Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1
| 2
Start: 02/05/2017 19:36
O sábado 29 de abril o alumnado do noso centro que se clasificou para o Campionato Galego Escolar de Orientación desprazouse ao Campus de Elviña-Unversidade (A Coruña). Todos eles deixaron representaron con éxito o IES de Porto do Son e Eloi Serantes de 2º de ESO, conseguiu o 3º posto!!!
Start: 02/05/2017 20:19
Do xoves 27 de abril ao 2 de maio,unha parte do alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, xunto cun grupo de mozos e mozas do IES do Virxe do Mar, realizou unha viaxe á Toscana organizada polo departamento de Relixión. Milán, Venecia, un paseo en vaporeto, a praza de San Marcos, Florencia, a praza de Miguelanxo, o Duomo, a Galería dos Uffici, a Galería da Academia, a praza do Campo, Siena, San Gigminiano, o museo de Leonardo en Vinci, Pisa... Que máis se pode pedir!!! Días intensos para mergullarse na arte! Han de lembrar con pracer esta inmersión na cultura italiana!
| 3
| 4
Start: 04/05/2017 17:46
Grazas a Amnistía Internacional Barbanza, esta semana mostramos no centro a exposición que afonda nos dereitos humanos e a violencia de xénero en distintos países. 15 cartaces e unha unidade didáctica permitíronnos reflexionar sobre as graves violacións dos seus que mulleres e nenas sofren no mundo. Comportamentos sexistas, abusos asentados nunha malentendida "tradición" e presentes en todos os ámbitos -familiar, laboral, educativo, social...-. Coñecemos o labor das mulleres activistas; con elas, queremos facer que o noso alumnado pense, reflexione, e, na medida do posible, contribúa a cambiar a realidade, dende o entorno máis próximo. Coñecemos os dereteitos que son constantemente violentados. Coñecemos os organismos que os defenden. Coñecer para saber, para semos críticos, para demandar, para esixir, para actuar, para respectar!!!
| 5
Start: 05/05/2017 09:06
Grazas a Amnistía Internacional Barzanza e ao contacto do Concello, esta semana mostramos no centro a exposición OS DEREITOS HUMANOS E A VOLENCIA DE XÉNERO.As palabras de Shirin Ebadi, premio Nobel da Paz, atravesan como berros os cartaces: "Mentres se neguen os dereitos humando ás mulleres, en calquera parte do mundo, non pode haber paz" O alumnado traballou a unidade didáctica: o marco legal; os dereitos e liberdades fundamentais nos ámbitos político, económico, social, cultural e civil; as organizacións implicadas na defensa dos dereitos da muller e das nenas; os testemuños de experiencias vividas por mulleres e nenas en Macedonia, Irán, Indonesia, Haití, Albania, Nicaragua, México, Irak..., mais tamén nos países nórdicos ou en Estados Unidos. Coñecer. Reflexionar. É necesario coñecer para formar masa crítica. É necesario saber para reflexionar, para actuar, para, dende o comportamento individual transformar a sociedade. Forma parte do noso labor como docentes. Forma parte dos obxectivos que deben acadar os alumnos e alumnas no paso pola escola. Cremos en que o centros educativos poden contribuír a que os valores defendidos por organizacións como Amnistía Internacional cheguen á comunidade e se transformen en "armas" pacíficas e eficaces que transformen o mundo.
| 6
| 7
|