Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
9
| 10
| 11
Start: 11/04/2018 22:23
Alumnos/as da ESO participaron no Campionato Escolar Provincial de Orientación, que se celebrou en Culleredo (A Coruña) o mércores 11 de abril. O alumnado de Ciclo acompañoulles, desempeñando unha moi boa labor como técnicos/as. Conseguimos os obxectivos marcados: -Facer actividade física. -Divertirse cunha actividade física no medio natural. -Relacionarse con alumnos/as de outros centros. -Orientarse a través dun mapa. A maiores disto, conseguimos algunha medalla (noraboa a Eloi (3º) e Nerea (3º)), 12 alumnos/as clasificaronse para o Campionato Galego e gracias a participación de todos/as quedamos SUBCAMPIONS en ORIENTACIÓN por CENTROS. | 12
all day
As mozas e os mozos de EPV e Debuxo Técnico e os seus profesores visitaron onte a Escola Politécnica Superior de Ferrol e Exponav, o Museo da Construción Naval. Foi unha xornada de orientación académica práctica e moi aproveitada na que, ademais, nos trataron moi ben! O alumnado viu a pertinencia e aplicación de moitos dos contidos que traballan nas aulas no instituto, que aquí parecen máis próximos á realidade, ás necesidades da sociedade... Parece que a saída axudou a decidir futuros estudos! Obxectivo cumprido! Volveremos o curso que vén!
| 13
| 14
| 15
all day
O alumnado de Valores Éticos e Artes Escénicas de 4º de ESO viaxou a Madrid do 12 ao 14 de abril. Asistiron ao teatro e visitaron os principais puntos de interese cultural da cidade. A actividade foi organizada polo departamento de Filosofía. Da vila á gran cidade!
all day
O alumnado da ESO dos clubs de lectura asistiu o venres ao Encontro de clubs de lectura do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Esta actividade realízase por primeira vez no marco do Salón, que este ano leva por título Mulleres de conto. Réndese homenaxe ás mulleres da literatura infantil e xuvenil (personaxes, autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias...). México é o país convidado. Os mozos e mozas do club -máis mozas que mozos- leron este mes pasado a biografía ilustrada de Frida Kahlo de María Hesse editada por Lumen para ir "quecendo motores". Tamén libros das autoras presentes no certame: María Reimóndez, Eva Mejuto... A xornada comezou cun concerto de Canela Cafuné, cunha forte carga de reflexión sobre a liberdade, o rol da muller e a diversidade. Logo seguiron encontros con María Reimóndez que charlou sobre Corredora, un obradoiro de poesía e grafiti con Fran Alonso, poesía con Tamara de Andrés, ilustración con Anxo Fariña e unha agradable conversa con Ledicia Costas. Xuntos pechamos a mañá cantando "Nin fadas nin princesas", de Ses! Logo dun xantar "mexicano", disfrutamos da exposición de ilustradores e ilustradoras mexicanas que mostra o Museo Provincial! Ata tivemos tempo para ler algúns álbums ilustrados e visitar a exposición permanente de arte contemporánea e dos fondos de Castelao.
UNHA XORNADA BEN APROVEITADA!
XIX SALÓN DO LIBRO “MULLERES ...More presentations from etikeles
|