Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 9, 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
9
10
11
Start: 11/04/2018 08:20

Acudiran ó Campionato Provincial Escolar de Orientación os/as alumnos/as clasificados/as na carreira de orientación de Boiro (4 abril). Este Campionato levarase a cabo en Acea da Ma (Culleredo). 

all day

O alumnado de  Educación Plastica e Visual  4º de ESO e  de 1º e 2º de Bacharelato de Debuxo Técnico e unha parte de Tecnoloxía de 2º de Bacharelato realizarán unha saída de Orientación Académica a Ferrol. Visitarán a Escola Politécnica Superior e o Museo Naval.

Saída do centro ás 08:20h e regreso previsto a media tarde.

 

Start: 11/04/2018 09:10

Xoves 11, de 9:10h a 10h, o alumnado de de 1º de ESO asistirá no salón de actos a unha charla do fotógrafo de Xurxo Rey, fotógrafo de National Geografic, sobre as ameazas que sofre a biodiversidade. Actividade do departamento de Bioloxía. No salón de actos.


 

Start: 11/04/2018 22:23

Alumnos/as da ESO participaron no Campionato Escolar Provincial de Orientación, que se celebrou en Culleredo (A Coruña) o mércores 11 de abril. O alumnado de Ciclo acompañoulles, desempeñando unha moi boa labor como técnicos/as. 

Conseguimos os obxectivos marcados:

-Facer actividade física.

-Divertirse cunha actividade física no medio natural.

-Relacionarse con alumnos/as de outros centros.

-Orientarse a través dun mapa.

A maiores disto, conseguimos algunha medalla (noraboa a Eloi (3º) e Nerea (3º)), 12 alumnos/as clasificaronse para o Campionato Galego e gracias a participación de todos/as quedamos SUBCAMPIONS en ORIENTACIÓN por CENTROS.

12
Start: 12/04/2018

O departamento de Filososía organizou unha viaxe a Madrid para alumnado de 4º de ESO de Valores Éticos e Artes Escénicas. O programa é o seguinte:

Xoves 12 de abril:

Saída do Instituto ás 13, 30.

Saída da Estación de Santiago ás 15,12.

Chegada a Madrid ás 20, 20.

En Metro ao Hostal.

Paseo e cea nos arredores da Praza Maior.

Venres

Visitas turísticas: Gran Vía, Praza de Cibeles, Paseo do Prado, Neptuno, Parque do Retiro, Palacio de Oriente, Templo de Debod, Praza de España (Monumento a Cervantes), algún museo.

Asistencia ao musical La llamada.

Sábado

Mercadillo, Roteiro polo Barrio das Letras.

Saída do tren a Santiago ás 18,50.

 

Chegada a Santiago  ás 12 da noite (volta para casa en autobús).

all day

 

As mozas e os mozos de EPV e Debuxo Técnico e os seus profesores visitaron onte a Escola Politécnica Superior de Ferrol e Exponav, o Museo da Construción Naval. Foi unha xornada de orientación académica práctica e moi aproveitada na que, ademais, nos trataron moi ben!

O alumnado viu a pertinencia e aplicación de moitos dos contidos que traballan nas aulas no instituto, que aquí parecen máis próximos á realidade, ás necesidades da sociedade...

Parece que a saída axudou a decidir futuros estudos! Obxectivo cumprido!

Volveremos o curso que vén!

 

 

13
all day

O departamento de Filososía organizou unha viaxe a Madrid para alumnado de 4º de ESO de Valores Éticos e Artes Escénicas. O programa é o seguinte:

Xoves 12 de abril:

Saída do Instituto ás 13, 30.

Saída da Estación de Santiago ás 15,12.

Chegada a Madrid ás 20, 20.

En Metro ao Hostal.

Paseo e cea nos arredores da Praza Maior.

Venres

Visitas turísticas: Gran Vía, Praza de Cibeles, Paseo do Prado, Neptuno, Parque do Retiro, Palacio de Oriente, Templo de Debod, Praza de España (Monumento a Cervantes), algún museo.

Asistencia ao musical La llamada.

Sábado

Mercadillo, Roteiro polo Barrio das Letras.

Saída do tren a Santiago ás 18,50.

 

Chegada a Santiago  ás 12 da noite (volta para casa en autobús).

all day

O alumnado dos clubs de lectura (de 1º de ESO ata 1º de Bacharelato) asistirá ao Encontro de Clubs de Lectura do XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 

Este ano leva por título Mulleres de conto. Réndese homenaxe ás mulleres do mundo da literatura infantil e xuvenil (personaxes, autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias…). México será o país convidado.

Programa da xornada:

  • Hora de saída do centro: ás 9:00h 
  • Regreso: aproximadamente ás 18:30h, deixaremos o alumnado nas paradas da estrada principal, sempre e cando haxa algún adulto agardando. De non ser así, a recollida deberá realizarse no centro. 
  • Nas instalacións do Salón do Libro: concerto, encontro con escritores e escritoras, visita a unha exposición temática sobre México, dinámicas arredor da lectura e da creación literaria. Comeremos xuntos nun pícnic no parque da Illa das Esculturas. Aínda que haberá unha “Cantina”, preferimos que o noso alumnado leve da casa a comida, para axilizar. 
  • en caso de termos tempo, visitaremos as instalacións do Pazo da Cultura arredor do Salón do Libro ou a exposición de ilustración mexicana Pintacontos. 
  • Acompañarán o alumnado dúas das profesoras que coordinan os clubs de lectura.
14
Start: 12/04/2018
End: 14/04/2018

O departamento de Filososía organizou unha viaxe a Madrid para alumnado de 4º de ESO de Valores Éticos e Artes Escénicas. O programa é o seguinte:

Xoves 12 de abril:

Saída do Instituto ás 13, 30.

Saída da Estación de Santiago ás 15,12.

Chegada a Madrid ás 20, 20.

En Metro ao Hostal.

Paseo e cea nos arredores da Praza Maior.

Venres

Visitas turísticas: Gran Vía, Praza de Cibeles, Paseo do Prado, Neptuno, Parque do Retiro, Palacio de Oriente, Templo de Debod, Praza de España (Monumento a Cervantes), algún museo.

Asistencia ao musical La llamada.

Sábado

Mercadillo, Roteiro polo Barrio das Letras.

Saída do tren a Santiago ás 18,50.

 

Chegada a Santiago  ás 12 da noite (volta para casa en autobús).

15
all day

O alumnado de Valores Éticos e Artes Escénicas de 4º de ESO viaxou a Madrid do 12 ao 14 de abril. Asistiron ao teatro e visitaron os principais puntos de interese cultural da cidade. A actividade foi organizada polo departamento de Filosofía. Da vila á gran cidade!

 

all day

O alumnado da ESO dos clubs de lectura asistiu o venres ao Encontro de clubs de lectura do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Esta actividade realízase por primeira vez no marco do Salón, que este ano leva por título Mulleres de conto. Réndese homenaxe ás mulleres da literatura infantil e xuvenil (personaxes, autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias...). México é o país convidado. Os mozos e mozas do club -máis mozas que mozos- leron este mes pasado a biografía ilustrada de Frida Kahlo de María Hesse editada por Lumen para ir "quecendo motores". Tamén libros das autoras presentes no certame: María Reimóndez, Eva Mejuto...

A xornada comezou cun concerto de Canela Cafuné, cunha forte carga de reflexión sobre a liberdade, o rol da muller e a diversidade. Logo seguiron encontros con María Reimóndez que charlou sobre Corredora, un obradoiro de poesía e grafiti con Fran Alonso, poesía con Tamara de Andrés, ilustración con Anxo Fariña e unha agradable conversa con Ledicia Costas

Xuntos pechamos a mañá cantando "Nin fadas nin princesas", de Ses!

Logo dun xantar "mexicano", disfrutamos da exposición de ilustradores e ilustradoras mexicanas que mostra o Museo Provincial! Ata tivemos tempo para ler algúns álbums ilustrados e visitar a exposición permanente de arte contemporánea e dos fondos de Castelao. 

 

UNHA XORNADA BEN APROVEITADA!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut