Eventos
Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019
Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019
Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019
Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019
Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019
Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019
Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019
O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, a campaña de dinamización social da lingua galega que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña tráenos ao IES a María Lado e Lucía Aldao.
Na biblioteca,
de 11:10h a 12:00h, 4ESO A e B
de 12:20h a 13:10h, 4ESO C
Comezan as charlas da asociación antidroga Renacer; organizadas polo departamento de Orientación, forman parte do Plan de Convivencia e o Plan de Acción Titorial. Terán lugar o 5, 6, 7, 13 e 22 de novembro, segundo o organigrama exposto na sala de profesorado.
O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, é a campaña de dinamización social da lingua galega que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e que está a levar polos centros xornalistas, pintores, cineastas, poetas, editoras, músicos.... Son referentes na cultura galega, fixeron e fan da lingua galega e da identidade galega a base dos seus traballos e das súas creacións.
Connosco, este martes na biblioteca, estiveron Aldaolado, Lucía Aldao e María Lado. Porque si. Porque son poetas, porque contan en galego, cantan en galego, porque senten e comunican en galego… Porque rin. Porque nos fan rir. Porque conmoven. Porque moven…
Entra no blog da biblio, ETIKELES, para ler sobre esta actividade do EDLG, o equipo de biblio e o departamento de Lingua Galega. Conseguiron enganchar o alumando de 4º de ESO!
O luns ao mediodía xuntámonos un curso máis na biblioteca para botar a andar de novo os clubs de lectura. O éxito da actividade vai medrando! Cando menos, un luns ao mes, habemos de compartir xornadas que nos irán unindo arredor do mundo dos libros! Nesta primeira sesión botamos man dos títulos dos libros para facer poesía! Entra no blog da biblio para ver como foi o primeiro encontro!
Taller de GALP (Grupo de Acción Costeira), “Flora e fauna das nosas rías” para 2º de ESO. Dentro do tema interdisciplinario do curso: a sostibilidade. Realizarase nas aulas no seguinte horario:
De 8:20h a 09:10h, 2º C (TIT.)
De 12:20h a 13:10h, 2º A (FQ)
De 13:10h a 14:00h, 2ºB (David)
Onte comezamos o programa Con-Ciencia. A biblioteca será o espazo onde se desenvolverán os obradoiros e talleres sobre sostibilidade, nos que alumnado de 2º de ESO participará ao longo do curso en sesións de titoría e nas materias de Física e Química e ITI.
No marco do noso tema interdisciplinario para o 2018-19, facemos nosos os obxectivos desta iniciativa promovida polo Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible, Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia, e no que colaboran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Asociación de Oceanográfos de Galicia e a Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), co respaldo da Consellaría do Mar e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca). Coma eles, pretendemos “con-cienciar” o noso alumnado e procuramos:
- Poñer de manifesto a problemática actual global en materia de medio ambiente.
- Valorar e debater como nos afecta a nivel local.
- Fomentar unha actitude e traballo en equipo para tratar de expoñer solución.
Entra no blog da biblioteca para ler como foi a xornada.
·
Taller de GALP (Grupo de Acción Costeira), “A biodiversidade e problemas de conservación” para 2º de ESO (sostibilidade), na biblioteca:
o
De 16:20h a 17:10h, 2º B, (FQ)
o
De 17:10h a 18:00h, 2º C (ITI)
O día 15/10/2018, luns, o equipo directivo, a orientadora e os titores e titoras presentarán o curso ás familias no seguinte horario:
1º ESO: 18:15h
2º ESO: 18:15h
3º ESO: 18:45h
4º ESO: 18:45h
BACHARELATO: 18:45h