Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Xuño 10, 2017
Start: 10/06/2017 07:49

"A SATISFACCIÓN DA SOLIDARIEDADE". Desta forma recolle Save the Children a nosa participación na carreira solidaria coa que concluímos a Semana Cultural e na que, a través do patrocinio do alumnado, as súas familias e o profesorado, conseguimos recaudar 1.752.83 euros, para proxectos de infraestruturas, educación e saúde para paliar a seca en Etiopía. O artigo recolle o noso sentir. O curso que vén, volvermos colaborar! É, por suposto, unha forma máis de educar: procurar o compromiso!

 

Start: 10/06/2017 09:02

Onte á tardiña, Valeria Baleirón, de 2 de ESO, recollía o premio na "Casa da Matanza", en Padrón. No blog da biblioteca podedes ler a reseña.

PARABÉNS!!!!

Domingo Xuño 18, 2017
Start: 18/06/2017 22:32

O xornal La Voz de Galicia recolle os éxitos do noso compañeiro e profesor David Gaciño como promotor do cabalo galego nos Raids e como adestrador de renome internacional. Un luxo para o noso centro contar coa valía deste docente! El e o equipo que leva a formación profesional no IES de Porto do Son están a coverter o ciclo de Condución de Grupos no medio natural nun referente en Galicia!!! Aquí podedes ler a reportaxe.

Venres Xuño 23, 2017
Start: 23/06/2017 10:16

O sábado 17 un grupo de alumnos e alumnas representaron os nosos clubs de lectura na X Xornada dos Clubs de Lectura que organiza Bibliotecas Escolares, en cuxa páxina podedes ler a repercusión que tivo nos centros e na prensa. No blog da biblioteca tamén contamos a actividade, unha celebración excepcional da lectura.

 

 

Start: 23/06/2017 18:34

Dúas horiñas de limpeza e organización, algunha que outra recuperación e... Festa de final de curso!!!Sorriso

 

Inauguramos a Pulpusha, a lámpada que creou o alumnado de 1º de ESO feita coas botellas de plástico que foron recollendo no proxecto da auga. Xa forma parte do noso insti!

Xogouse unha emocionante final de fútbol-sala entre 2º de ESO e 1º de Bacharelato. Durante todo o mes houbo partidos nos recreos. Grazas a todos os participantes e parabéns aos finalistas e, claro está, a 1º de Bacharelato pola vitoria!!! Aquí os vemos xuntos celebrándoo:

Nagay, alumno do ciclo puxo a medio insti a bailar cunha intensiva sesión de zumba! É unha sorte poder contar con xente tan implicada!

Despois de moito traballo nas clases de tecnoloxía, o alumnado de 2º de ESO, o de 4º de ESO e a nosa compañeira Paloma, pecharon o día de festa coa xa tradicional carreira de robots e lanzamento de cohetes! Mirade que chulos quedaron! E a diana!

O ano que vén, máis!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut