Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
24
| 25
| 26
| 27
Start: 27/04/2017 18:15
O 31 de marzo inauguramos a Semana Cultural que se desenvolveu entre o 3 e o 7 de abril. As actividades cent´raronse arredor da AUGA, tema interdisciplinar e de proxectos no que vimos traballando durante todo o ano. Visto dende un punto de vista moi plural, reforzamos os obxectivos académicos que recolle a LOMCE. Houbo charlas, obradoiros, traballo en equipo, valores, arte, igualdade, memoria, pensamento crítico, deporte, saúde, uso da enerxía con conciencia, coidado do medio, orientación académica... Involucración do profesorado e o alumnado, pero tamén das familias, do Concello, doutros centros... Foi bonito de vivir. Esperamos que dea froitos na formación de persoas comprometidas, críticas e creativas. Nesta presentación tendes o resumo en imaxes:
Semana CulturalMore presentations from etikeles
| 28
Start: 28/04/2017 17:37
No marco das actividades relacionadas co tema da AUGA, que vimos desenvolvendo en distintos proxectos e tarefas neste curso, decidimos participar na campaña Quilómetros de Solidariedade, promovida por Save the Children. A través do patrocinio dunha carreira solidaria, recaudamos fondos dirixidos a intervencións en infraestruturas, educación e saúde en Etiopía, país duramente afectado por unha seca que afecta a toda a poboación pero que repercute principalmente nos máis débiles: os nenos e nenas. O noso alumnado leva todo o curso estudando a AUGA: a ciencia, os valores, a memoria, o consumo enerxético responsable, a creación artística, a saúde, o deporte... Os obxectivos educativos traballados, como ríos que flúen ao mar, desembocaron na Semana Cultural. Abrímola con charlas sobre a xestión deste recurso nos países subdesenvolvidos e pechámola cunha acción de compromiso, a carreira. Grazas ao patrocinio de familias, amizades e a comunidade educativa, conseguimos reunir 1.752,83 euros. Aquí vos deixamos algunhas das imaxes da carreira, que levamos á vila para visibilizar o noso compromiso!
| 29
| 30
|