Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
15
| 16
Start: 16/05/2017 09:07
Esta fin de semana, dous alumnos do IES, Nerea Oujo, de 2º de ESO e Denis Arufe, de 4º de ESO, representaron o noso centro no Campionato de España Escolar de Orientación 2017. Estamos orgullosos do esforzo destes alumnos que están a acadar importantes éxitos deportivos. O equipo de Nerea proclamouse campión de España na categoría infantil de relevos!!!! Parabéns e a seguir demostrando a importancia do deporte!!! Start: 16/05/2017 16:40
End: 16/05/2017 16:40
Eva López, profesora do departamento de ED, recibiu esta mañá o alumnado do CEIP de Carnota. Estes querían coñecer o centro e, en concreto, o ciclo de Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural que aquí impartimos e que está a ter unha alta demanda. Non cabe dúbida que a altura da formación impartida polo profesorado está a conseguir que este sexa un centro de referencia neste ámbito. Xa sabedes que podedes seguilo no Facebook. | 17
Start: 17/05/2017 11:37
O noso centro forma parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza. Entre outras actividades, cada ano celebramos o Día das Letras Galegas cun díptico que faemos chegar nestes días ao alumnado e ás familias. No blog da biblioteca podedes ler a entrada.
| 18
Start: 18/05/2017 21:25
Hoxe o patio foi por un día o campo da festa. Da festa das Letras, de maio, da cultura, da lingua e a tradición. Eva, a profesora de Educación Física, e un grupo de alumnos e alumnas ensináronnos a bailar, mentres outros mozos e mozas acompañaban o baile con gaita, bombos e pandeiretas. E ben que o pasamos!!! | 19
Start: 19/05/2017 17:37
O alumnado de 3º de ESO puido coñecer hoxe un pouco máis a vida e a obra de Carlos Casares a través da posta en escena do artista Serafín Marcos. Unha forma lúdica de achegarse á nosa literatura. No blog da biblioteca podedes ler a entrada sobre a actividade.
Start: 19/05/2017 20:34
Hoxe entregamos os premios aos galardoados no Certame poético "Maruxa Mallo nas augas da invisibilidade". Podedes ler a entrada no blog da biblioteca. | 20
| 21
Start: 21/05/2017 21:42
Continúan os éxitos nas competicións de Orientación do noso alumnado. Este sábado, no Campionato de España de Orientación en bicicleta en Murcia, Eloi Serantes quedou 3° na carreira de media distancia e Campión na carreira sprint!!!
|