Eventos
O alumnado de Valores Éticos e Artes Escénicas de 4º de ESO viaxou a Madrid do 12 ao 14 de abril. Asistiron ao teatro e visitaron os principais puntos de interese cultural da cidade. A actividade foi organizada polo departamento de Filosofía. Da vila á gran cidade!
O alumnado da ESO dos clubs de lectura asistiu o venres ao Encontro de clubs de lectura do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Esta actividade realízase por primeira vez no marco do Salón, que este ano leva por título Mulleres de conto. Réndese homenaxe ás mulleres da literatura infantil e xuvenil (personaxes, autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias...). México é o país convidado. Os mozos e mozas do club -máis mozas que mozos- leron este mes pasado a biografía ilustrada de Frida Kahlo de María Hesse editada por Lumen para ir "quecendo motores". Tamén libros das autoras presentes no certame: María Reimóndez, Eva Mejuto...
A xornada comezou cun concerto de Canela Cafuné, cunha forte carga de reflexión sobre a liberdade, o rol da muller e a diversidade. Logo seguiron encontros con María Reimóndez que charlou sobre Corredora, un obradoiro de poesía e grafiti con Fran Alonso, poesía con Tamara de Andrés, ilustración con Anxo Fariña e unha agradable conversa con Ledicia Costas.
Xuntos pechamos a mañá cantando "Nin fadas nin princesas", de Ses!
Logo dun xantar "mexicano", disfrutamos da exposición de ilustradores e ilustradoras mexicanas que mostra o Museo Provincial! Ata tivemos tempo para ler algúns álbums ilustrados e visitar a exposición permanente de arte contemporánea e dos fondos de Castelao.
UNHA XORNADA BEN APROVEITADA!
XIX SALÓN DO LIBRO “MULLERES ...
No marco do Mes do Libro, o alumnado de 1º de ESO asistirá á representación de Leonardo e os fontaneiros a cargo da compañía Ubu Teatro. Trátase dunha proposta teatral e literaria que nace dunha colaboración coa Editorial Galaxia para homenaxear a María Vitoria Moreno, autora da obra e este ano galardoada no Día das Letras Galegas. A actividade enmárcase tamén na celebración do Mes do Libro.
o marco do Mes do Libro, o alumnado de 1º de ESO asistiu esta mañá na Casa da Cultura á representación de Leonardo e os fontaneiros a cargo da compañía Ubu Teatro, obra que leron na materia de Lingua Galega. A actividade foi promovida pola Editorial Galaxia, como homenaxe a María Vitoria Moreno, autora da obra e este ano galardoada no Día das Letras Galegas.
De 16:20h a 18:00h, o alumando de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e ciclo, nunha actividade do departamento de Educación Física, participará no Salón de actos na campaña divulgativa "Conquista os elementos", de sensiblilización e visualización do deporte feminino promovida pola Deputación da Coruña". Realizarase unha visualización e un debate cos ponentes.
De 11:10h a 13:30h, obradoiro a cargo de FAPXG (Federación de Persoas Xordas de Galicia) sobre discapacidade auditiva e LSE. Ciclo.
A volta do descanso da Semana Santa foi intensa. Agardábanos a Semana Cultural adicada á Comunicación. Onda ti! Onda nós! Obradoiros, charlas, conversas, debates, reflexións, accións, danza... Contar, escoitar, sentir, expresar! Aquí vos deixamos as imaxes :
Semana Cultural Abril de 2018
Alumnado de 2º de ESO Viaxe a Santiago TVG (ITI) e o Mercado de Abastos (Promoción de estilos de vida saudables). Toda a mañá.
Este luns 16, tivemos pola tarde no salón de actos do instituto unha xornada de vibilización e posta en valor do deporte feminino. A actividade forma parte dun proxecto da Deputación da Coruña que reponde á campaña Conquista os elementos, consistente na celebración de videofórums en 18 comarcas de Galicia. O alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e Ciclo, viu o documental Contra os elementos, que dá nome á campaña, e a continuación escoitamos a tres mulleres que son exemplo do esforzo, o traballo e o éxito deportivo na nosa comarca, dúas antigas alumnas e unha profesora. Nerea Carballo, tras unha longa traxectoria no fútbol feminino, é actualmente xogadora do Atlántida Matamá na Segunda División Nacional. Pilar Rodríguez Maneiro é unha das grandes promesas do taekwondo nacional. Alejandra Carro é profesora no ciclo de "Condución de actividades físicas no medio natural", integrante da selección galega de orientación e con éxitos a nivel galego e en España en orientación e MTB.
Son un exemplo a seguir para as mozas e os mozos. Exemplo dos valores que van parellos ao deporte.
Membros do Concello e Ánxela Franco como representate da Daputación, asisitiron ao acto.
Esta mañá o alumnado de 2º de ESO visitou Santiago. Seguimos co tema da COMUNICACIÓN. Os de Investigación e Tratamento da Información asistiron a unha visita guiada na RTVG. Explicáronlles o seu funcionamento, coñeceron os platós e as salas de produción, mesmo puideron presenciar a emisión do programa Bos Días! Pinchade para ver o vídeo no Facebook da Sala Perseveira!
Ao mesmo tempo, os seus compañeiros e compañeiras de Promoción de Estilos de Vida Saudable, eran recibidos no Mercado de Abastos, onde lles contaron da relevancia que hoxe ten este mercado no ámbito social, económico e patrimonial. Logo realizaron actividades preparadas nesa materia e na de Lingua Galega. Investigaron sobre o léxico, procuraron alimentos para deseñar unha dieta saudable, calcularon calorías... Outra forma de comunicación, comprender o que nos ofrece o entorno e, ao tempo, asentar hábitos de vida sans e comprometidos cos produtos de noso.
Logo houbo tamén un tempiño para pasear polo casco antigo e achergarse a algúns dos puntos de interese máis destacados.
O tempo deunos unha tregua e puidemos levar a cabo esta actividade aprazada pola choiva da Semana Cultural. Alumnos e as de 1º ESO da asignatura de Paisaxe, xunto cos alumnos/as de 3º ESO e o alumnado do CICLO dentro da materia de Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre, plantamos ameneiros, bidueiros, castaños...,visitamos os muíños e a capela de San Tomé, xunto cos petróglifos da Gurita e os arrededores.
Actividade organizada coa Comunidade de Montes de Baroña, transmitíndonos tradición, respecto e responsabilidade polo patrimonio e polo medio ambiente.
A FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) achegouse ó noso centro para impartir unha charla sobre "Deporte e diversidade funcional: disCapacidade auditiva".
Aprendemos un pouquiño de Lingua de Signos, e achegamonos á xordeira. Imprescindible o coñecemento previo sobre calquera cousa, facelo noso, e así poñernos nos seus zapatos para darnos conta de que hai todavia traballo por facer, para eliminar barreiras entre as persoas, neste caso barreiras de comunicación.
En 1995 a UNESCO escollía o 23 de abril como data da celebración do Día do Libro e dos Dereitos de Autor. E nós tamén o celebramos na biblioteca! Nos recreos os alumnos e alumnas de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato léronnos os seus microrrelatos que crearon nun proxecto de narración e ilustración na materia de Lingua Castelá. Agradecemos a María Míguez e a María Mayo a iniciativa e a colaboración co equipo de biblioteca na conmemoración desta data! Convidámosvos a lelos!
Parabéns ao alumnado.
O alumnado de 4º de ESO asistiu esta mañá na Cidade da Cultura ao Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2018. Un foro no que expoñer innovación, emprendemento, formación e empresa. Un escaparate da Formación Profesional en Galicia. Puideron ver en directo os 30 proxectos de innovación en tecnoloxías punteiras; 17 proxectos empresariais de miniempresas dentro do Plan de Emprendemento do Sistema Educativo (Eduemprende); obradoiros sobre robótica, 3D, electrónica, fabricación de drons, madeira, artes gráficas, estética, hostalaría ou industrias alimentarias.
Unha boa forma de aproximarse á Formación Profesional.
A actividade foi organiazada polo departamento de Orientación, dentro do Plan de Acción Titorial dirixido á orientación académica do alumnado.
Para non facer peligrar a 3ª avaliaicón de 2º Bacharelato, o Claustro do IES acordou propoñer o día 30 de abril de 2018. Foi aprobado en Consello Escolar.
O outro luns, comezamos unha serie de charlas sobre educación e adolescencia. Somos unha comunidade e temos que axudarnos entre nós. Aprender xuntos familias e profesores, porque todos precisamos de todos.
A primeira correu da parte do IES, e xa se celebrou o luns 9. Asistimos 30 nais e pais. O IES comprometeuse a convocar novas reunións. Imos facelas na Casa da Cultura de Concello de Porto do Son, abertas tamén a nais e pais dos colexios de primaria.
A segunda será de Jorge García Marín, Doutor en Socioloxía, e profesor na Universidade de Santiago de Socioloxía da Educación. Daranos unha aportación moi interesante, desde unha perspectiva feminista, sobre como as novas tecnoloxías comunicativas están a propoñer un modelo machista a nosa xuventude, e os problemas derivados. "O investigador chamou a atención sobre a importancia da implicación das familias á hora de xestionar a utilización das redes sociais dos menores e engadiu unha serie de consellos: “canto máis tarde se inician nelas, mellor” dixo en alusión á idade a que comezan os/as menores a manexar redes ao que engadiu tamén a necesidades de controlar os tempos de uso e os contidos difundidos, “son necesarios límites” apunta o investigador xustificando a súa postura." Podedes ver aquí unha entrevista.
Na terceira estará a cargo de Patricia Gómez Salgado, do Grupo de Investigación de Psicoloxía do Consumidor e o Usuario da Universidade de Santiago. "La adicción a Internet aún no está reconocida de manera oficial, pero sí que es verdad que cada vez más familias acuden a psicólogos buscando ayuda porque no saben cómo manejar los problemas que surgen, sobre todo en los hijos adolescentes."
“A influencia dos móbiles nas condutas dos adolescentes.”
Día: 30 de abril de 2018
Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son
Hora: 19:00h
“O uso problemático de internet”
Día: 7 de maio de 2018
Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son
Hora: 19:00h
Do mércores 2 ao venres 4, o alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía Bilingüe, realizará unhas xornadasinmersión lingüística -en inglés- en Os Peares ( co grupo Socratea). Saen do centro o xoves ás 07:00h, regresan o venres arredor das 20:00h.
Do mércores 2 ao venres 4, o alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía Bilingüe, realizará unhas xornadasinmersión lingüística -en inglés- en Os Peares ( co grupo Socratea). Saen do centro o xoves ás 07:00h, regresan o venres arredor das 20:00h.
Do mércores 2 ao venres 4, o alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía Bilingüe, realizará unhas xornadasinmersión lingüística -en inglés- en Os Peares ( co grupo Socratea). Saen do centro o xoves ás 07:00h, regresan o venres arredor das 20:00h.
O alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía Bilingüe pasou tres días nos Peares, nun programa de Inmersión Lingüística en inglés co grupo PEARES SOCRATEA. Nesta paisaxe de excepción, realizaron actividades de sendeirismo, kaiak, paddleboard, apadriñaron o río, fixeron un obradoiro de sensibilización sobre o lume e como as cabichas poden levar á destrución do mone, traballaron nun semilleiro de especies autóctonas para a repoboación, estudo do flora e a fauna, xogos de pistas e... como non: MOITA DIVERSIÓN, INGLÉS E AVENTURA!!!
O outro luns, comezamos unha serie de charlas sobre educación e adolescencia. Somos unha comunidade e temos que axudarnos entre nós. Aprender xuntos familias e profesores, porque todos precisamos de todos.
A primeira correu da parte do IES, e xa se celebrou o luns 9. Asistimos 30 nais e pais. O IES comprometeuse a convocar novas reunións. Imos facelas na Casa da Cultura de Concello de Porto do Son, abertas tamén a nais e pais dos colexios de primaria.
A segunda será de Jorge García Marín, Doutor en Socioloxía, e profesor na Universidade de Santiago de Socioloxía da Educación. Daranos unha aportación moi interesante, desde unha perspectiva feminista, sobre como as novas tecnoloxías comunicativas están a propoñer un modelo machista a nosa xuventude, e os problemas derivados. "O investigador chamou a atención sobre a importancia da implicación das familias á hora de xestionar a utilización das redes sociais dos menores e engadiu unha serie de consellos: “canto máis tarde se inician nelas, mellor” dixo en alusión á idade a que comezan os/as menores a manexar redes ao que engadiu tamén a necesidades de controlar os tempos de uso e os contidos difundidos, “son necesarios límites” apunta o investigador xustificando a súa postura." Podedes ver aquí unha entrevista.
Na terceira estará a cargo de Patricia Gómez Salgado, do Grupo de Investigación de Psicoloxía do Consumidor e o Usuario da Universidade de Santiago. "La adicción a Internet aún no está reconocida de manera oficial, pero sí que es verdad que cada vez más familias acuden a psicólogos buscando ayuda porque no saben cómo manejar los problemas que surgen, sobre todo en los hijos adolescentes."
“A influencia dos móbiles nas condutas dos adolescentes.”
Día: 30 de abril de 2018
Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son
Hora: 19:00h
“O uso problemático de internet”
Día: 7 de maio de 2018
Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son
Hora: 19:00h
De 11:10 a 12:00h, o alumnado de 4º de ESO asistirá á proxección do documental Cruzar a fronteira, dentro das actividades do Plan de Acción Titorial. Presentará a sesión Suso Montero, coordinador do proxecto, centrado no tema da emigración. Departamento de Orientación.
De 8:20h a 20:00h, os alumnado de Paisaxe e Sustentabilidade e alumnado de 3º de ESO, viaxará a Allariz para participar no Proxecto Terra. Actividade do departamento de Xeografía e Historia.
Esta mañá, Suso Montero, profesor no módulo de Educación de Adultos do IES Campo de San Alberto, presentou ao alumnado de 4º de ESO o documental Cruzar a fronteira, unha mirada necesaria sobre a emigración, unha mirada que parte do noso, do noso pasado, para comprender o presente e o futuro.
Procurando unha metodoloxía de ensino diferente da aplicada noutros niveis, este profesor comezou a participar co seu alumnado e cos seus compañeiros en proxectos europeos que mereceron recoñecemento a nivel nacional e internacional. Falamos por exemplo do proxecto Érase unha vez en Europa, co que recibiron unha mención da Comisión Europea ou de Faros e estacións, viaxe a Ítaca, un traballo de investigación sobre as migracións realizado con centros de Portugal, Eslovenia, Croacia e Grecia, que foi galardoado co Premio Nacional Miguel Hernández, do Ministerio de Cultura, Educación e Deporte. Nesa "viaxe a Ítaca" Elaboraron un libro, un dicionario con léxico para sobrevivir no estranxeiro, unha guía pedagóxica... e o documental que hoxe puidemos ver.
As voces das súas alumnas e dos seus alumnos, mesmo do profesorado implicado, testemuñas vitais dese vagar en procura dun porvir esperanzador, non sempre fácil, apélannos, apelan ao alumnado.
Nada mellor que coñecer para desenvolver espírito crítico e autocrítico. Nada mellor que coñecer para transformar as sociedades, para avanzar construíndo a partir dos valores democráticos e do identitario.
Unha sesión ben aproveitada! Agradecemos a Suso que compartise connosco este proxecto!
Este é o podcast da entrevista que lles fixeron na RTVG:
De 9:10h a 10h, o alumnado de de 1º de ESO asistirá no salón de actos a unha charla de Xurxo Rey, fotógrafo de National Geografic, sobre as ameazas que sofre a biodiversidade. Actividade do departamento de Bioloxía. No salón de actos.
Venres 11, de 10:00h ás 16:30, o alumnado do club de lectura da ESO, fará unha saída á illa de Sálvora co alumnado dos clubs de lectura do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. A actividade xirará arredor da lectura de Noite de temporal de Núñez Singala, centrado no naufraxio do Santa Isabel en 1921.
Macías e Luísa, do Departamento de Matemáticas, veñen de organizar uns Recreos Matemáticos no salón de actos. Pon en marcha as túas destrezas matemáticas: tenta facer figuras co Tangram (quebracabezas chinés de sete pezas), supera o reto das Torres de Hanoi, consegue intercambiar de posición as fichas do xogo das ras e os sapos, proba a soltar os aros cautivos e o aro da papeleira máxica, mira de soltarte das cordas que te enredan cun compañeiro...
Comezamos!!!
A lectura foi unha vez máis o motivo desta xuntanza co Aquis Celenis de Caldas. Nos clubs dos dous centros lemos Noite de temporal, a novela de Núñez Singala que narra a traxedia do Santa Isabel, o vapor de pasaxeiros que o 2 de xaneiro de 1921 afundía na costa de Sálvora, deixando 213 mortos. Salváronse preto de 60 persoas grazas á valentía de tres mozas e algúns veciños da illa.
E que mellor lugar para recrear o que puido ser este naufraxio que visitar este arquipélago pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. E facelo na compaña do alumnado e o profesorado -xa amigo- do Aquis! Descubrir a súa historia e a súa beleza, e saber do importante que é conservar o seu ecosistema.
Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca:
Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza é o título da exposición de Adega e a Consellería de Medio Ambiente que temos dende hai uns días no centro. Porque xa que andamos co tema da Comunicación, e fiando co do próximo curso -a Sustentabilidade-, debemos aprender a mirar, a observar, a interpretar a linguaxe da natureza. Interpretar para poder actuar, para poder reacciónar ante as mensaxes que nos está a mandar a Terra. Para mostra, esta imaxe da nosa visita á illa de Sálvora o venres pasado: as calas, tan comúns, estendéronse alí tanto, que viñemos impactados. Fermosas, si, pero invasivas.
Por un tempo, como vén sendo xa habitual, os corredores transfórmanse en aulas, para responder as preguntas dun cuestionario elaborado polo departamento de Bioloxía e o equipo de bilioteca.