Eventos
O vídeo da Semana Cultural. O tema a Sostibilidade. O lema: “Vemos, ouvimos e lemos. Não podemos ignorar”, un verso de Sophia de Mello Breyner. E como non podemos ignorar, pensamos que é posible mudar o mundo a través da educación. E facelo en comunidade é un dos mellores camiños.
Imos facendo comunidade: a OMIX do Concello de Porto do Son, a ANPA, un grupo de nais que están a implicarse nas actividades, a Comunidade de Montes de Baroña, Protección Civil de Porto do Son, Mariño del Río, Antonio Veiras do Servizo de Medio Ambiente, @s ponentes, o profesorado e... POR SUPOSTO, o alumnado co seu bo facer e a súa ilusión. Uns días un pouco máis alá do currículum, ou..., no currículum da vida e do compromiso!
Agora, un descansiño.BOAS VACACIÓNS!
La Voz de Galicia compartiu a nosa Semana Cultural:
Martes 23 e mércores 24, Interpretación do Patrimonio, xornadas de formación para o ciclo. Colaboración coa Área de Xuventude do Concello. De 8.20h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h (no salón de actos).
Martes 23 e mércores 24, Interpretación do Patrimonio, xornadas de formación para o ciclo. Colaboración coa Área de Xuventude do Concello. De 8.20h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h (no salón de actos).
Alumnado de Tecnoloxía de 1º e 2º de Bacharelato, visita á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Enmárcase dentro das saídas de orientación académica.
A Little English Challenge, actividade avanzada de inglés organizada por Héctor para alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato (nos recreos, no salón de actos/biblioteca).
Excelentes resultados dos alumnos do IES de Porto do Son no Campionato Provincial Escolar de Carreiras de Orientación celebrado o 9 de abril no Parque Deportivo de Acea de Ama (Culleredo), obtendo Elio Serantes e Nerea Oujo un 2ª posto na categoría cadete masculino e feminina respectivamente. Sete alumnos máis clasificáronse para o Campionato Galego que se celebrará o próximo 4 de maio en Orense. Como vedes na foto, destacada participación feminina! No fondo da imaxe, Eloi! PARABÉNS!!!
O alumnado de bacharelato visitou este mércores a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A saída, organizada polo departamento de Tecnoloxía, forma parte do programa de orientación académica do IES.
O ciclo finalizou con éxito o "Curso Básico de Visitas Guiadas Efectivas" celebrado no IES entre o 24 e 25 de abril, centrado na posta en valor do patrimonio e na necesidade de saber comunicalo. Con Isabel Férnández, experta neste eido, tras as primeiras sesións informativas, o alumado enfrontouse ao guiado das visitas, a falar en publico e que a nosa mensaxe chegue ós participantes. Cada grupo aplicou as técnicas que ensinou Isabel Fernández, saíron iniciativas moi interesantes.
Agradecemos a Isabel a interesante aportación á formación do ciclo.
Estas xornadas non serían posibles sen o apoio da técnica da OMIX, Ana Freire Cabo, e Concellería de Xuventude do Concello de Porto do Son. Seguimos tendendo pontes neste labor de corresponsabilidade na educación dos mozos e mozas, na educación en comunidade! Mil grazas!
Estas son as gañadoras do concurso de Haikiños que promoveu a nosa querida María Míguez entre o alumnado de 2º de ESO tras facer con eles un obradoiro de Haikiños sostibles na Semana Cultural. Podedes ler os poemas no blog da biblioteca! Ben bonitos os cadernos adicados que lles deixou como premio!!!
Este é o número premiado no sorteo da ONCE de onte. A persoa que teña a rifa que teña o número que coincida cos 4 últimos números será a que se leve como premio unha estupenda TENDA DE CAMPAÑA PARA 3 PERSOAS!
Lembrade que caduca aos 15 días!
Agradecemos moitísimo a colaboración da ferretería Melchor, do supermercado Jefama de Portosín, da óptica Seráns e da ANPA!
Hoxe, Carolina Romero, antiga alumna do centro, achegouse a recoller o premio!!!! PARABÉNS!!! VÉN XA O BO TEMPO PARA DISFRUTALA!!!
De 10.20-11.10, alumnado de 2º de ESO. Sostibilidade. Muller do mar. A gobernanza. GALP no programa Con-ciencia. Na biblioteca.
Viaxe do alumnado de 3º de ESO a Pena Aventura. Departamento de Educación Física.
30 de abril, saída do centro ás 8.20h
2 de maio, regreso a media tarde.
Viaxe do alumnado de 3º de ESO a Pena Aventura. Departamento de Educación Física.
30 de abril, saída do centro ás 8.20h
2 de maio, regreso a media tarde.
Este luns, dentro do programa Con-Ciencia, o alumnado de 2º de ESO, charlou con Carlos Varela Ulla, pedagogo, especialista en xestión cultural e educador social. Con el falaron do presente e do futuro, sobre como se ven e sobre como se queren ver cando sexan adultos. Reflexionaron. Pensaron no camiño. Na responsabilidade que eles mesmos teñen sobre si mesmos e sobre o entorno. Ben interesante!!!
Esta sesión, prevista para o 8 de maio, reemprazou á de "Muller do mar. A gobernanza", que se celebrará nesa data.
Viaxe do alumnado de 3º de ESO a Pena Aventura. Departamento de Educación Física.
30 de abril, saída do centro ás 8.20h
2 de maio, regreso a media tarde.
Do xoves 2 e vernes 3 o alumnado de 1º ESO viaxará ao albergue de ecoturismo de Alvarella, nas Fragas do Eume. Actividade organizada por vicedirección no marco da Sostibilidade. Saída o 2 ás 8.20h e regreso o 3 aproximadamente ás 19.00h.
Do xoves 2 e vernes 3 o alumnado de 1º ESO viaxará ao albergue de ecoturismo de Alvarella, nas Fragas do Eume. Actividade organizada por vicedirección no marco da Sostibilidade. Saída o 2 ás 8.20h e regreso o 3 aproximadamente ás 19.00h.
A semana pasada o alumnado de 3º de ESO viviu dous días de aventura no medio natural, actividade física e convivencia en Pena Aventura Park. Explorar a natureza, relaxarse e divertirse... e, ao tempo, practicar o portugués. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física. Non hai máis que ver esta foto para ver que ben o pasaron!!
A semana pasada, cun tempo estupendo, o alumnado de 1º de ESO visitou o Albergue de Ecoturismo de Alvarella. Foron dous días ben completiños. O xoves, cedo, recibíronnos Sofía, Xosé e Sira. E xa a camiñar ata o mosteiro de Caveiro. Muros, hórreos, muíños, capelas, pontes, fieitos milenarios, árbores da fraga... Xogando con probas de sostibilidade na palleira e pola finca, cociñando magdalenas na cociña solar (e coa axuda do forno, porque non ía tanto sol. Ben ricas que estaban!), enredando no tempo libre (porque non levamos móbil!!!), ata axudando a limpar no comedor! Con todo o pasamos moi ben!
Os monitores, xenial; a comida das cociñeiras, como na casa, ou mellor!!! Para repetir!!!
“Xuventude, oferta de actividades”, taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.
•8.20h a 09.10h, 2º C (TIT)
•12.20h a 13.10h, 2º A (FQ)
•13.10h a 14.00, 2º B (ITI)
Como pode a xuventude implicarse na súa vila, no seu entorno? Como pode poñer en práctica o seu compromiso para mudar as cousas? De que asociacións formamos parte? Cales hai preto de Porto do Son? En equipos, pensaron nisto. Expuxeron. Preguntaron.
O programa Con-Ciencia está a piques de rematar. Moito aprendemos con María e David!!!
Cartas a ningures, ou non. De nós pode depender o futuro da Terra. Así se chama o podcast que gravaron os mozos e mozas de 3º de ESO que participaron no obradoiro de radioteatro con Roberto Casal. Non tería sido posible, como en anteriores ocasións, sen o apoio da OMIX de Porto do Son. Mil grazas! É un luxo contar con actividades coma esta! Parabéns a Roberto e ao alumnado!
Entrade no blog de Onda Perseveira para escoitar o podcast e poder contextualizalo. Alí imos publicando o que gravamos na nosa radio, dentro do programa da Rede de Bibliotecas Escolares, Radio na Biblio.
Do Sábado 11 a martes 14, unha parte do alumnado do ciclo participa como voluntario na organización do Raid Gallaecia World Series que parte de Viveiro.
Do Sábado 11 a martes 14, unha parte do alumnado do ciclo participa como voluntario na organización do Raid Gallaecia World Series que parte de Viveiro.
Do Sábado 11 a martes 14, unha parte do alumnado do ciclo participa como voluntario na organización do Raid Gallaecia World Series que parte de Viveiro.
Campamento na illa de Ons, organizada por vicedirección para 2º de ESO, cos monitores de Arenaria Coordinación, especialistas en formación e tempo libre, cos que o alumnado vén participando durante este curso no programa Con-Ciencia, do Grupo de Acción Litoral Costeira. Enmárcase no tema da Sostibilidade.
Saída o 9 ás 9.10h e regreso o 10 aproximadamente ás 19.50h.