Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Decembro 21, 2018

O IES de do Son deséxavos un feliz 2019! Un 2019 sostible, xusto, libre, igualitario, pleno nos dereitos, identitario e con vontade universal...

O 21 foi unha festa, unha Xornada da Sostibilidade, para ir asentando alicerces firmes! Pensar, actuar, comprometerse para plantar sementes que han de agromar na esperanza de futuro para o planeta! Grazas a tod@s! O alumnado, o profesorado, as nais... por facer desta xornada un día de celebración!

Xornada da Sostibilidade

More presentations from etikeles

Feira sostible de venda/troco de produtos para recadar fondos para as excursións e obradoiros de sostibilidade. De 9:30h /10:00h a 11:30h. 

 

Ás 11:30h entrega de notas nas aulas respectivas. 

Ás 12:00h, claustro de fin de trimestre. 

Luns Xaneiro 07, 2019

Sostibilidade. “Creación dun novo espazo protexido”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.

•De 10:20h a 11:10h, 2ºC (FQ)

•De 11:10h a 12:00h, 2ºA (FQ)

•De 16:20h a 17:10h, 2ºB (FQ)

Martes Xaneiro 15, 2019

De 8:20h a 9:10h, 2º A (TIT) “Plásticos no mar. A enfermidade do planeta”. Obradoiro do programa Con-Ciencia, do Grupo de Acción Costeira (GALP).

 

De 12:30h a 13:10h, 2º C (FQ) “Espazos protexidos. Figuras de protección”. Obradoiro do programa Con-Ciencia, do Grupo de Acción Costeira (GALP). Tema interdisciplinario da Sostibilidade. 

Xoves Xaneiro 17, 2019

Programa Xogade. Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO participará na  Fase intercomarcal de Campo a Través no Loreto. De 10:00h a 14:00h. 

Venres Xaneiro 18, 2019

Presentamos o novo grupo de Correspondentes XuvenÍs, dez alumnos e alumnas que, durante o curso escolar, divulgarán información relativa ás diferentes actividades, concursos e proxectos de interese persoal e académico- profesional para o alumnado e a comunidade educativa en xeral. Son as nosas "antenas informativas"! 

Enmárcase no Plan Proxecta e está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Departamento de Orientación e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Algúns formaban parte deste grupo de voluntariado xa en cursos anteriores; outros incorporáronse este curso. Esta fin de semana asistirán ao Encontro de Correspondentes Xuvenís 2018-19.

De seguro van disfrutar e aprender da experiencia!!

Aquí están, diante do punto de información que manterán actualizado.

Grazas!!!! É un luxo poder contar cun equipo coma o voso!

 

 

 

Start: 18/01/2019 11:26

De a 11:10 a 14:00h , o alumnado clasificado na proba de Xogade do xoves 17, participará na proba intercomarcal no Loreto.

Domingo Xaneiro 20, 2019

Continuamos coas charlas e obradoiros do programa Conciencia para o alumnado de 2º de ESO no segundo trimestre. Podedes ler as entradas no blog da biblioteca:

Plásticos no mar, a enfermidade do planeta

 

 

Espazos protexidos. Figuras de protección

Distribuir contido


by Dr. Radut