Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
O 8 de marzo,Día da Muller Traballadora, a nosa compañeira Isabel Fernández Rey representou o IES de Porto do Son na gala de homenaxe ás mestras. O Concello celebraba este día poñendo en valor o papel da muller no labor docente. O acto comezou coa inauguración da exposición 'As mans que moven O Son', organizada pola Sonora Asociación Cultural para, a continuación darlles voz ás profesoras convidadas. Contaron das súas experiencias, das transformacións, das loitas e das esperanzas... Agasalláronas cunha escultura coa lenda "As mans que nos ensinan". Un acto fermoso. Iniciativas como esta sempre son necesarias.
|