta.