Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Febreiro 18, 2019
Start: 18/02/2019

Do luns 18 ao mércores 20, viaxe a Pajares (saída á neve) do alumnado do ciclo cos ciclos de Arteixo e Gondomar. Saída ás 11.15h e regreso á 00.00h / 01:00h do xoves 21. 

De 11:30h a 13:00h, 2ª parte do programa de Eduemprende para alumnado de 1º bacharelato B de Economía. Na aula. 

Sostibilidade. “Mellora da xestión. Posibilidades de futuro”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.

  • De 16.20h a 17.10h, 2ºB (FQ)
  • De 17.10h a 18. 00h, 2ºC (ITI)

 

Martes Febreiro 19, 2019

Do luns 18 ao mércores 20, viaxe a Pajares (saída á neve) do alumnado do ciclo cos ciclos de Arteixo e Gondomar. Saída ás 11.15h e regreso á 00.00h / 01:00h do xoves 21. 

CONTADAS para os coles, por parte do alumnado de Valores Éticos de 2ESO e do club de lectura, na Sala Perseveira (actividade colaborativa cos centros do Concello dentro do plan de dinamización da lectura da biblioteca). Actividade coordinada polo equipo de biblioteca.

Martes 12: 

  • de 10.20h a 11.10h, os colexios de Nebra e Campanario.
  • de 11.10h a 12.00h, os colexios de  Caamaño, Seráns, Carballosa e Queiruga.

Martes 19: 

  • de 10.20h a 11.10h, colexio de Xuño.
  • de 11.10h a 12.00h, colexio de Portosín.

Estes días temos no centro a exposición de Amnistía Internacional “Amar non é un delito”. Trata sobre a dificultade existente en África para expresar la diversidade sexual. Fainos entender que alí a homofobia  se combate día a día por activistas e cidadáns anónimos que loitan polos dereitos de lesbianas, gays, bisexuais, travestís e intersexuais.

Sabemos que en Europa non é fácil e que queda moito por facer. Concienciar sobre o que acontece no continente africano, conciencia tamén sobre o entorno máis próximo.

Mércores Febreiro 20, 2019
Start: 18/02/2019
End: 20/02/2019

Do luns 18 ao mércores 20, viaxe a Pajares (saída á neve) do alumnado do ciclo cos ciclos de Arteixo e Gondomar. Saída ás 11.15h e regreso á 00.00h / 01:00h do xoves 21. 

Xoves Febreiro 21, 2019

Esta mañá o alumnado do ciclo asitiu á charla da FEUGA, Fundación Empresa-Universidade Galega. dentro do ciclo de actividades polo emprendemento do departamento de Economía. 

 

De 12:30h a 13:30h charla da FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galega) para o alumnado do ciclo. Na aula. 

Venres Febreiro 22, 2019

De 10:30 a 13:45, 12 alumnos de 2º e 3º de ESO participarán no Campionato Provincial de Campo a través en Noia (XOGADE).

Sábado Febreiro 23, 2019

Curso 2016-17. Un proxecto: facer un estudo do consumo enerxético do centro. Propoñer medidas de aforro. Levalas a cabo e…voilá! Aforramos! O esforzo daqueles alumnos e alumnas e do profesorado implicado reverteu no centro!

Ana Dapena, a nosa compañeira, sacou adiante unha promesa ilusionante: crear no centro un espazo para eles. Desta volta, son  tamén outros mozos e mozas os que están a axudar a facer desta aula un lugar acolledor. Un lugar que sintan como propio. Un espazo onde o lecer se transforme en valores, en convivencia.

Aínda non está rematada, pero mirade que bonita e que bo ambiente! Parabéns!!! 

 

 

 

 

Martes Febreiro 26, 2019

Felicitamos a Noelia Iglesias Caamaño, de 1º de Bacharelato, que, co Club de Atletismo Noia, conseguiu este sábado o OURO!!!! nos 400m no Campionato Galego de Pista Cuberta. Clasifícase así opara o campionato de España! PARABÉNS!!Sorriso

 

 

Excelente participación dos nosos rapaces e rapazas no 1º Campionato Provincial de Campo a  Través para centros educativos celebrado no Estadio Municipal de fútbol de Noia, á que chegaron tras a clasificación na fase intercomarcal celebrada no Loreto

Os resultados obtidos foron fantásticos! Primeiros por equipos en categoría masculina cadete e cun destacado segundo posto na clasificación individual de Alejandro Vázquez Calo. As rapazas, terceiras por equipos na categoría cadete. 

Parabéns!!!

   

Sostibilidade. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.

De 8.20h a 9.10h, “Mellora da xestión. Posibilidades de futuro”, 2ºA (TIT)

De 12.30h a 13.10h, “Análise medioambiental das augas”, 2º C (FQ)

Mércores Febreiro 27, 2019

De 10.30h a 11.30h o alumnado de 1º de Bacharelato e de 4º de ESO, asistirá á montaxe teatral Language planning, adaptación escénica libre de Made in Galiza de Sechu Sende e diferentes investigacións sociolingüísticas, a cargo da compañía de teatro Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia.  Departamento de Galego.

Xoves Febreiro 28, 2019

Onte o alumnado de Lingua Galega de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu á representación de Language Planning. Trátase dunha actividade de dinamnización da lingua e a lectura levada a cabo pola Editorial Galaxia e acompañía de teatro Os Quinquilláns. 

Podedes ler máis sobre a actividade no blog da biblioteca.

Start: 28/02/2019 08:44

Sobran as palabras. Este vídeo conta de nós, do noso insti. Da nosa idea do que debe ser a educación. Do que pode ser máis alá dun currículo excesivo e inabarcable. 

 

Roteiro a Baroña from SonCine on Vimeo.

Venres Marzo 01, 2019

O venres 1 de marzo celebraremos o Entroido nas dúas últimas horas da mañá. Festa!

Xoves Marzo 07, 2019
Start: 07/03/2019

Do xoves 7 ao sábado 9, o alumnado de 3º de ESO de Bioloxía Bilingüe, realizará unhas xornadas de inmersión lingüística -en inglés- en Os Peares (co grupo Socratea). Saen do centro ás 08.20h e regresan o sábado arredor das 20.00h. 

Actividade de vela adaptada en Baiona. Ciclo. Todo o día. 

Sostibilidade. “Análise medioambiental das augas”, taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.

  • De 8.20h a 9.10h, 2º A (ITI) 
  • De 9.10h a 10.20h, 2º B (TIT) 
Venres Marzo 08, 2019

Do xoves 7 ao sábado 9, o alumnado de 3º de ESO de Bioloxía Bilingüe, realizará unhas xornadas de inmersión lingüística -en inglés- en Os Peares (co grupo Socratea). Saen do centro ás 08.20h e regresan o sábado arredor das 20.00h. 

Start: 08/03/2019

O grupo de teatro SondoSon asistirá aos Encontros Caixa Escena de Galicia, que terán lugar do venres 8 ao domingo 10 de marzo na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.  Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde. 

Sábado Marzo 09, 2019
Start: 07/03/2019
End: 09/03/2019

Do xoves 7 ao sábado 9, o alumnado de 3º de ESO de Bioloxía Bilingüe, realizará unhas xornadas de inmersión lingüística -en inglés- en Os Peares (co grupo Socratea). Saen do centro ás 08.20h e regresan o sábado arredor das 20.00h. 

O grupo de teatro SondoSon asistirá aos Encontros Caixa Escena de Galicia, que terán lugar do venres 8 ao domingo 10 de marzo na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.  Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde. 

Domingo Marzo 10, 2019
Start: 08/03/2019
End: 10/03/2019

O grupo de teatro SondoSon asistirá aos Encontros Caixa Escena de Galicia, que terán lugar do venres 8 ao domingo 10 de marzo na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.  Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde. 

Luns Marzo 11, 2019

O alumnado de Relixión de Bacharelato do noso IES inicia os preparativos para o concurso que está a organizar e que se realizará na semana cultura: “Ti Verás en Relixión” e faino cun casting de concursantes!

  

 

Martes Marzo 12, 2019

Durante tres días, os alumnos de Bioloxía Bilingüe de 3ºESO estiveron completamente inmersos na lingua de Shakespeare no campamento Centropeares, nos Peares, en Ourense. Nesta fermosa vila conflúen os dous ríos máis grandes de Galicia, onde o Sil se encaixona antes de verter as súas augas no Miño. 

Os monitores propuxéronlles unha serie de actividades, algunhas máis académicas e outras máis deportivas, co fin de mellorar a súa competencia lingüística en inglés. E si, segungo a profesora da materiia que organizaou a saída, a inmersión funciona!

 

 

 

O grupo de teatro do noso centro, dirixido pola profesora Ánxela Doval, foi seleccionado para participar nos Encontros Caixa Escena celebrados en Vigo, na Escola Superior de Artes Escénicas de Vigo. Dende o venres 8 ata o domingo ao mediodía, asistiron a unhas intensas xornadas de formación con alumnos e alumnas de grupos de teatro de centros de Panxón, Coruña, Lugo, Asturias e Madrid. Unhas xornadas ben interesantes que non esquecerán e que mellorarán as súas producións! 

Podedes ler máis sobre a actividade no blog da biblioteca.

 

Mércores Marzo 13, 2019

O 8 de marzo,Día da Muller Traballadora, a nosa compañeira Isabel Fernández Rey representou o IES de Porto do Son na gala de homenaxe ás mestras. O Concello celebraba este día poñendo en valor o papel da muller no labor docente. O acto comezou coa inauguración da exposición  'As mans que moven O Son', organizada pola Sonora Asociación Cultural para, a continuación darlles voz ás profesoras convidadas. Contaron das súas experiencias, das transformacións, das loitas e das esperanzas... Agasalláronas cunha escultura coa lenda "As mans que nos ensinan". Un acto fermoso. Iniciativas como esta sempre son necesarias. 

 

  

 

 

Actividade de formación en Lexislación e marco legal no medio natural. Ciclo. De 09.00h a 14.15h. 

Venres Marzo 15, 2019

As alumnas de Antropoloxía de 1º de Bacharelato, no marco da Sostibilidade e o Día da Muller, investigaron sobre o ECOFEMINISMO. Souberon así das mulleres que cren que as transformacións necesarias non poden ser posibles sen ter en conta a visión feminina da problemática da Terra. No blog da biblioteca podedes ler a entrada. 

 

 

Alá por agosto, unha moza sueca comezou a mobilizarse contra o cambio climático. Greta Thunberg foi quen de crear un movemento que axitou as conciencias e que nos levou ata este 15M DO CAMBIO CLIMÁTICO, o #FridaysForFuture.

Andamos enredados en exames, pero aínda así un grupo de mozos e mozas de 4º de ESO, Rita, Otho, Érika e María, decidiron actuar, posicionarse, facernos pensar. No primeiro recreo mostráronnos un cartel e leron un manifesto. Este manifesto no que, sendo novos como son, nos dan aos adultos e á clase política unha lección de compromiso! REPARADE NEL, ACTUADE, UNÍDEVOS A ESTA CADEA de loita pola TERRA, polo FUTURO! 

Por fin chegou o día, o momento no que os alumnos do IES do Porto do Son nos levantamos nunha soa voz para facer algo importante, para mostrar que non nos imos quedar quietos ante algo que estamos vendo a cotío, para que futuras xeracións non te an que vivir nun mundo peor.

Temos tempo para cambiar, aínda que sexa pouco. Temos  11 anos para cambiar a nosa forma de acturar, para que non sexa irreversible o dano que lle estamos facendo ao noso planeta. Sei que parece moito tempo, pero non é tan sinxelo cambiar a mentalidade de tantas xeraci óns que estiveron contaminando este planeta durante tanto tempo.

Estou canso de que as empresas se lucren para seren só  eles os que se beneficien.  Sinceramente, non vexo l óxico que se perda vida por gañar diñeiro, por facerse un pouco máis ricos. .

Non só  temos que concienciarnos nós, teñen que concienciarse tamén as seguintes xeraci óns para que sigan a nosa loita, que non crean que haxa  unha restrición de idade para intentar facer isto posible. Facer que a xente non sexa tan egocéntrica, que comecemos a pensar en todas e todos. Hoxe reunímonos aquí por esta causa, aínda que sexamos poucos, pero agardo que mañá sexamos moitos máis. Xa temos unha idade para deixar de falar e comezar a actuar.

 

Comezou Greta, nós seguimos e agardamos que vós tamén sigades!

 

O traballo do IES arredor da Sostibilidade vai dando froitos, vai xerando sementes! Sementes e árbores que han medrar cunha esperanza de futuro e que hoxe plantaron coa profesora de Bioloxía:

   

 

 

Luns Marzo 18, 2019

Sostibilidade. “Depuración de augas”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.

  • De 10:20h a 11:10h, 2ºC (FQ) 
  • De 11:10h a 12:00h, 2ºA (FQ)
  • De 16:20h a 17:10h, 2ºB (FQ)
Distribuir contido


by Dr. Radut