Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
8
Start: 08/05/2017 22:33
O venres pasado, 5 de maio, o alumnado de 4º de ESO que participou no proxecto ENERXÍA CON CONCIENCIA, co que o centro se presenta ao concurso convocado pola Fundación Repsol para centros educaticvos. Este é un proxecto enmarcado na liña do proxecto interdiciplinar sobre a AUGA, centrado no estudo do consumo enerxético do centro co obxectivo de racionalo. Houbo formación, estudo, análise, un intenso traballo en equipo no que se implicaron varios departamentos. Campañas publicitarias con cartelería e vídeos, docencia ao resto do alumnado... Un esforzo que xa está a dar os seus froitos: conseguimos reducir moito a factura da luz!!! O venres chegou o momento de expoñer o proxecto realizado e de defendelo ante os representantes de Repsol. O proceso en si foi xa unha aprendizaxe que ha de ser de moita utilidade para a súa vida académica e, nun futuro máis afastado, profesional. Traballo en equipo, aprendizaxe-servizo, implicación directa na realidade socioeconómica do centro. Que máis se pode pedir! Máis alá do resultado do concurso, PARABÉNS AO ALUMNADO E AO PROFESORADO!!
Start: 08/05/2017 22:49
Respondemos ás inquedanzas das familias: a rede, os móbiles, as redes sociais... Ben empregadas son ferramentas de aprendizaxe e de lecer. Mal empregadas son fonte de conflitos, de situacións desagradables, mesmo perigosas. De aí que, dende o departamento de Orientación e o equipo directivo decidimos dar resposta a estar necesidade de formación coas charlas NAVEGA CON RUMBO, para o alumnado e para nais e pais . Trátase dun programa do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia que ten como obxectivo a concienciación no uso responsable das tecnoloxías. A actividade vén complementar outras iniciativas que se levan a cabo nas aulas. | 9
| 10
| 11
Start: 11/05/2017 10:55
End: 11/05/2017 10:55
O alumnado do ciclo participou como voluntario na organización do RAID GALLAECIA WORLD SERIES, que se celebrou entre o 7 e o 14 de Maio de 2017 na zona norte de la provincia de A Coruña (Eume, Ortegal, Ferrolterra). O Raid forma parte das probas da Adventure Racing World Series. Involucrarse, a liña de traballo para adquirir as competencias da súa formación. Unha vez máis, o compromiso deste alumnado e do seu profesorado!!!
Start: 11/05/2017 11:05
Unha parte do claustro asistiu onte á sesión de formación do Seminario de Convivencia impartida por Eloísa Teijeira. Foi unha desas interesantísimas e útiles sesións que o profesorado pode recibir a través do servizo de formación que nos facilita o CAFI a aqueles centros que desenvolven Seminarios de Formación. Recibila no centro, un luxo. Actualmente membro do servizo de Orientación da Consellería de Educación, foi docente e orientadora en diversos centros de Galicia, asesora do CFR de Vigo. É investigadora no ámbito da psicopedagoxía, experta en diversidade, metodoloxías para a inclusión e a convivencia e membro fundador da Asociación Convives, que promove a educación en positivo na escola. Recomendámosvos a inscrición na revista dixital que publican: Convives. Un amplo currículo para dar conta dunha muller que é quen de transmitir o entusiasmo pola educación. Falounos da convivencia nos centros nun sentido amplo, na responsabilidade que temos como docentes na súa xestión, no noso papel como guías para o alumnado, e, en moitos casos, para as familias, dos conflitos, dos retos que a sociedade non presenta... Aportounos ferramentas para a revisión, elementos de reflexión e orientación nos camiños a seguir. De seguro, unhas horas que han dar sementes e froitos.
all day
Imprescindibles como fonte de información.Arquivos pdf, organizados poloCEMIX do Concello da Coruña. https://goo.gl/iz8p4w
all day
Podes ver aquí varios enlaces a sitios web de interés para a túa orientación á Formación Profesional. Un text: que me gustaría facer??? aquí >>>> http://fpbide.com/es/
A páxina (moi clariña) da Consellería de Educación / Formación Profesional
aquí>>> Unha guía que estrutura moi ben a información
Unha presentación sobre preinscripción e matrícula.
| 12
| 13
| 14
Start: 14/05/2017 14:22
A semana pasada realizamos o último reparto de froita dentro do Progama "Aliméntate ben". Formamos parte da rede de centros que participa neste proxecto que recibe fondos da Unión Europea e é resultado da colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade. Ten como obxectivo a mellora dos hábitos alimenticios e de nutrición saudable no alumnado.
|