Skip to Content

Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Marzo 11, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
11
all day

O alumnado de Relixión de Bacharelato do noso IES inicia os preparativos para o concurso que está a organizar e que se realizará na semana cultura: “Ti Verás en Relixión” e faino cun casting de concursantes!

  

 

12
all day

Durante tres días, os alumnos de Bioloxía Bilingüe de 3ºESO estiveron completamente inmersos na lingua de Shakespeare no campamento Centropeares, nos Peares, en Ourense. Nesta fermosa vila conflúen os dous ríos máis grandes de Galicia, onde o Sil se encaixona antes de verter as súas augas no Miño. 

Os monitores propuxéronlles unha serie de actividades, algunhas máis académicas e outras máis deportivas, co fin de mellorar a súa competencia lingüística en inglés. E si, segungo a profesora da materiia que organizaou a saída, a inmersión funciona!

 

 

all day

 

O grupo de teatro do noso centro, dirixido pola profesora Ánxela Doval, foi seleccionado para participar nos Encontros Caixa Escena celebrados en Vigo, na Escola Superior de Artes Escénicas de Vigo. Dende o venres 8 ata o domingo ao mediodía, asistiron a unhas intensas xornadas de formación con alumnos e alumnas de grupos de teatro de centros de Panxón, Coruña, Lugo, Asturias e Madrid. Unhas xornadas ben interesantes que non esquecerán e que mellorarán as súas producións! 

Podedes ler máis sobre a actividade no blog da biblioteca.

 

13
all day

O 8 de marzo,Día da Muller Traballadora, a nosa compañeira Isabel Fernández Rey representou o IES de Porto do Son na gala de homenaxe ás mestras. O Concello celebraba este día poñendo en valor o papel da muller no labor docente. O acto comezou coa inauguración da exposición  'As mans que moven O Son', organizada pola Sonora Asociación Cultural para, a continuación darlles voz ás profesoras convidadas. Contaron das súas experiencias, das transformacións, das loitas e das esperanzas... Agasalláronas cunha escultura coa lenda "As mans que nos ensinan". Un acto fermoso. Iniciativas como esta sempre son necesarias. 

 

  

 

 

14
15
all day

As alumnas de Antropoloxía de 1º de Bacharelato, no marco da Sostibilidade e o Día da Muller, investigaron sobre o ECOFEMINISMO. Souberon así das mulleres que cren que as transformacións necesarias non poden ser posibles sen ter en conta a visión feminina da problemática da Terra. No blog da biblioteca podedes ler a entrada. 

 

all day

 

Alá por agosto, unha moza sueca comezou a mobilizarse contra o cambio climático. Greta Thunberg foi quen de crear un movemento que axitou as conciencias e que nos levou ata este 15M DO CAMBIO CLIMÁTICO, o #FridaysForFuture.

Andamos enredados en exames, pero aínda así un grupo de mozos e mozas de 4º de ESO, Rita, Otho, Érika e María, decidiron actuar, posicionarse, facernos pensar. No primeiro recreo mostráronnos un cartel e leron un manifesto. Este manifesto no que, sendo novos como son, nos dan aos adultos e á clase política unha lección de compromiso! REPARADE NEL, ACTUADE, UNÍDEVOS A ESTA CADEA de loita pola TERRA, polo FUTURO! 

Por fin chegou o día, o momento no que os alumnos do IES do Porto do Son nos levantamos nunha soa voz para facer algo importante, para mostrar que non nos imos quedar quietos ante algo que estamos vendo a cotío, para que futuras xeracións non te an que vivir nun mundo peor.

Temos tempo para cambiar, aínda que sexa pouco. Temos  11 anos para cambiar a nosa forma de acturar, para que non sexa irreversible o dano que lle estamos facendo ao noso planeta. Sei que parece moito tempo, pero non é tan sinxelo cambiar a mentalidade de tantas xeraci óns que estiveron contaminando este planeta durante tanto tempo.

Estou canso de que as empresas se lucren para seren só  eles os que se beneficien.  Sinceramente, non vexo l óxico que se perda vida por gañar diñeiro, por facerse un pouco máis ricos. .

Non só  temos que concienciarnos nós, teñen que concienciarse tamén as seguintes xeraci óns para que sigan a nosa loita, que non crean que haxa  unha restrición de idade para intentar facer isto posible. Facer que a xente non sexa tan egocéntrica, que comecemos a pensar en todas e todos. Hoxe reunímonos aquí por esta causa, aínda que sexamos poucos, pero agardo que mañá sexamos moitos máis. Xa temos unha idade para deixar de falar e comezar a actuar.

 

Comezou Greta, nós seguimos e agardamos que vós tamén sigades!

 

O traballo do IES arredor da Sostibilidade vai dando froitos, vai xerando sementes! Sementes e árbores que han medrar cunha esperanza de futuro e que hoxe plantaron coa profesora de Bioloxía:

   

 

 

16
17
Distribuir contido


by Dr. Radut