Día Mundial do Solo

O 5 de decembro conmemorase o día mundial do solo .Para celebralo o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía decidiu particiapar no  concurso que propón a FAO, onde se debe pintar un mural con pigmentos extraidos do solo. O lema do concurso é o seguinte: "O cuidado do planeta comenza con solo". Sabendo que   o 15 de outubro asolou Galicia unha vaga de incendios e que  os incendios ademais do dano que se observa nas árbores tamén ten efectos fortes sobre o solo. Que podemos nós como cidadanía aportar a solución deste problema? Con esa idea pintouse un mural de 3mx2m no vestíbulo do instituto o 30 de novembro.

mural

Se premes na imaxe poderás vela en maior tamaño e resolución. (mural pintado por : Silvia Fuentes, Iria Febrero, Irene García, Paula Alfonsín e Cristina Díaz, coordinadas por Estela Pintos)

Ademais organizouse unha visita a Ponte Caldelas, localidade moi afectada polos incendios. Nesta visita púdose observar que especies arbóreas arderon máis e cales sobreviviron. A visita foi guíada por Rafael Zas e Gloria Bustingorri que participan en actividades voluntarias de recuperación do monte.Cristina e Laura fixeronlle unha entrevista a Rafael Zas onde afondaron tanto nas causa como nos efectos dos incendios.  Tamén o dia 30 de novembro viñeron a dar unha charla ao instituto sobre o tema.

Todas estas actividades foron realizadas polo alumnado de 3º e 4º da ESO, coordinadas polo departamento de bioloxía e xeoloxía en colaboración cos departamentos de plástica, lingua galega, música, inglés e tecnoloxía. Para máis información preme aquí

LISTAS DEFINITIVAS DE LIBROS CONCEDIDOS. FONDO LIBROS XUNTA DE GALICIA

As seguintes listaxes corresponden a concesión de libros para los alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria a través do sistema Fondo de libros da Xunta de Galicia.

Estos libros serán repartidos entre o luns, día 18 e o martes, dia 19 de setembro. Nos niveis de 2º e 4º de ESO os fondos do centro son limitados. Esto implica que a Consellería ampliará estos fondos pero os alumnos e alumnas tardarán uns días en telos ( deben envialos as editoriais os centros). Esperamos que antes do 25 de setembro teñamos todos os libros repartidos. En 1º e 3º de ESO creemos estar en condicións de suministralos todos nos días sinalados.

 

LISTAS PROVISIONAIS DE GRUPOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2017-18

As presentes listas de alumnos e alumnas son provisionais e están sometidas a posibles modificacións e/ou incorporacións. Nas mesmas poden existir erros: alumnos/as non incorporados, apelidos ou nomes errados,.. Todos os erros que se detecten deben ser comunicados a Secretaría do centro para a súa corrección. As peticións de cambio de grupo se faran por escrito ( recoller o impreso en Secretaría), dirixidas o director e fundamentadas. Todas serán estudiadas e comunicarase o/a alumno/a o cambio. O prazo de entrega de peticións será do 18 ao 22 de setembro, ambos incluidos. A resposta a mesma darase antes do 30 de setembro.

 

 

DIA E HORA DE PRESENTACIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18

Publícase para coñecemento do alumnado e as súas familias do día e horas de presentación para o inicio do curso 2017-18.

  • 11:30 a 12:30 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO. ( o remate da mesma marchan do centro ata o día 18 de setembro, luns).
  • 12:30 a 13:35 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO ( continuan no centro ata as 14:25). 
  • 13:00 a 14:25 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO.
  • 16:30 a 18:00 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS.

CALENDARIO DE INICIO DO CURSO 2017-18

 

Estimados alumnos/as publícase o calendario do mes de setembro e outubro para o remate do curso 2016-17 (probas extraordinarias de setembro) e o inicio do curso 2017-18.

 

MES DE SETEMBRO.

 

  • PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO: 01 e 04 de setembro. (ver calendario)
  • AVALIACIÓNS: 05 de setembro.
  • ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS:  06 de setembro ( entre as 10:00  e 11:00 horas).  Os alumnos/as do centro deben vir a recoller as súas cualificacións e si teñen libros en préstamo  do Fondo Solidario os entregarán os/as titores/as.
  • RECLAMACIÓNS AS CUALIFICACIÓNS: 06 e 07 de setembro. ( desde as 11:00 horas do día 06 ata as 14:00 horas do día 07). Os/as reclamantes deberán cubrir impreso de solicitude de revisión en Secretaría e entregar entre as 10:00 e as 11:00 horas do día 06 de setembro.
  • MATRÍCULA DE SETEMBRO: 06 e 07 de setembro ( desde as 11:00 horas do día 06 ata as 13:00 horas do día 07).
  • LISTAXES DE GRUPOS: 13 de setembro. ( exposición pública no IES e na web).
  • PRESENTACIÓN DO ALUMNADO: 15 de setembro ( ver horario).
  • PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO LIBROS: 15 de setembro.
  • REPARTO DE LIBROS EN EDUCACIÓN SECUNDARIA FONDO LIBROS:  do 18 0 22 de setembro ( agás os libros mercados como incremento- dependemos do suministro dos mesmos).
  • REUNIÓN DAS FAMILIAS COS TITORES/AS DOS GRUPOS: Entre 25 e 28 de setembro ( organizarase un calendario por niveis e grupos).

 

MES DE OUTUBRO.

 

  • AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 02 e 05 de outubro ( avaliacións:  dias 09 e 10 de outubro)
  • REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS PARA INFORMAR DAS AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 11 e 17 de outubro. As reunións serán individualizadas e so se convocará as familias que precisen ser informadas.

Fondo solidario libros de texto CURSO 2017-18

Hoxe, día 14 de xuño, publícanse listas de admitidos/as e excluidos/as provisionais para o fondo de libros solidario.

O prazo de reclamacións as listaxes presentaranse na secretaría do IES os días 17 e 18 de xullo de 2017 (o prazo remata ás 14:00 horas do día 18 de xullo).

Para ver a lista de admitidos/as e excluidos/as premer nas seguintes ligazóns:

GAÑADORA DO 2º PREMIO DOS V PREMIOS DE ENSAIO SUBVERSIVO

 

SOFÍA SÁNCHEZ-BRUNETE, ALUMNA DE 1º DE BACHARELATO GAÑADORA DO 2º PREMIO DOS V PREMIOS DE ENSAIO SUBVERSIVO, CONVOCADOS POLO IES XELMÍREZ I.

O día 20 de xuño foi entregado o 2º Premio dos V Premios de Ensaio Subversivo a Sofía Sánchez-Brunete, alumna de 1º de Bacharelato, grupo B, polo seu ensaio “ Os refuxiados desde unha perspectiva crítica”. Este traballo foi realizado en colaboración con Carmen Aguilera Paredes, Carla Gómez Bertoa, Victor López Sayans e Xoán Domíngues San José, alumnos/as de 1º de Bacharelato, grupo A.

 

PRÉMIOS DO PROGRAMA "ATRÉVETE" NA ÁREA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

LAURA SABEL RIVAS E LUCÍA FERNÁNDEZ CAIERO, ALUMNAS DE 2º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA GAÑADORAS DOS PRÉMIOS DO PROGRAMA “ATRÉVETE” NA ÁREA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O día 19 de xuño fixéronse entrega dos premios do programa Atrévete, que ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes de ensinanza primaria e secundaria de toda Galicia nun acto celebrado no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia .A finalidade destes premios é recoñecer o esforzo, a iniciativa, a creatividade e a autonomía persoal do alumnado. Os galardoados recibiron un lector de libro electrónico como premio. A Consellería outorgou dous premios por cada categoría – primaria e secundaria e FP- e por cada convocatoria territorial do certame. A convocatoria de Santiago para Secundaria foi gañada na súa totalidade polo IES A Pontepedriña, a través das súas alumnas de 2º de ESO Laura Sabel Rivas e Lucía Fernández Caeiro.

 

 

 

Young Business Talents

 

Distribuir contido