Grazas a Amnistía Internacional Barzanza e ao contacto do Concello, esta semana mostramos no centro a exposición OS DEREITOS HUMANOS E A VOLENCIA DE XÉNERO.As palabras de Shirin Ebadi, premio Nobel da Paz, atravesan como berros os cartaces:
"Mentres se neguen os dereitos humando ás mulleres, en calquera parte do mundo, non pode haber paz"
O alumnado traballou a unidade didáctica: o marco legal; os dereitos e liberdades fundamentais nos ámbitos político, económico, social, cultural e civil; as organizacións implicadas na defensa dos dereitos da muller e das nenas; os testemuños de experiencias vividas por mulleres e nenas en Macedonia, Irán, Indonesia, Haití, Albania, Nicaragua, México, Irak..., mais tamén nos países nórdicos ou en Estados Unidos. Coñecer. Reflexionar.
É necesario coñecer para formar masa crítica. É necesario saber para reflexionar, para actuar, para, dende o comportamento individual transformar a sociedade. Forma parte do noso labor como docentes. Forma parte dos obxectivos que deben acadar os alumnos e alumnas no paso pola escola. Cremos en que o centros educativos poden contribuír a que os valores defendidos por organizacións como Amnistía Internacional cheguen á comunidade e se transformen en "armas" pacíficas e eficaces que transformen o mundo.