Eventos
Do mércores 2 ao venres 4, o alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía Bilingüe, realizará unhas xornadasinmersión lingüística -en inglés- en Os Peares ( co grupo Socratea). Saen do centro o xoves ás 07:00h, regresan o venres arredor das 20:00h.
Do mércores 2 ao venres 4, o alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía Bilingüe, realizará unhas xornadasinmersión lingüística -en inglés- en Os Peares ( co grupo Socratea). Saen do centro o xoves ás 07:00h, regresan o venres arredor das 20:00h.
Do mércores 2 ao venres 4, o alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía Bilingüe, realizará unhas xornadasinmersión lingüística -en inglés- en Os Peares ( co grupo Socratea). Saen do centro o xoves ás 07:00h, regresan o venres arredor das 20:00h.
O alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía Bilingüe pasou tres días nos Peares, nun programa de Inmersión Lingüística en inglés co grupo PEARES SOCRATEA. Nesta paisaxe de excepción, realizaron actividades de sendeirismo, kaiak, paddleboard, apadriñaron o río, fixeron un obradoiro de sensibilización sobre o lume e como as cabichas poden levar á destrución do mone, traballaron nun semilleiro de especies autóctonas para a repoboación, estudo do flora e a fauna, xogos de pistas e... como non: MOITA DIVERSIÓN, INGLÉS E AVENTURA!!!
O outro luns, comezamos unha serie de charlas sobre educación e adolescencia. Somos unha comunidade e temos que axudarnos entre nós. Aprender xuntos familias e profesores, porque todos precisamos de todos.
A primeira correu da parte do IES, e xa se celebrou o luns 9. Asistimos 30 nais e pais. O IES comprometeuse a convocar novas reunións. Imos facelas na Casa da Cultura de Concello de Porto do Son, abertas tamén a nais e pais dos colexios de primaria.
A segunda será de Jorge García Marín, Doutor en Socioloxía, e profesor na Universidade de Santiago de Socioloxía da Educación. Daranos unha aportación moi interesante, desde unha perspectiva feminista, sobre como as novas tecnoloxías comunicativas están a propoñer un modelo machista a nosa xuventude, e os problemas derivados. "O investigador chamou a atención sobre a importancia da implicación das familias á hora de xestionar a utilización das redes sociais dos menores e engadiu unha serie de consellos: “canto máis tarde se inician nelas, mellor” dixo en alusión á idade a que comezan os/as menores a manexar redes ao que engadiu tamén a necesidades de controlar os tempos de uso e os contidos difundidos, “son necesarios límites” apunta o investigador xustificando a súa postura." Podedes ver aquí unha entrevista.
Na terceira estará a cargo de Patricia Gómez Salgado, do Grupo de Investigación de Psicoloxía do Consumidor e o Usuario da Universidade de Santiago. "La adicción a Internet aún no está reconocida de manera oficial, pero sí que es verdad que cada vez más familias acuden a psicólogos buscando ayuda porque no saben cómo manejar los problemas que surgen, sobre todo en los hijos adolescentes."
“A influencia dos móbiles nas condutas dos adolescentes.”
Día: 30 de abril de 2018
Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son
Hora: 19:00h
“O uso problemático de internet”
Día: 7 de maio de 2018
Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son
Hora: 19:00h
De 11:10 a 12:00h, o alumnado de 4º de ESO asistirá á proxección do documental Cruzar a fronteira, dentro das actividades do Plan de Acción Titorial. Presentará a sesión Suso Montero, coordinador do proxecto, centrado no tema da emigración. Departamento de Orientación.
De 8:20h a 20:00h, os alumnado de Paisaxe e Sustentabilidade e alumnado de 3º de ESO, viaxará a Allariz para participar no Proxecto Terra. Actividade do departamento de Xeografía e Historia.
Esta mañá, Suso Montero, profesor no módulo de Educación de Adultos do IES Campo de San Alberto, presentou ao alumnado de 4º de ESO o documental Cruzar a fronteira, unha mirada necesaria sobre a emigración, unha mirada que parte do noso, do noso pasado, para comprender o presente e o futuro.
Procurando unha metodoloxía de ensino diferente da aplicada noutros niveis, este profesor comezou a participar co seu alumnado e cos seus compañeiros en proxectos europeos que mereceron recoñecemento a nivel nacional e internacional. Falamos por exemplo do proxecto Érase unha vez en Europa, co que recibiron unha mención da Comisión Europea ou de Faros e estacións, viaxe a Ítaca, un traballo de investigación sobre as migracións realizado con centros de Portugal, Eslovenia, Croacia e Grecia, que foi galardoado co Premio Nacional Miguel Hernández, do Ministerio de Cultura, Educación e Deporte. Nesa "viaxe a Ítaca" Elaboraron un libro, un dicionario con léxico para sobrevivir no estranxeiro, unha guía pedagóxica... e o documental que hoxe puidemos ver.
As voces das súas alumnas e dos seus alumnos, mesmo do profesorado implicado, testemuñas vitais dese vagar en procura dun porvir esperanzador, non sempre fácil, apélannos, apelan ao alumnado.
Nada mellor que coñecer para desenvolver espírito crítico e autocrítico. Nada mellor que coñecer para transformar as sociedades, para avanzar construíndo a partir dos valores democráticos e do identitario.
Unha sesión ben aproveitada! Agradecemos a Suso que compartise connosco este proxecto!
Este é o podcast da entrevista que lles fixeron na RTVG:
De 9:10h a 10h, o alumnado de de 1º de ESO asistirá no salón de actos a unha charla de Xurxo Rey, fotógrafo de National Geografic, sobre as ameazas que sofre a biodiversidade. Actividade do departamento de Bioloxía. No salón de actos.
Venres 11, de 10:00h ás 16:30, o alumnado do club de lectura da ESO, fará unha saída á illa de Sálvora co alumnado dos clubs de lectura do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. A actividade xirará arredor da lectura de Noite de temporal de Núñez Singala, centrado no naufraxio do Santa Isabel en 1921.
Macías e Luísa, do Departamento de Matemáticas, veñen de organizar uns Recreos Matemáticos no salón de actos. Pon en marcha as túas destrezas matemáticas: tenta facer figuras co Tangram (quebracabezas chinés de sete pezas), supera o reto das Torres de Hanoi, consegue intercambiar de posición as fichas do xogo das ras e os sapos, proba a soltar os aros cautivos e o aro da papeleira máxica, mira de soltarte das cordas que te enredan cun compañeiro...
Comezamos!!!
A lectura foi unha vez máis o motivo desta xuntanza co Aquis Celenis de Caldas. Nos clubs dos dous centros lemos Noite de temporal, a novela de Núñez Singala que narra a traxedia do Santa Isabel, o vapor de pasaxeiros que o 2 de xaneiro de 1921 afundía na costa de Sálvora, deixando 213 mortos. Salváronse preto de 60 persoas grazas á valentía de tres mozas e algúns veciños da illa.
E que mellor lugar para recrear o que puido ser este naufraxio que visitar este arquipélago pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. E facelo na compaña do alumnado e o profesorado -xa amigo- do Aquis! Descubrir a súa historia e a súa beleza, e saber do importante que é conservar o seu ecosistema.
Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca:
Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza é o título da exposición de Adega e a Consellería de Medio Ambiente que temos dende hai uns días no centro. Porque xa que andamos co tema da Comunicación, e fiando co do próximo curso -a Sustentabilidade-, debemos aprender a mirar, a observar, a interpretar a linguaxe da natureza. Interpretar para poder actuar, para poder reacciónar ante as mensaxes que nos está a mandar a Terra. Para mostra, esta imaxe da nosa visita á illa de Sálvora o venres pasado: as calas, tan comúns, estendéronse alí tanto, que viñemos impactados. Fermosas, si, pero invasivas.
Por un tempo, como vén sendo xa habitual, os corredores transfórmanse en aulas, para responder as preguntas dun cuestionario elaborado polo departamento de Bioloxía e o equipo de bilioteca.
17 de maio, Día das Letras Galegas. Non lectivo.
O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno Márquez
De 12:55h a 14:00h,o alumnado de 2º de ESO asistirá á montaxe de Serafín Marcos “Unha historia de amor”, sobre María Vitoria Moreno, homenaxeada no Día das Letras Galegas. Salón de actos. Actividade do departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Venres 18, de 12:55h a 14:00h,o alumnado de 2º de ESO asistirá á montaxe de Serafín Marcos “Unha historia de amor”, sobre María Vitoria Moreno, homenaxeada no Día das Letras Galegas. Salón de actos. Actividade do departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Nos recreos do venres 18 o patio será o campo da festa: animádevos a bailar ao ritmo da gaita, o bombo e o pandeiro na 2ª FOLIADA DAS LETRAS!
Xa que temos bos músicos (coa pandeireta de Rosi incluída) e bos bailaríns, que mellor motivo que as nosas Letras e a nosa fala para unha festa! E velaí a II Foliada das Letras!
Pola semana a profe Eva e un grupo de mozos e mozas ensináronnos, con moita paciencia, a sacar uns puntiños para poder bailar! Poderiamos "disir"... "Eu bailar, bailar, bailei, a ghasia non era moita...! Pero tanto ten, non? Xa había quen se daba maña e a cousa "lusiu"..!
E pechando a mañá Serafín Marcos, xa da casa por estas datas, tróuxonos "Unha historia de amor", a de María Victoria Moreno con Galicia, co galego e coa literatura. Os mozos e mozas de 2º de ESO pasaron do abraio á gargallada, do sorriso á mirada reflexiva... Fica aí, un ano máis, ese pouso que Serafín vai sementando.
Como xa sabedes, un grupo de mozas e mozos que se fan chamar "aqueladores", veñen facendo arranxos varios no centro, sonche ben mañosos, danlle xeito a todo, o mesmo arranxan persianas, que pintan, que poñen cantos nas columnas... E claro, despois do traballo vén o descando. Ana Dapena, a "encargada de obra", coméntanos a xornada:
De 10:20h a 11:10h (aproximadamente), charla de Navega con rumbo, para o alumnado de 2º de ESO. Actividade do Plan Director e Orientación. No salón de actos. Acompaña o profesorado que ten clase cos grupos.
Martes 22 , de 08:20h a 14:00h, saída ao Tambre do alumnado de 1º de bacharelato para coñecer o funcionamento da central e realizar un roteiro polo entorno. Actividade organizada polos departamentos de Tecnoloxía e EF. Aprazada / anulada por problemas técnicos na central. De ser posible, comunicarase nova data ou realizarase o curso que vén.
O martes 22 e o mércores 23 o Ciclo fará barranquismo, rapel, GPS e rafting en Cerdedo, Pontevedra.
O departamento de Orientación achéganos a recensión da actividade do Plan de Acción Titorial realizada este luns sobre o uso da rede:
"O alumnado de 2º de ESO aisitiu á charla Navega con Rumbo polo Ciberespazo, impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Fíxose fincapé no uso responsable das novas tecnoloxías, en navegar con seguridade, evitanto o ciberacoso e outros riscos de Internet asociados tamén aos xogos en rede, de mosda nestas idades. Con esta finalidade, explicáronse unha serie de pautas como protexer a privacidade, empregar un antivirus actualizado, evitar contrasinais fáciles de adiviñar, manter o perfil privado nas redes sociais para evitar que descoñecidos accedan á información persoal e comentar cos pais e/ou profesores as situacións que resulten incómodas neste ámbito.
Agardamos que o noso alumnado teña moi en conta as orientacións e que navegue con tino pola rede."
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
O martes 22 e o mércores 23 o Ciclo fará barranquismo, rapel, GPS e rafting en Cerdedo, Pontevedra.
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
Onte o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha representación de Anagnórise na Casa de Cultura, no marco das actividades que vimos realizando na celebración das Letras Galegas. Neste caso é unha colaboración coa editorial Galaxia. Foi unha proposta fresca, divertida e novidosa. Na entrada do blog da biblioteca podedes ler as opinións do alumnado.
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
Sábado 26, ás 19:00h, acto de graduación de 2º de bacharelato.
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
De 16:40h a 18:00h o alumnado de 2º de ESO asisitirá á representación da obra A gran noite de Fiz, levada a escena polo grupo de teatro do IES. Casa de Cultura.
Recepción, por parte do equipo directivo e a xefa do departamento de Orientación, das familias do alumnado matriculado no curso de 1ESO para o curso 2018-2019.
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
De 8:20h a 20:00h o alumnado de Paisaxe e Sustentabilidade de 1º de ESO e unha parte do alumnado de 3º de ESO viaxará a Allariz para participar no Proxecto Terra.
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
Para o alumnado de 2º de Bacharelato, este foi un ano intenso, de incertidumes, de afrontar decisións que han de condicionar o seu futuro. Este sábado celebramos a súa graduación. Celebramos que pasaron connosco estes anos de formación e que comezan unha nova etapa. Foi un acto entrañable co alumnado, o profesorado e as familias. Uxía abriu o acto ao piano, Pablo, todo un cabaleiro, presetouno. Carmen, a persoa que fixo das aulas de bacharelato un espazo agradable, no que non faltaban xestos de ánimo, falou para eles. Houbo palabras de cariño para Ana Fábregas, profesora e titora que os acompañou nos últimos cursos e que deixa o noso centro, cun novo destino académico e profesional. Tamén para o profesorado e, como non, para as compañeiras e compañeiros cos que compartiron estudo, viaxes, nervios, entroidos, excursións, enfados e reconciliacións!
Merecido recoñecemento para Susana Outeiral e Carlos Calo, que recolleron cadansúa Matrícula de Honra!
O ton máis formal veu por parte de David, o director, e a tenente alcalde María Maneiro, que asistiu acompañada de Magdalena Pérez, a concelleira de Educación.
Agardamos que gardedes un bo recordo do voso paso polo centro. Formades xa parte da COMUNIDADE EDUCATIVA do IES de Porto do Son! Aquí sempre teredes a porta aberta!
PARABÉNS A TODAS E TODOS VÓS, MOITA SORTE NESTA NOVA ETAPA!
No escenario, as vosas fotos de pequenos, daban conta do paso do tempo! Podedes ver o vídeoentrando aquí, no Facebook da Perseveira!
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/
Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario
De 08:20h a 14:00h o alumnado de Valores Éticos visitará en Santiago o MUPEGA e o Museo do Pobo Galego. Departamento de Filosofía.