Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xuño 22, 2018
Sábado Xuño 23, 2018
Domingo Xuño 24, 2018

O alumnado de 2º de ESOB, na materia de Lingua Galega, no marco do proxecto da Ruta realizada a comezo de curso, investigou sobre unha das paradas, a praia de Fonforrón. En equipos, desenvolveron as súas procuras a partir de fontes de información orais e escritas. Logo gravaron os guións realizados na nosa radio, Onda Perseveira. 

Con eles aprendemos sobre o areal, a súa historia e as súas lendas. Como acontece con todo aquilo que é contado, as lendas transmítense con variantes que dan conta da diversidade con que vai medrando o imaxinario popular. Podedes escoitar os podcast aquí.

 

Luns Xuño 25, 2018

Cando fixemos a Ruta da auga a comezo de curso, fomos reparando na cartelería. Atopamos nela información sobre o areal, sobre a flora e a fauna; apórtansenos instrucións para un uso respectuoso do entorno e datos útiles para a nosa seguridade. 

Mais..., a nosa sorpresa foi que, dende un marco institucional, se mostrase un desleixo no uso da lingua, na súa corrección na escrita. Acontecería isto se a lingua empregada fose o castelán? De seguro que non.

Esta é a contribución do alumnado de 1º de ESO do IES de Porto do Son. En Lingua revisaron cada un dos carteis, consultaron os erros e agora, achégannos as correccións. Con elas un consello: empreguemos a lingua galega como lingua de cultura, solicitemos que o seu uso nos ámbitos institucionais sexa cotiá e correcto. Respectando a lingua, respectamos o pobo e a súa identidade. 

Comezamos ben:

Pero...

 

 

Na mateira de Oratoria, o alumnado de 1º de ESO A traballou sobre a auga e a necesidade de facer un uso responsable deste recurso. Son accións que complementan o traballo sobre a Ruta da Auga que estes alumnos e alumnas veñen facendo dende distintas materias. Podedes escoitar as súas conclusións en Onda Perseveira, son ben interesantes!!!

 

Xa van alá cinco anos dende que dende SonCine nos compartiron o traballo audiovisual que o alumnado de 3º de ESO fixo sobre as redeiras da Asociación Virxe do Mar, con sede en Porto do Son e que agrupa a redeiras do Son, Portosín, Aguiño e mesmo Ribeira. Viñan de recibir un premio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, promovido pola Secretaría Xeral de Pesca, como recoñecemento ao seu labor de formación e difusión do seu oficio.

 

Redeiras from SonCine on Vimeo.

Agora, termando do fío, ganduxamos e botamos as redes para pescar palabras, as palabras das redeiras!

 

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO A, a partir dese vídeo, estudaron e recompilaron o léxico. Estas son as voces coas que podedes escoitar nos peiraos de Porto do Son e Portosín. Son voces de muller, que veñen das avoas, das nais... Con vontade de futuro!

 

 

Agulla de atar: barra fina  de metal ou doutro material, acabada en punta por un extremo.

 

Áncora: instrumento con dúas puntas, un brazo horizontal e unha cadea que se bota ao fondo do mar para inmobilizar as embarcacións grandes.

 

Aparello: dispositivo utilizado para capturar o peixe, formado por redes ou por palangres.

 

Apuntalar: poñer puntais a algo para facelo mais firme.

 

Armador/armadora: persoa que equipa ou posúe embarcacións para a pesca ou o comercio.

 

Argola: espazo que hai na rede onde van colocadas as cortizas e os chumbos.

 

Atar: 1.Facer un nó. 2. Reparar ou coser un aparello.

 

Atador/a: persoa que ata.

 

Arte: 1. Conxunto de redes que conforman un aparello. 2. Nome que aplica a diversos aparellos de pesca que están constituídos por redes provistas dun cope.

 

Banquiño: superficie na que sentan as redeiras.

 

Bolo: tipo de peixe.

 

Boliche: arte de pesca que practica o arrastre e que substituíu a secada e o xeito. Semellante á xávega coa rede máis curta.

 

Costura: conxunto de puntadas que unen unha peza da rede. con outra ou dúas partes da mesma peza.

 

Chicote: cabo de arrastre dalgunhas redes de pesca. 

 

Chumbo, (“plomo”): peza ou conxunto de pezas deste material que se pon na tanza ou no extremo das redes de pesca para que vaia ao fondo.

 

Doncela: peixe mariño da familia dos lábridos, de corpo alongado, ollos pequenos en relación ao corpo, cor castaña, azul ou verde escuras no lombo, cunha banda alaranxada desde a cabeza ata a aleta caudal, que habita no litoral sobre fondos rochosos, areosos e baixío. 

 

Ganduxar ("hilbanar"): unir con ganduxos (costuras de puntadas longas feita nunha tea antes da costura definitiva.) o que se cose despois. 

 

Liñó: 1.Costura de fíos dobres ou moi grosos que une os panos da rede. 2. Arte de pesca  consistente nun fío ou tanza, xeralmente de nailon, cunha chumbada e varios anzois empatados no extremo. 

 

Malla: cada un dos aneis ou voltas que nunha rede, van entretecidos un a outro formando entre todos unha peza. Aberturas cadradas formadas por fíos nunha rede e os nós que a forman. 

 

Mediomundo: arte de pesca consistente nun aro de ferro e de madeira, do que colga unha bolsa cónica e semiesférica  que se estende desde unha pequena embarcación, formando un cerco redondo no que quedan atrapados os peixes. onsistente nun aro de ferro e de madeira, do que colga unha bolsa cónica e semiesférica. 

 

Miño: aparello de pesca feito de tres panos de rede, semellante ao trasmallo, aínda que máis alto e de fío máis delgado, que se emprega para pescar peixe plano e crustáceos. 

 

Nasa: aparello de pesca que consiste nunha especie de gaiola, normalmente de forma cilíndrica, feita de madeira, metal, xunco ou vimbio e recuberta de rede, disposta de tal maneira que permite a entrada do peixe ou do marisco pero non a súa saída. 

 

Navalla: 1.Molusco bivalvo. 2. Coitelo cunha folla que se pode dobrar e gardar na rañura que ten o mango. 

 

Pano: cada peza de rede que forma o aparello. 

 

Perlón: peixe da familia dos tríglidos, de corpo alongado, espiñas no opérculo, cor principalmente vermella, e cunha mancha negra na primeira aleta dorsal. 

 

Rastro: arte de pesca formado por un angazo de ferro que se arrastran polo fondo para levantar o marisco. 

 

Redeira: persoa encargada de facer e amañar as redes. 

 

Relinga: 1. Tralla gorda que vai na parte de barlovento da vela para reforzala. 2.  Cada un dos cabos en que van colocadas as cortizas e a chumbada nas redes de pesca. 

 

Saia: prenda que poñen arredor da cintura para meter os obxectos de traballo nos petos. 

 

Tralla: cabo que vai unido ás cortizas e ás chumbadas das redes. 

 

Vetas ("betas"): arte de pesca. Están feitas dun só pano de fío de nailon. Utilízanse empalmadas unhas con outras polas trallas.

 

Foi tamén un traballo de reflexión sobre as redeiras e o seu oficio. E fóronnos contando: 

 

"Este oficio é pouco valorado e moi sacrificado debido as condicións nas que traballan. Elas dependen dos barcos e das súas necesidades. O traballo ensínase de xeración en xeración e nalgúns casos é hereditario. Ao contrario doutros empregos este non se ensina en academias ou centros de formación ou ensino.” (Mariña, Adrián e Ismael). 

 

“O traballo das redeiras (atadoras) é un oficio relacionado co mar que consiste na fabricación ou arranxo de redes ou aparellos. Este oficio xaprovén de xeracións pasadas, como a das nosas avoas. Xeralmente eran as mulleres quen exercían o traballo, mentres que os homes ían navegar. A xornada empezáballes moi cedo pola mañá ata ao mediodía, máis ou menos. Cada unha ten o seu material de traballo e a súa tarefa que debe realizar ese día.”  (Pilar Prieto e Valeria Lorenzo)

     

Avaliación de fin de curso (ordinaria).

 

Martes Xuño 26, 2018

Entrega de notas de fin de curso. 26 de xuño.

Daniela, Saray, Andrés e Xoán cóntannos como foi a ruta ata o faro:

 

"O IES de Porto do Son atópase a carón da praia de Cabeiro:

  • Lonxitude: 1.200m
  • Praia aberta.
  • Tipo de area: fina

O IES está rodeado por eucaliptos e piñeiros.

  • Anexo ao IES podemos atopar:
  • A 300m, a gasolineira da vila.
  • Un merendeiro a poucos metros.

 

 

Saímos do aparcamento do IES Porto do Son e imos ata a xeral. Despois, por un pequeno camiño á esquerda, ao lado da gasolineira, collemos a estrada de Noal, a primeira bifurcación á dereita, a segunda tamén é o primeiro camiño á esquerda. A seguinte bifurcación á esquerda, segues todo recto e xa chegas ao teu destino. Este tramo da ruta consta de 1km."

 

Interese  paisaxístico

Ten un gran interese paisaxístico xa que se pode acceder facilmente  e a praia é tranquila. Desde o miradoiro podemos ver Monte Louro e a ría de Muros e Noia . As vistas son o que converten este sitio nun lugar para visitar. Ao ano pasan centos de persoas por aquí .

 

Vexetación

A vexetación predominante son piñeiros  e a herba florece nas zonas de ceo aberto . O camiño é de barro e pedra. Hai varias pedras grandes coas que hai que ter coidado .

Ao redor ten un pasamáns. Diante del encóntranse un precipicio que dá á praia. É moi alto e hai que ter coidado, xa que o pasamáns é bastante baixo.

 

Vistas

Desde o faro pódese apreciar Muros (unha vila ) e Monte Louro. Entre estas dúas vilas, encóntrase unha ría atlántica. Muros está na ladeira de Monte Louro  e algúns lugares máis. Todas son vilas pequenas.

 

Aloxamento

Cerca de alí encontramos un campameto ao aire libre perfecto para aventureiros, mais se quere máis exclusividade pode un aloxarse nun hotel de Porto do Son. Estes son algúns, pero a oferta é ampla:

Arnela 2

Hotel Vila do Son hotel

Porto do Son-Galicia

PR *** Áncora da ría

 

Localización de transportes

 Aeroportos

Aeroporto de Santiago está a  63´5 km pola CG-1.

Aeroporto de Vigo está a 110´8 km pola AP-9

Aeroporto da Coruña está a 118´1 km pola AP-9      

 Estacións de tren

Estación de tren de Santiago está a 49´9 km  pola CG-1,5

Estación de tren de Vigo está a 108´4 km pola AP-9

Estación de tren de Coruña está a 122´6 km pola AP-9

 Estacións de autobuses

Estación de autobuses de Santiago 52´9 pola CG-1´5

Estación de autobuses de Noia está a 13´9 km pola AC-550

 

Mércores Xuño 27, 2018

O xoves pasado celebramos o final de curso. Despois da faena de limpeza das aulas, recollida de libros e últimas repescas, a mañá tornouse festiva, acompañada do sol tan agardado!

Ademais das xa tradicionais competicións deportivas (as derradeiras que Marcial organiza no noso centro; ímolo botar en falta!), tivemos teatro, exposición de maquetas de Plástica, Feira Tecnolóxica, concurso de baile de robots e de carreira de coches propulsados por auga Risa Risa 

Por primeira vez o alumado do ciclo tivo un acto de graduación ben merecido e emotivo! Parabéns!

Pepe e Tono xubílanse, Ana Fábregas, Marcial, Begoña e Raúl cambian de centro, pero seguen formando parte da comunidade educativa de Porto do Son!!! Así que non lles dicimos adeus. Agardamos velos con frecuencia por aquí, como xa o fan outros compañeiros que mesmo participan das nosas actividades, é o que ten pasar polo insti do Son e deixar pegada!

Aquí vos deixamos o vídeo!

 

 

 

 

Moitas grazas ao alumnado e ao profesorado que fixo posible este día de celebración!!!! E agora, praia, descansoo, festa... Naqueles casos en que teñades que vir ás probas de setembro, cun pouquiño de organización hai tempo para disfrutar, os días son larghos no veránGuiño!!!

BOAS VACACIÓNS!!!

  

Xoves Xuño 28, 2018
Start: 28/06/2018 17:57

A solicitude de admisión farase vía web na aplicación ciclos admisión. O prazo de presentación de solicitudes de admisión ao ciclo remata o 3 de xullo (ás 13:00h).

Pódense consultar os prazos e a distribución de prazas para ciclos en instrucións xerais do proceso de admisión.

As listaxes de solicitantes e de adxudicados/as pódense consultar en listaxes.

Na páxina de FP da Xunta publícase a información xeral do ciclo.

Apórtase información específica do ciclo deste centro no ficheiro adxunto.

Visita a nosa páxina de facebook.

(O horario do centro en xullo é de 9:30h a 13:30h).

Rematamos este curso 2017-2018!!. O ciclo foi moi intenso; este ano tivemos un montón de aventuras sós, acompañados doutros ciclos, con alumnado do centro... É dificil poñer palabras a todo un curso, e a unha promoción intensa, nova e responsable, así que poñemos un vídeo.

Boas prácticas aos que empezan agora en xullo nas empresas!!

Interese arquitectónico

Esta é a Capela do Loreto, en Porto do Son:

Divide a parroquia de San Vicente de Noal e a de Santa María de Nebra. Antigamente tiña un cura propio, pero agora lévaa o cura de San Vicente de Noal.

Nela celebrábase  a festa  do Loreto, o nove de setembro, pero, como agora vai máis xente, celébrase  no  merendeiro.

Detrás hai un pequeno xardín, un cruceiro e unha fonte. O cruceiro mide aproximadamente 3m de alto, a base 1,50m e ten tres escaleiras. A fonte fíxose para os fregueses, e pódese beber nela.

As paredes da capela son de granito, e a fachada principal ten unha porta rectangular e unha ventá encima.

Interese: 

Paisaxístico

Naturalista

É un lugar con árbores, piñeiros e eucaliptos. Tamén hai pedras grandes que rodean a praia da Aguieira. 

O día 9 de setembro celébrase en Porto do Son, en honor á nosa Virxe, a romaría do Loreto. Congrega aproximadamente 5.000 persoas e celébrase dende hai centos de anos. Trinta anos atrás celebrábase na capela do Loreto, pero a cantidade de xente impediu que se seguise facendo alí e comezou a realizarse no merendeiro do Loreto.

Nunha mesa, os participantes da comisión de festas do Carme de Porto do Son dan sardiñas e pan; e noutra venden refrescos e churrasco.

 

 

 

ACCESOS

A única forma de acceder é camiñando dende o merendeiro do Loreto ata o EDAR.

LONXITUDE

500 metros aproximadamente dende o merendeiro do Loreto.

DURACIÓN

Aproximadamente, 6 minutos andando.

DIFICULTADE

Non ten dificultade, xa que o camiño é unha pista de terra, so é conveniente levar roupa deportiva e cómoda.

INTERESE DA PARADA

Xeral.

CONTORNO

Paisaxístico 

No merendeiro do Loreto podes descansar baixo a sombra dos piñeiros ou tamén podes levar a túa comida para comela alí, xa que hai sobre unhas 15 mesas de pedra. Tamén se pode asar alí porque hai  unhas 5 barbacoas.

Durante este percorrido obsérvanse principalmente con varios tipos de piñeiros e insectos, aves e réptiles. Polo camiño atoparás piñas, pero non se deberían coller, xa que son o alimento dos esquíos.

  

 

TÍTULO DA PARADA: IES Porto do Son

INTERESE DA PARADA: Paisaxístico e  arquitectónico 

Como se chega:

Dende Porto do Son ó IES hai  aproximadamente uns 1,5 km. Na estrada xeral AC-550 e xusto no primeiro desvío despois da gasolineira Cepsa hai unha indicación e verás un edificio branco. Porto do Son é unha vila  moi accesible, hai autobuses que chegan ata Noia e Ribeira.

 Porto do Son

Recomendacións para facer esta ruta:

Tárdase aproximadamente 1h 30 min (depende do ritmo ao que vaias).

Ten un percorrido de 2’5km.

Ten 7 paradas. 

Realízase andando, xa que é campo a través (polo que é necesario calzado cómodo).

É recomendable facela dende a mañá ata pola tarde. Necesitarás comida para todo o día e auga; unha das paradas é o merendeiro.

Leva:

  • abundante auga.
  • protección solar se a fas no verán.
  • roupa cómoda .

Esta ruta non é de dificultade baixa.

Interese arquitectónico

Esta é a Capela do Loreto, en Porto do Son:

Divide a parroquia de San Vicente de Noal e a de Santa María de Nebra. Antigamente tiña un cura propio, pero agora lévaa o cura de San Vicente de Noal.

Nela celebrábase  a festa  do Loreto, o nove de setembro, pero, como agora vai máis xente, celébrase  no  merendeiro.

Detrás hai un pequeno xardín, un cruceiro e unha fonte. O cruceiro mide aproximadamente 3m de alto, a base 1,50m e ten tres escaleiras. A fonte fíxose para os fregueses, e pódese beber nela.

As paredes da capela son de granito, e a fachada principal ten unha porta rectangular e unha ventá encima.

Venres Xuño 29, 2018
Sábado Xuño 30, 2018

Pechamos o curso co éxito do noso alumnado na ABAU.

Estamos no posto 14 dos 281 centros que fixeron as probas ABAU, na proba xeral.

No posto 12 con menor diferencial. (A desviación entre a media académica do centro e a nota obtida nas probas de acceso).

Na posición número 7 dos centros públicos galegos con mellor puntuación na proba xeral.

Seguimos reparando na análise dos datos que nos permiten mellorar. Esta é a mostra.

 

Parabéns ao alumnado, as familias e ao profesorado polo seu esforzo!

 

Ogallá sexamos quen de manternos aí.

Domingo Xullo 01, 2018
Luns Xullo 02, 2018
Martes Xullo 03, 2018
Mércores Xullo 04, 2018
Xoves Xullo 05, 2018
Venres Xullo 06, 2018
Sábado Xullo 07, 2018
Domingo Xullo 08, 2018
Luns Xullo 09, 2018
Martes Xullo 10, 2018

Como na “Ruta da Auga” en 1º de ESO, neste curso os rapaces e rapazas que estamos xa en 2º fixemos outro roteiro, neste caso dende  a praia do Dique ata o IES, pasando polos Castros de Baroña  e visitando o Museo de interpretación dos Castros e o Museo do Mar do Concello de Porto do Son. Forma parte dun proxecto interdisciplinar que desenvolvemos no centro dende diferentes áreas..
Dende a materia optativa de Promoción de Estilos de Vida Saudables quixemos facer a nosa aportación recompilando e mesmo deseñando xogos para realizar nalgunha das paradas técnicas das rutas (mellor nalgunha das praias que percorremos) e incluso os puxemos en práctica para ver cal deles eran os favoritos para formar parte do noso documento, estes son os gañadores:

NOME DO XOGO: O Furón
FONTE DO XOGO: popular, as avoas, a familia...
QUEN O RECOMPILOU: Uxía, Adriana e Martina de 2º de ESO B.
MATERIAIS: unha corda, balón, pano...
DESCRICIÓN DO XOGO: todos sentados formando un círculo, unha persoa está fora do círculo cun "testigo" (corda, pano, balón....), mentres os xogadores do círculo permanecen cos ollos pechados e cantan unha canción: “ O furón pasou por aquí eu non o vin eu non o vai se non fora polo furón caería nun colchón, mans arriba, ollos pechados, pernas abertas e un tellado,... (mentres se representa con mímica ollos pechados sempre) e por último cóntase, do 1 o 5.... Mentres o resto de xogadores canta o furón (xogador que leva o "testigo") coloca o balón, pano,... detrás dun dos xogadores o xogador que o recolle levántase e intenta coller e tocar ó furón, este ten que dar a volta completa ó círculo antes de sentar no lugar que deixou o xogador.
Se o furón é tocado co "testigo" volve apandar. Se o furón senta no círculo, o xogador que saíu perseguindo o furón é no novo furón. Non se permite correr por dentro do círculo ou saltar ós xogadores do círculo. O número dos xogadores non pode ser moi grande para que todos participen.


 

NOME DO XOGO: A INVASIÓN FREESBEE
FONTE DO XOGO: clases de Educación física de 1º da ESO.
QUEN O RECOMPILOU: Ismael, Borja e Ángel de 2º de ESO B.
MATERIAIS: un freesbee ou un balón de rugby, petos para diferenciar os equipos.
DESCRICIÓN DO XOGO: dividimos o grupo en dous equipos e pintamos ou marcamos un espazo no chan con dúas liñas de gol, cada equipo debe marcar gol traspasando a liña de gol do equipo contrario e recibindo claramente e non de rebote o balón ou o freesbee, así mesmo deberán evitar que o equipo contrario lle marque gol.
Non se pode correr co móvil na man, este ten que avanzar ata a zona de gol mediante pases, dos xogadores.
O número dos xogadores non pode ser moi grande para que todos participen 5 ou 6 por equipo.
Se estando na zona de gol e se recibe o móvil pero este cae o chan o gol non sobe ao marcador.


NOME DO XOGO: Balón prisionero ou pelota sentada.
FONTE DO XOGO: clases de Educación física de 1º da ESO.
QUEN O RECOMPILOU: Andel, Brais e Antía de 2º de ESO A e D.
MATERIAIS: un balón de espuma ou que non faga dano ao lanzar, petos para diferenciar os equipos.
DESCRICIÓN DO XOGO: dividimos o grupo en dous equipos e pintamos ou marcamos un espazo no chan con límites para non andar a correr sen xeito pola praia. Un dos equipos leva o balón e o xogo consiste en tocar con el os membros do outro equipo, no momento que son tocados co balón sentarán no chan; poden ser salvados se collen o balón ou llo pasan os do seu propio equipo cando o recuperen.
Non se pode correr co móvil na man, este ten que avanzar mediante pases, dos xogadores.
Permítese lanzar o balón ao xogador sempre e cando a distancia non exceda de dous metros.
Gana o equipo que consiga sentar todos membros do equipo contrario.
O número dos xogadores non pode ser moi grande para que todos participen, 5 ou 6 por equipo.


 

NOME DO XOGO: Palmeado.
FONTE DO XOGO: inventado polos alumnos.
QUEN O RECOMPILOU: Marcos e Edgar de 2º de ESO A.
MATERIAIS: ningún.
DESCRICIÓN DO XOGO: Dividimos o grupo en dous equipos enfrentados e colocados sobre cadansúa liña pintada ou marcada no chan que pode  estar separada entre 5 e 10m. Todos os membros do equipo teñen a man estendida coa palma da man cara arriba. Un xogador dun equipo vai cara o equipo contrario e choca a súa man coa doutro xogador (escolle a quen quere) o xogador que é chocado debe tentar "pillar" o xogador que chocou antes de que sobre pase a liña marcada do seu equipo.
As palmadas non poden ser fortes para que non se fagan dano.
Non se permite amagos que fagan que os xogadores non saiban cal é o xogador que ten que saír.
Os xogadores non se eliminan cando se gaña se anota un punto, gaña o equipo que chegue antes a 10 puntos.
O número dos xogadores non pode ser moi grande para que todos participen 5 ou 6 por equipo.



NOME DO XOGO: Atrapa la bandera
FONTE DO XOGO: internet; Wiki How
QUEN O RECOMPILOU: Pablo, Olalla e Ana de 2º de ESO A.
MATERIAIS: unha bandeira ou panos e petos para diferencialos equipos.
DESCRICIÓN DO XOGO: dividimos o grupo en dous equipos e entrégaselle unha bandeira a cada un. O obxectivo do xogo e atrapar a bandeira do equipo contrario e levala o teu campo.
Se un xogador do equipo contrario te "pilla" estando no seu campo, debes volver ao teu.
Se te pillan que bandeira debes ir á prisión e agardar a que un xogador do teu equipo te salve.
Non se pode estar máis de un minuto seguido coa bandeira vixiada.

 


 
NOME DO XOGO: "Pinturillo in the sand"
FONTE DO XOGO: inventado.
QUEN O RECOMPILOU: Pablo, Ana e Olalla de 2º de ESO A.
MATERIAIS: ningún.
DESCRICIÓN DO XOGO: os xogadores divídense en dous grupos. A un xogador daráselle unha palabra e terá que debuxala para que os membros do seu equipo a adiviñen.
Non se poden debuxar letras.
Os dous equipos debuxan á vez; anota un punto o equipo que primeiro adiviñe.
Pódense poñer categorías diferentes como obxectos, animais, películas, deportes...
Debúxase na area e pode axudarse dun pau ou non.

 



NOME DO XOGO: Transportar bólas de area.
FONTE DO XOGO: internet.
QUEN O RECOMPILOU: Area, Claudia e Miguel de 2º de ESO A.
MATERIAIS: ningún.
DESCRIPCIÓN DO XOGO: divídense os xogadores en equipos de 3 ou 4 persoas. O xogo consiste en facer bólas de area e transportalas dende a beira mar ata uns círculos que previamente marcamos.
Cóntase o número de bólas que en certo tempo consegue cada equipo.
Só serán válidas as bólas que estean enteiras.
Comezar deixando máis tempo e logo podemos rebaixar o tempo para facer as bólas para aumentar a complexidade.


 

A comezo de curso o alumnado de 2º de ESO fixo a “Ruta da pedra, a auga e a memoria”, que partía da praia do Dique e finalizaba no IES de Porto do Son. Unha das paradas deste roteiro foi o Museo Marea. Na materia de ITI Lois, Joel, Noel e Pablo completaron o que aprenderon na saída e agora cóntannolo en Onda Perseveira!

 

Elena, Antía e Nuria e Carla investigaron na materia de ITI sobre o faro de Cabeiro, unha das paradas que fixeron na ruta da auga. Foi unha das primeiras probas coa radio, alá polo mes de marzo.

Cóntannolo en Onda Perseveira

!

Mércores Xullo 11, 2018
Xoves Xullo 12, 2018
Venres Xullo 13, 2018
Sábado Xullo 14, 2018
Domingo Xullo 15, 2018
Luns Xullo 16, 2018
Martes Xullo 17, 2018
Mércores Xullo 18, 2018
Xoves Xullo 19, 2018
Venres Xullo 20, 2018
Sábado Xullo 21, 2018
Domingo Xullo 22, 2018
Distribuir contido


by Dr. Radut