Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
25
all day
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/ Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario Consultade asimesmo estes documetos.
all day
Cando fixemos a Ruta da auga a comezo de curso, fomos reparando na cartelería. Atopamos nela información sobre o areal, sobre a flora e a fauna; apórtansenos instrucións para un uso respectuoso do entorno e datos útiles para a nosa seguridade. Mais..., a nosa sorpresa foi que, dende un marco institucional, se mostrase un desleixo no uso da lingua, na súa corrección na escrita. Acontecería isto se a lingua empregada fose o castelán? De seguro que non. Esta é a contribución do alumnado de 1º de ESO do IES de Porto do Son. En Lingua revisaron cada un dos carteis, consultaron os erros e agora, achégannos as correccións. Con elas un consello: empreguemos a lingua galega como lingua de cultura, solicitemos que o seu uso nos ámbitos institucionais sexa cotiá e correcto. Respectando a lingua, respectamos o pobo e a súa identidade. Comezamos ben: Pero...
Start: 25/06/2018
all day
Na mateira de Oratoria, o alumnado de 1º de ESO A traballou sobre a auga e a necesidade de facer un uso responsable deste recurso. Son accións que complementan o traballo sobre a Ruta da Auga que estes alumnos e alumnas veñen facendo dende distintas materias. Podedes escoitar as súas conclusións en Onda Perseveira, son ben interesantes!!!
all day
Xa van alá cinco anos dende que dende SonCine nos compartiron o traballo audiovisual que o alumnado de 3º de ESO fixo sobre as redeiras da Asociación Virxe do Mar, con sede en Porto do Son e que agrupa a redeiras do Son, Portosín, Aguiño e mesmo Ribeira. Viñan de recibir un premio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, promovido pola Secretaría Xeral de Pesca, como recoñecemento ao seu labor de formación e difusión do seu oficio.
Redeiras from SonCine on Vimeo. Agora, termando do fío, ganduxamos e botamos as redes para pescar palabras, as palabras das redeiras!
Os alumnos e alumnas de 2º de ESO A, a partir dese vídeo, estudaron e recompilaron o léxico. Estas son as voces coas que podedes escoitar nos peiraos de Porto do Son e Portosín. Son voces de muller, que veñen das avoas, das nais... Con vontade de futuro!
Agulla de atar: barra fina de metal ou doutro material, acabada en punta por un extremo.
Áncora: instrumento con dúas puntas, un brazo horizontal e unha cadea que se bota ao fondo do mar para inmobilizar as embarcacións grandes.
Aparello: dispositivo utilizado para capturar o peixe, formado por redes ou por palangres.
Apuntalar: poñer puntais a algo para facelo mais firme.
Armador/armadora: persoa que equipa ou posúe embarcacións para a pesca ou o comercio.
Argola: espazo que hai na rede onde van colocadas as cortizas e os chumbos.
Atar: 1.Facer un nó. 2. Reparar ou coser un aparello.
Atador/a: persoa que ata.
Arte: 1. Conxunto de redes que conforman un aparello. 2. Nome que aplica a diversos aparellos de pesca que están constituídos por redes provistas dun cope.
Banquiño: superficie na que sentan as redeiras.
Bolo: tipo de peixe.
Boliche: arte de pesca que practica o arrastre e que substituíu a secada e o xeito. Semellante á xávega coa rede máis curta.
Costura: conxunto de puntadas que unen unha peza da rede. con outra ou dúas partes da mesma peza.
Chicote: cabo de arrastre dalgunhas redes de pesca.
Chumbo, (“plomo”): peza ou conxunto de pezas deste material que se pon na tanza ou no extremo das redes de pesca para que vaia ao fondo.
Doncela: peixe mariño da familia dos lábridos, de corpo alongado, ollos pequenos en relación ao corpo, cor castaña, azul ou verde escuras no lombo, cunha banda alaranxada desde a cabeza ata a aleta caudal, que habita no litoral sobre fondos rochosos, areosos e baixío.
Ganduxar ("hilbanar"): unir con ganduxos (costuras de puntadas longas feita nunha tea antes da costura definitiva.) o que se cose despois.
Liñó: 1.Costura de fíos dobres ou moi grosos que une os panos da rede. 2. Arte de pesca consistente nun fío ou tanza, xeralmente de nailon, cunha chumbada e varios anzois empatados no extremo.
Malla: cada un dos aneis ou voltas que nunha rede, van entretecidos un a outro formando entre todos unha peza. Aberturas cadradas formadas por fíos nunha rede e os nós que a forman.
Mediomundo: arte de pesca consistente nun aro de ferro e de madeira, do que colga unha bolsa cónica e semiesférica que se estende desde unha pequena embarcación, formando un cerco redondo no que quedan atrapados os peixes. onsistente nun aro de ferro e de madeira, do que colga unha bolsa cónica e semiesférica.
Miño: aparello de pesca feito de tres panos de rede, semellante ao trasmallo, aínda que máis alto e de fío máis delgado, que se emprega para pescar peixe plano e crustáceos.
Nasa: aparello de pesca que consiste nunha especie de gaiola, normalmente de forma cilíndrica, feita de madeira, metal, xunco ou vimbio e recuberta de rede, disposta de tal maneira que permite a entrada do peixe ou do marisco pero non a súa saída.
Navalla: 1.Molusco bivalvo. 2. Coitelo cunha folla que se pode dobrar e gardar na rañura que ten o mango.
Pano: cada peza de rede que forma o aparello.
Perlón: peixe da familia dos tríglidos, de corpo alongado, espiñas no opérculo, cor principalmente vermella, e cunha mancha negra na primeira aleta dorsal.
Rastro: arte de pesca formado por un angazo de ferro que se arrastran polo fondo para levantar o marisco.
Redeira: persoa encargada de facer e amañar as redes.
Relinga: 1. Tralla gorda que vai na parte de barlovento da vela para reforzala. 2. Cada un dos cabos en que van colocadas as cortizas e a chumbada nas redes de pesca.
Saia: prenda que poñen arredor da cintura para meter os obxectos de traballo nos petos.
Tralla: cabo que vai unido ás cortizas e ás chumbadas das redes.
Vetas ("betas"): arte de pesca. Están feitas dun só pano de fío de nailon. Utilízanse empalmadas unhas con outras polas trallas.
Foi tamén un traballo de reflexión sobre as redeiras e o seu oficio. E fóronnos contando:
"Este oficio é pouco valorado e moi sacrificado debido as condicións nas que traballan. Elas dependen dos barcos e das súas necesidades. O traballo ensínase de xeración en xeración e nalgúns casos é hereditario. Ao contrario doutros empregos este non se ensina en academias ou centros de formación ou ensino.” (Mariña, Adrián e Ismael).
“O traballo das redeiras (atadoras) é un oficio relacionado co mar que consiste na fabricación ou arranxo de redes ou aparellos. Este oficio xaprovén de xeracións pasadas, como a das nosas avoas. Xeralmente eran as mulleres quen exercían o traballo, mentres que os homes ían navegar. A xornada empezáballes moi cedo pola mañá ata ao mediodía, máis ou menos. Cada unha ten o seu material de traballo e a súa tarefa que debe realizar ese día.” (Pilar Prieto e Valeria Lorenzo)
| 26
all day
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/ Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario Consultade asimesmo estes documetos.
all day
all day
Daniela, Saray, Andrés e Xoán cóntannos como foi a ruta ata o faro:
"O IES de Porto do Son atópase a carón da praia de Cabeiro:
O IES está rodeado por eucaliptos e piñeiros.
Saímos do aparcamento do IES Porto do Son e imos ata a xeral. Despois, por un pequeno camiño á esquerda, ao lado da gasolineira, collemos a estrada de Noal, a primeira bifurcación á dereita, a segunda tamén é o primeiro camiño á esquerda. A seguinte bifurcación á esquerda, segues todo recto e xa chegas ao teu destino. Este tramo da ruta consta de 1km."
all day
Interese paisaxístico Ten un gran interese paisaxístico xa que se pode acceder facilmente e a praia é tranquila. Desde o miradoiro podemos ver Monte Louro e a ría de Muros e Noia . As vistas son o que converten este sitio nun lugar para visitar. Ao ano pasan centos de persoas por aquí .
Vexetación A vexetación predominante son piñeiros e a herba florece nas zonas de ceo aberto . O camiño é de barro e pedra. Hai varias pedras grandes coas que hai que ter coidado . Ao redor ten un pasamáns. Diante del encóntranse un precipicio que dá á praia. É moi alto e hai que ter coidado, xa que o pasamáns é bastante baixo.
Vistas Desde o faro pódese apreciar Muros (unha vila ) e Monte Louro. Entre estas dúas vilas, encóntrase unha ría atlántica. Muros está na ladeira de Monte Louro e algúns lugares máis. Todas son vilas pequenas.
Aloxamento Cerca de alí encontramos un campameto ao aire libre perfecto para aventureiros, mais se quere máis exclusividade pode un aloxarse nun hotel de Porto do Son. Estes son algúns, pero a oferta é ampla: Arnela 2 Hotel Vila do Son hotel Porto do Son-Galicia PR *** Áncora da ría
Localización de transportes Aeroportos Aeroporto de Santiago está a 63´5 km pola CG-1. Aeroporto de Vigo está a 110´8 km pola AP-9 Aeroporto da Coruña está a 118´1 km pola AP-9 Estacións de tren Estación de tren de Santiago está a 49´9 km pola CG-1,5 Estación de tren de Vigo está a 108´4 km pola AP-9 Estación de tren de Coruña está a 122´6 km pola AP-9 Estacións de autobuses Estación de autobuses de Santiago 52´9 pola CG-1´5 Estación de autobuses de Noia está a 13´9 km pola AC-550
| 27
all day
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/ Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario Consultade asimesmo estes documetos.
all day
all day
O xoves pasado celebramos o final de curso. Despois da faena de limpeza das aulas, recollida de libros e últimas repescas, a mañá tornouse festiva, acompañada do sol tan agardado! Ademais das xa tradicionais competicións deportivas (as derradeiras que Marcial organiza no noso centro; ímolo botar en falta!), tivemos teatro, exposición de maquetas de Plástica, Feira Tecnolóxica, concurso de baile de robots e de carreira de coches propulsados por auga Por primeira vez o alumado do ciclo tivo un acto de graduación ben merecido e emotivo! Parabéns! Pepe e Tono xubílanse, Ana Fábregas, Marcial, Begoña e Raúl cambian de centro, pero seguen formando parte da comunidade educativa de Porto do Son!!! Así que non lles dicimos adeus. Agardamos velos con frecuencia por aquí, como xa o fan outros compañeiros que mesmo participan das nosas actividades, é o que ten pasar polo insti do Son e deixar pegada! Aquí vos deixamos o vídeo!
Moitas grazas ao alumnado e ao profesorado que fixo posible este día de celebración!!!! E agora, praia, descansoo, festa... Naqueles casos en que teñades que vir ás probas de setembro, cun pouquiño de organización hai tempo para disfrutar, os días son larghos no verán!!! BOAS VACACIÓNS!!!
| 28
all day
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/ Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario Consultade asimesmo estes documetos.
all day
Start: 28/06/2018 17:57
A solicitude de admisión farase vía web na aplicación ciclos admisión. O prazo de presentación de solicitudes de admisión ao ciclo remata o 3 de xullo (ás 13:00h). Pódense consultar os prazos e a distribución de prazas para ciclos en instrucións xerais do proceso de admisión. As listaxes de solicitantes e de adxudicados/as pódense consultar en listaxes. Na páxina de FP da Xunta publícase a información xeral do ciclo. Apórtase información específica do ciclo deste centro no ficheiro adxunto. Visita a nosa páxina de facebook. (O horario do centro en xullo é de 9:30h a 13:30h). all day
Rematamos este curso 2017-2018!!. O ciclo foi moi intenso; este ano tivemos un montón de aventuras sós, acompañados doutros ciclos, con alumnado do centro... É dificil poñer palabras a todo un curso, e a unha promoción intensa, nova e responsable, así que poñemos un vídeo. Boas prácticas aos que empezan agora en xullo nas empresas!!
all day
Interese arquitectónico Esta é a Capela do Loreto, en Porto do Son: Divide a parroquia de San Vicente de Noal e a de Santa María de Nebra. Antigamente tiña un cura propio, pero agora lévaa o cura de San Vicente de Noal. Nela celebrábase a festa do Loreto, o nove de setembro, pero, como agora vai máis xente, celébrase no merendeiro. Detrás hai un pequeno xardín, un cruceiro e unha fonte. O cruceiro mide aproximadamente 3m de alto, a base 1,50m e ten tres escaleiras. A fonte fíxose para os fregueses, e pódese beber nela. As paredes da capela son de granito, e a fachada principal ten unha porta rectangular e unha ventá encima. all day
Interese: Paisaxístico Naturalista É un lugar con árbores, piñeiros e eucaliptos. Tamén hai pedras grandes que rodean a praia da Aguieira. O día 9 de setembro celébrase en Porto do Son, en honor á nosa Virxe, a romaría do Loreto. Congrega aproximadamente 5.000 persoas e celébrase dende hai centos de anos. Trinta anos atrás celebrábase na capela do Loreto, pero a cantidade de xente impediu que se seguise facendo alí e comezou a realizarse no merendeiro do Loreto. Nunha mesa, os participantes da comisión de festas do Carme de Porto do Son dan sardiñas e pan; e noutra venden refrescos e churrasco.
all day
ACCESOS A única forma de acceder é camiñando dende o merendeiro do Loreto ata o EDAR. LONXITUDE 500 metros aproximadamente dende o merendeiro do Loreto. DURACIÓN Aproximadamente, 6 minutos andando. DIFICULTADE Non ten dificultade, xa que o camiño é unha pista de terra, so é conveniente levar roupa deportiva e cómoda. INTERESE DA PARADA Xeral. CONTORNO Paisaxístico No merendeiro do Loreto podes descansar baixo a sombra dos piñeiros ou tamén podes levar a túa comida para comela alí, xa que hai sobre unhas 15 mesas de pedra. Tamén se pode asar alí porque hai unhas 5 barbacoas. Durante este percorrido obsérvanse principalmente con varios tipos de piñeiros e insectos, aves e réptiles. Polo camiño atoparás piñas, pero non se deberían coller, xa que son o alimento dos esquíos.
all day
TÍTULO DA PARADA: IES Porto do Son INTERESE DA PARADA: Paisaxístico e arquitectónico Como se chega: Dende Porto do Son ó IES hai aproximadamente uns 1,5 km. Na estrada xeral AC-550 e xusto no primeiro desvío despois da gasolineira Cepsa hai unha indicación e verás un edificio branco. Porto do Son é unha vila moi accesible, hai autobuses que chegan ata Noia e Ribeira. Porto do Son Recomendacións para facer esta ruta: Tárdase aproximadamente 1h 30 min (depende do ritmo ao que vaias). Ten un percorrido de 2’5km. Ten 7 paradas. Realízase andando, xa que é campo a través (polo que é necesario calzado cómodo). É recomendable facela dende a mañá ata pola tarde. Necesitarás comida para todo o día e auga; unha das paradas é o merendeiro. Leva:
Esta ruta non é de dificultade baixa. all day
Interese arquitectónico Esta é a Capela do Loreto, en Porto do Son: Divide a parroquia de San Vicente de Noal e a de Santa María de Nebra. Antigamente tiña un cura propio, pero agora lévaa o cura de San Vicente de Noal. Nela celebrábase a festa do Loreto, o nove de setembro, pero, como agora vai máis xente, celébrase no merendeiro. Detrás hai un pequeno xardín, un cruceiro e unha fonte. O cruceiro mide aproximadamente 3m de alto, a base 1,50m e ten tres escaleiras. A fonte fíxose para os fregueses, e pódese beber nela. As paredes da capela son de granito, e a fachada principal ten unha porta rectangular e unha ventá encima. | 29
all day
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/ Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario Consultade asimesmo estes documetos.
| 30
all day
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/ Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario Consultade asimesmo estes documetos.
all day
all day
Pechamos o curso co éxito do noso alumnado na ABAU. Estamos no posto 14 dos 281 centros que fixeron as probas ABAU, na proba xeral.
No posto 12 con menor diferencial. (A desviación entre a media académica do centro e a nota obtida nas probas de acceso). Na posición número 7 dos centros públicos galegos con mellor puntuación na proba xeral. Seguimos reparando na análise dos datos que nos permiten mellorar. Esta é a mostra.
Parabéns ao alumnado, as familias e ao profesorado polo seu esforzo!
Ogallá sexamos quen de manternos aí. | 1
all day
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/ Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario Consultade asimesmo estes documetos.
|