Día Mundial do Solo

O 5 de decembro conmemorase o día mundial do solo .Para celebralo o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía decidiu particiapar no  concurso que propón a FAO, onde se debe pintar un mural con pigmentos extraidos do solo. O lema do concurso é o seguinte: "O cuidado do planeta comenza con solo". Sabendo que   o 15 de outubro asolou Galicia unha vaga de incendios e que  os incendios ademais do dano que se observa nas árbores tamén ten efectos fortes sobre o solo. Que podemos nós como cidadanía aportar a solución deste problema? Con esa idea pintouse un mural de 3mx2m no vestíbulo do instituto o 30 de novembro.

mural

Se premes na imaxe poderás vela en maior tamaño e resolución. (mural pintado por : Silvia Fuentes, Iria Febrero, Irene García, Paula Alfonsín e Cristina Díaz, coordinadas por Estela Pintos)

Ademais organizouse unha visita a Ponte Caldelas, localidade moi afectada polos incendios. Nesta visita púdose observar que especies arbóreas arderon máis e cales sobreviviron. A visita foi guíada por Rafael Zas e Gloria Bustingorri que participan en actividades voluntarias de recuperación do monte.Cristina e Laura fixeronlle unha entrevista a Rafael Zas onde afondaron tanto nas causa como nos efectos dos incendios.  Tamén o dia 30 de novembro viñeron a dar unha charla ao instituto sobre o tema.

Todas estas actividades foron realizadas polo alumnado de 3º e 4º da ESO, coordinadas polo departamento de bioloxía e xeoloxía en colaboración cos departamentos de plástica, lingua galega, música, inglés e tecnoloxía. Para máis información preme aquí