Eventos
Os rapaces e rapazas do IES de Porto do Son participaron na segunda proba de campo a través celebrada no Loreto o xoves 17 de xaneiro. Clasificámonos como segundos en cadetes, tanto en categoría masculina como feminina. Iris Martínez clasificouse na proba individual dentro da categoía infantil. Posicionámonos con serias opcións de facelo ven este venres no intercomarcal. Fixeron todos unha moi boa carreira e tiveron un excelente comportamento. Parabéns!
De 10:00h a 11:30h, programa Eduemprende para o alumnado de 4 ESO C de Economía e IAEE.
Alumnado do ciclo, charla coloquio con Javier Pitillas sobre a diversidade funcional e aspectos de organización. Asociación DisCamino. Hora sen determinar. Salón de actos.
Sostibilidade. “Espazos protexidos. Figuras de protección”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.
•De 8:20h a 9:10h, 2ºA (ITI)
•De 9:10h a 10:20h, 2ºB (TIT)
De 9:00h a 14:00h, saída para o alumnado de 2º de bacharelato de Bioloxía e Ciencias da Terra: visita ao EDAR / Planta de reciclaxe de Servia (Lousame) e vertedoiro do Enxa.
De a 11:10 a 14:00h , o alumnado clasificado na proba de Xogade do xoves 17, participará na proba intercomarcal no Loreto.
O mércores o alumnado de 4º de ESO de Economía e Inicativas Emprendedoras asistiu á charla "Finanzas para mortais" a cargo do director da oficina do Banco Santander de Boiro, Iván Rodríguez, dentro do programa EDUEMPRENDE, Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia en colaboración co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica. Recibiron información sobre produtos bancarios como contas, tarxetas, préstamos, cambio de moedas, etc.
O alumnado do IES de Porto do Son participou hoxe Fase Intercomarcal de campo a través que se celebrou no campamento xuvenil Virxe do Loreto dentro do programa XOGADE. Iris Martínez correu na categoría infantil por estar clasificada de forma individual. Os cadetes fixeron unha excelente carreira tanto na categoría masculina como na feminina, e pasarán á fase Provincial que se disputará en febreiro.
Alejandro Vázquez Calo quedou terceiro na clasificación individual!
Parabéns para todos!
Este mércores o alumnado do ciclo e o de 2º de ESO A asistiu a unha lección de vida, xenerosidade e superación persoal. Javier Pitillas e algúns dos membros da asociación DisCamino faláronnos deste ilusionante proxecto que permite a moitas persoas cumprir os seus soños, sentir o Camiño de Santiago. Pero non só este. Aí está tamén o camiño da vida, dos soños, das esperanzas. Dos sorrisos. Todo isto nos trouxeron e volverán compartir connosco o 13 de febreiro na ruta que faremos dende o IES ata o Castro de Baroña, un roteiro que se enmarca no traballo por proxectos e no plan de convivencia do centro.
Moitas grazas por unha mañá tan especial!
No marco da SOSTIBILIDADE como tema interdisciplinario de centro, o alumnado de 2º de bacharelato de Bioloxía e Ciencias da Terra fixo onte a ruta do lixo. Xeración tras xeración aprenden moitísimo sobre a xestión do lixo que producimos nas nosas casas e no centro, e esta aprendizaxe conleva unha reflexión sobre os hábitos de consumo que temos tan arraigados.
A ruta comezou visitando o Complexo Medioambiental do Barbanza situado en Servia (Lousame), onde se xestionan os Residuos Sólidos Urbanos (RSU) de nove concellos, entre eles o Porto do Son. Alí separan os compoñentes sólidos do lixo que xeramos para ser reciclados (vidro, papel, inorgánico) e, o máis importante, coa fracción orgánica fabrican compost que pode voltar á terra para ser abonada.
A segunda parada foi na EDAR do Porto do Son onde nos mostraron como se limpa a auga residual para devolvela ao medio nunhas condicións óptimas.
Finalmente visitamos no monte Enxa o antigo vertedoiro incontrolado onde se botaba todo o lixo que producía o Concello do Porto do Son. Tamén está ben coñecer de primeira man as medidas pouco sustentables dunha xestión incorrecta dos nosos residuos.
Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, coa profesora de Tecnoloxía Paloma Lavandeira, comezou onte a facer da aula na que se ubicará o Espazo Maker un lugar de seu. Xa formaron parte no curso 2016-17 da auditoría sobre o uso dos recursos enerxéticos. Co aforro derivado das medidas xeradas a partir desta revisión puidemos crear este curso a Aula de Xogos. Aí están, formando parte da innovación no centro! Grazas a eles e ao profesorado implicado nestas dinámicas. Cremos que, sen dúbida, este é un dos camiños que debe seguir o ensino!
Sostibilidade. “Creación dun novo espazo protexido”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) para o alumnado de 2º de ESO no programa Con-ciencia. Na biblioteca.
- De 10:20h a 11:10h, 2ºC (FQ)
- De 11:10h a 12:00h, 2ºA (FQ)
- De 16:20h a 17:10h, 2ºB (FQ)
María e Raquel Queiruga Romay, alumnas de 2º de ESO achégannos unha das primeiras producións audiovisuais do Espazo Maker. María cóntannos nun magnífico inglés o seu traballo de investigación sobre a sostibilidade para a materia de Valores Éticos. A súa irmá grávaa coa cámara. Unha lección sobre o desenvolvemento da competencia de aprender a aprender ao tempo que nos aportan información para construír un futuro respectuoso coa Terra. Parabéns!
Sostibilidade. María e Raquel. from SonCine on Vimeo.
Un día cos clásicos. da compañía Omis, teatro para o alumnado de 1º e 2º de ESO, na Casa de Cultura. de 10:30h a 12:00h
De 8:20h a 14:00h, alumnado de 4º ESO. Visita aos centros de Formación Profesional en Santiago. Departamento de Orientación.
O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu onte á posta en escena de "Un día con los clásicos", a cargo da compañía Omis. A actividade foi organizada polo de Lingua Castelá. Podedes ler máis no blog da biblioteca.
Alumnado de 4º de ESO coñecendo de primeira man os ciclos formativos como unha opción máis para o seu futuro. Os centros visitados foron o CIFP Politécnico, o CIFP Compostela e o IES Lamas de Abade.
De 11:30h a 13:00h, 1ª parte do programa de Eduemprende para alumnado de 1º bacharelato B de Economía. Na aula.
Continuamos co programa Eduemprende; nesta ocasión Manuel Rodríguez, do Banco Santander, falou ao alumnado de 1º de Bacharelato de Economía sobre os indicadores económicos dun país, os ingresos e os gastos, os presupostos do Estado e o proceso de xubilación.
De 10:00h a 11:30h, 2ª parte do programa Eduemprende para o alumnado de 4 ESO C de Economía e IAEE. Na aula.
Sostibilidade. “Xestión de residuos”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.
- De 8.20h a 9.10h, 2ºC (TIT)
- De 12.20h a 13.10h, 2ºA (FQ)
- De 13.10h a 14.00h, 2ºB (ITI)
O grupo de teatro SondoSon asistirá do venres 8 ao domingo 10 aos Encontros Caixa Escena de Galicia, na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde.
O grupo de teatro SondoSon asistirá do venres 8 ao domingo 10 aos Encontros Caixa Escena de Galicia, na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde.
Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
O grupo de teatro SondoSon asistirá do venres 8 ao domingo 10 aos Encontros Caixa Escena de Galicia, na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde.
Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
A finais de xaneiro xa contamos que Javier Pitillas, da asociación Discamino, veu ao IES a reunirse con alumnos de 2º de ESO e do Ciclo de actividades fisico-deportivas no medio natural. SonCine vén de montar este vídeo sobre a charla. Paga a pena adicar un tempiño para velo e escoitalo. Recollemos as palabras que acompañan a publicación:
"A valoración do alumnado foi un 10. E a emoción e aprendizaxe que naceu da experiencia da súa xenerosidade inesquecible e exemplar lembrarémola sempre. Grazas a toda a asociación Discamino, a Javier Pitillas e a Javi, Fanny, Ana, David, Jose, Gerardo... pola súa alegría, vontade e ánimo. Estaredes sempre con nós."
Chéganos de SonCine o vídeo da Xornada da Sostibilidade do 21 de decembro. Foi un día de convivencia e aprendizaxe, de colaboración, de voluntariado, de pequenas/grandes accións sostibles. Tomamos as palabras que o acompañan:
"O 21 foi unha festa, unha Xornada da Sostibilidade, para ir asentando alicerces firmes! Pensar, actuar, comprometerse para plantar sementes que han de agromar na esperanza de futuro para o planeta! Grazas a tod@s! O alumnado, o profesorado, as nais… por facer desta xornada un día de celebración! O equipo de biblioteca colaborou activamente nos obradoiros e na selección das curtamentraxes que se pasaron na biblioteca e nas aulas!"
21 de decembro, Xornada pola Sostibilidade! from SonCine on Vimeo.
Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
A aula de Espazo Maker segue tomando forma: alegre, divertida, colorida... Convida a crear! Aí está Paloma cos chicos e chicas de Tecnoloxía botándolle imaxinación para darnos un novo espazo de aprendizaxe e convivencia!
CONTADAS para os coles, por parte do alumnado de Valores Éticos de 2ESO e do club de lectura, na Sala Perseveira (actividade colaborativa cos centros do Concello dentro do plan de dinamización da lectura da biblioteca). Actividade coordinada polo equipo de biblioteca.
Martes 12:
- de 10.20h a 11.10h, os colexios de Nebra e Campanario.
- de 11.10h a 12.00h, os colexios de Caamaño, Seráns, Carballosa e Queiruga.
Martes 19:
- de 10.20h a 11.10h, colexio de Xuño.
- de 11.10h a 12.00h, colexio de Portosín.
Un ano máis recibimos os pequenos dos coles para contarlles contos na Sala Perseveira! Podedes ler máis e ver as fotos no blog da biblioteca!
Van chegando as primerias imaxes da excursión a Andorra organizada polo departamento de Educación Física. Bo tempo, xenial as pistas, aprendendo e disfrutando!
Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
De 9.35h a 18.00h, un pequeno grupo de 4º de ESO, asistirá á Olimpíada Xeolóxica na facultade de Bioloxía.
De 08.20h a 14.30h o alumnado de bacharelato visitará a USC e algúns centros de ciclos superiores. Departamento de Orientación.
De 09.00h a 13.45h, ruta do IES aos Castros. Proxecto dos roteiros. Saída de 2º de ESO e ciclo. Acompáñanos a asociación DisCamino.
Esta mañá o alumnado de Bacharelato visitou a USC e algúns dos ciclos que se ofrecen en Santiago. Antes pararon tamén en Noia, no IES Campo de San Alberto. Unha das actividades organizadas polo departamento de Orientación que pretenden abrir horizontes de formación.
12 alumnos de bioloxía e xeoloxía de 4°ESO participaron na X Olimpíada de Xeoloxía en Santiago. A experiencia foi moi boa, tanto que queren repetir para o ano que vén!
Hoxe agasallounos o sol! Non só polo día tan fermoso, senón porque a ruta dos Castros foi unha expeciencia ben fermosa Bravo polo ciclo, polo alumnado de 2º de ESO, e mil grazas a DISCAMINO!!!! A vila, a Atalaia, Fonforrón, a Arnela, as praias, o Castro... foron hoxe a aula. Un espazo de aprendizaxe, de convivencia, de valores! SonCine montará un vídeo, xa veredes como loce o sol! Logo virán proxectiños que enriquezan a saída!
Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Do luns 18 ao mércores 20, viaxe a Pajares (saída á neve) do alumnado do ciclo cos ciclos de Arteixo e Gondomar. Saída ás 11.15h e regreso á 00.00h / 01:00h do xoves 21.
De 11:30h a 13:00h, 2ª parte do programa de Eduemprende para alumnado de 1º bacharelato B de Economía. Na aula.
Sostibilidade. “Mellora da xestión. Posibilidades de futuro”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.
- De 16.20h a 17.10h, 2ºB (FQ)
- De 17.10h a 18. 00h, 2ºC (ITI)
Do luns 18 ao mércores 20, viaxe a Pajares (saída á neve) do alumnado do ciclo cos ciclos de Arteixo e Gondomar. Saída ás 11.15h e regreso á 00.00h / 01:00h do xoves 21.
CONTADAS para os coles, por parte do alumnado de Valores Éticos de 2ESO e do club de lectura, na Sala Perseveira (actividade colaborativa cos centros do Concello dentro do plan de dinamización da lectura da biblioteca). Actividade coordinada polo equipo de biblioteca.
Martes 12:
- de 10.20h a 11.10h, os colexios de Nebra e Campanario.
- de 11.10h a 12.00h, os colexios de Caamaño, Seráns, Carballosa e Queiruga.
Martes 19:
- de 10.20h a 11.10h, colexio de Xuño.
- de 11.10h a 12.00h, colexio de Portosín.
Estes días temos no centro a exposición de Amnistía Internacional “Amar non é un delito”. Trata sobre a dificultade existente en África para expresar la diversidade sexual. Fainos entender que alí a homofobia se combate día a día por activistas e cidadáns anónimos que loitan polos dereitos de lesbianas, gays, bisexuais, travestís e intersexuais.
Sabemos que en Europa non é fácil e que queda moito por facer. Concienciar sobre o que acontece no continente africano, conciencia tamén sobre o entorno máis próximo.
Do luns 18 ao mércores 20, viaxe a Pajares (saída á neve) do alumnado do ciclo cos ciclos de Arteixo e Gondomar. Saída ás 11.15h e regreso á 00.00h / 01:00h do xoves 21.