PRÉMIOS DO PROGRAMA "ATRÉVETE" NA ÁREA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
LAURA SABEL RIVAS E LUCÍA FERNÁNDEZ CAIERO, ALUMNAS DE 2º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA GAÑADORAS DOS PRÉMIOS DO PROGRAMA “ATRÉVETE” NA ÁREA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O día 19 de xuño fixéronse entrega dos premios do programa Atrévete, que ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes de ensinanza primaria e secundaria de toda Galicia nun acto celebrado no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia .A finalidade destes premios é recoñecer o esforzo, a iniciativa, a creatividade e a autonomía persoal do alumnado. Os galardoados recibiron un lector de libro electrónico como premio. A Consellería outorgou dous premios por cada categoría – primaria e secundaria e FP- e por cada convocatoria territorial do certame. A convocatoria de Santiago para Secundaria foi gañada na súa totalidade polo IES A Pontepedriña, a través das súas alumnas de 2º de ESO Laura Sabel Rivas e Lucía Fernández Caeiro.