Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Febreiro 4, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
4
all day

De 11:30h a 13:00h, 1ª parte do programa de Eduemprende para alumnado de 1º bacharelato B de Economía. Na aula. 

5
all day

Continuamos co programa Eduemprende; nesta ocasión Manuel Rodríguez, do Banco Santander, falou ao alumnado de 1º de Bacharelato de Economía sobre os indicadores económicos dun país, os ingresos e os gastos, os presupostos do Estado e o proceso de xubilación. 

6
all day

De 10:00h a 11:30h, 2ª parte do programa Eduemprende para o alumnado de 4 ESO C de Economía e IAEE. Na aula. 

all day

Sostibilidade. “Xestión de residuos”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.

  • De 8.20h a 9.10h, 2ºC (TIT)
  • De 12.20h a 13.10h, 2ºA (FQ)
  • De 13.10h a 14.00h, 2ºB (ITI)
7
8
Start: 08/02/2019

O grupo de teatro SondoSon asistirá do venres 8 ao domingo 10 aos Encontros Caixa Escena de Galicia, na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde. 

9

Start: 09/02/2019

Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. 

10
Start: 08/02/2019
End: 10/02/2019

O grupo de teatro SondoSon asistirá do venres 8 ao domingo 10 aos Encontros Caixa Escena de Galicia, na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde. 

all day

Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. 

all day

A finais de xaneiro xa contamos que Javier Pitillas, da asociación Discamino, veu ao IES a reunirse con alumnos de 2º de ESO e do Ciclo de actividades fisico-deportivas no medio natural. SonCine vén de montar este vídeo sobre a charla. Paga a pena adicar un tempiño para velo e escoitalo. Recollemos as palabras que acompañan a publicación: 

"A valoración do alumnado foi un 10. E a emoción e aprendizaxe que naceu da experiencia da súa xenerosidade inesquecible e exemplar lembrarémola sempre. Grazas a toda a asociación Discamino, a Javier Pitillas e a Javi, Fanny, Ana, David, Jose, Gerardo... pola súa alegría, vontade e ánimo. Estaredes sempre con nós."

Discamino from SonCine on Vimeo.

all day

Chéganos de SonCine o vídeo da Xornada da Sostibilidade do 21 de decembro. Foi un día de convivencia e aprendizaxe, de colaboración, de voluntariado, de pequenas/grandes accións sostibles. Tomamos as palabras que o acompañan:

"O 21 foi unha festa, unha Xornada da Sostibilidade, para ir asentando alicerces firmes! Pensar, actuar, comprometerse para plantar sementes que han de agromar na esperanza de futuro para o planeta! Grazas a tod@s! O alumnado, o profesorado, as nais… por facer desta xornada un día de celebración! O equipo de biblioteca colaborou activamente nos obradoiros e na selección das curtamentraxes que se pasaron na biblioteca e nas aulas!"

21 de decembro, Xornada pola Sostibilidade! from SonCine on Vimeo.

Distribuir contido

by Dr. Radut