Eventos
Sostibilidade. “Creación dun novo espazo protexido”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.
•De 10:20h a 11:10h, 2ºC (FQ)
•De 11:10h a 12:00h, 2ºA (FQ)
•De 16:20h a 17:10h, 2ºB (FQ)
De 8:20h a 9:10h, 2º A (TIT) “Plásticos no mar. A enfermidade do planeta”. Obradoiro do programa Con-Ciencia, do Grupo de Acción Costeira (GALP).
De 12:30h a 13:10h, 2º C (FQ) “Espazos protexidos. Figuras de protección”. Obradoiro do programa Con-Ciencia, do Grupo de Acción Costeira (GALP). Tema interdisciplinario da Sostibilidade.
Programa Xogade. Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO participará na Fase intercomarcal de Campo a Través no Loreto. De 10:00h a 14:00h.
Presentamos o novo grupo de Correspondentes XuvenÍs, dez alumnos e alumnas que, durante o curso escolar, divulgarán información relativa ás diferentes actividades, concursos e proxectos de interese persoal e académico- profesional para o alumnado e a comunidade educativa en xeral. Son as nosas "antenas informativas"!
Enmárcase no Plan Proxecta e está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Departamento de Orientación e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Algúns formaban parte deste grupo de voluntariado xa en cursos anteriores; outros incorporáronse este curso. Esta fin de semana asistirán ao Encontro de Correspondentes Xuvenís 2018-19.
De seguro van disfrutar e aprender da experiencia!!
Aquí están, diante do punto de información que manterán actualizado.
Grazas!!!! É un luxo poder contar cun equipo coma o voso!
De a 11:10 a 14:00h , o alumnado clasificado na proba de Xogade do xoves 17, participará na proba intercomarcal no Loreto.
Continuamos coas charlas e obradoiros do programa Conciencia para o alumnado de 2º de ESO no segundo trimestre. Podedes ler as entradas no blog da biblioteca:
Plásticos no mar, a enfermidade do planeta
Os rapaces e rapazas do IES de Porto do Son participaron na segunda proba de campo a través celebrada no Loreto o xoves 17 de xaneiro. Clasificámonos como segundos en cadetes, tanto en categoría masculina como feminina. Iris Martínez clasificouse na proba individual dentro da categoía infantil. Posicionámonos con serias opcións de facelo ven este venres no intercomarcal. Fixeron todos unha moi boa carreira e tiveron un excelente comportamento. Parabéns!