CALENDARIO DOS MESES DE SETEMBRO E OUTUBRO DO IES A PONTEPEDRIÑA. CURSO 2018-19

 

CALENDARIO INICIAL PARA CURSO 2018-19

MES DE SETEMBRO

  • LISTAXES DE GRUPOS: 14 de setembro. ( exposición pública no IES e na web).
  • PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO LIBROS: 14 de setembro.
  • PRESENTACIÓN DO ALUMNADO: 17 de setembro ( ver horario).
  • REPARTO DE LIBROS EN EDUCACIÓN SECUNDARIA FONDO LIBROS:  do 17 0 21 de setembro (agás os libros mercados como incremento- dependemos do suministro dos mesmos).
  • REUNIÓN DAS FAMILIAS COS TITORES/AS DOS GRUPOS: Entre 24 e 28 de setembro ( organizarase un calendario por niveis e grupos).

 

MES DE OUTUBRO

  • AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 02 e 05 de outubro ( avaliacións:  dias 08 e 09 de outubro)
  • REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS PARA INFORMAR DAS AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 15 e 19 de outubro. As reunións serán individualizadas e so se convocará as familias que precisen ser informadas.

Listas provisionais de alumnos/as con libros e vales de material escolar. Curso 2018-19

Publicación das listaxes provisionais de alumnos e alumnas os que se lles concede libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta e vales para material escolar para o curso 2018-19.

Libros de texto de ESO e Bacharelato para o curso 2018-19

A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2018-2019 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.

Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais necesarias para poder impartila.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE SETEMBRO

 

3 e 4 de setembro:

  • Exames de setembro.

6 de setembro:

  • Na sala de usos múltiples:

  • 9:00 – 9:30: Entrega cualificacións ao alumnado de Bacharelato.

  • 9:30 – 11:30: Entrega cualificacións ao alumnado de ESO e FPB.

  • 09:30 – 12 :00: Petición de revisión de exames.

  • 09:30 – 14:00: Revisión de exames e presentación de reclamacións aos departamentos.

7 de setembro: 09:00 – 14:00: Presentación de reclamacións aos departamentos.

6 e 7 de setembro: 9:00 – 14:00: Matrícula alumnado de ESO e Bacharelato.

10 de setembro:

  • 09:30 – 10:30: Notificación das resolucións das reclamacións ás/aos interesadas/os.

17 de setembro: (En horarios por determinar):

  • Presentación do alumnado de ESO e Bacharelato (atendido polo equipo directivo e titores/as).
  • Pola tarde, presentación do alumnado de ciclos formativos.

Guia de verán 2018

Esta é a guía de verán 2018 onde a Biblioteca do IES Pontepedriña recomenda libros

Si queres descargala preme aquí

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018-19

A Orde do 09 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio de 2018) regula o procedemento para solicitar os libros do fondo solidario e as axudas para material escolar para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

  1. O prazo para solicitar as axudas vai entre o día 22 de maio e o 22 de xuño de 2018.

  2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática Fondolibros(https://www..edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( https ://sede.xunta.gal). Opcionalmente poderanse presentar no IES.

  3. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365( https://sede.xunta.gal/chave365).

  4. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.

  5. O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo ( http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.

  6. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos, agas que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2016. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2016.

  7. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:

  • Anexo II ( comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2016.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado de Convivencia
  • Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da famlia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.

Para mais información prema aquí.

 

CALENDARIO PARA A MATRÍCULA DE ALUMNADO. CONVOCATORIA DE XUÑO

ALUMNADO EDUCACIÓN SECUNDARIA, FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA E BACHARELATO.

  • Matrícula para os/as alumnos/as de 3º e 4º de ESO: días 25 e 26 de xuño.

  • Matrícula para os/as alumnos/as de 1º e 2º de ESO: días 28 e 29 de xuño.

  • Matrícula para os/as alumnos/as de bacharelato: 02 e 03 de xullo.

  • Matrícula para os/as alumnos/as de ciclos formativos de 2º ano: días 25 e 26 de xuño.

Os/as alumnos/as que se matriculan no mes de xuño para 1º de Educación Secundaria procedentes dos CEIP Ramón Cabanillas, CEIP Os Tilos e CEIP Lamas de Abade, recibirán nos seus centros de Primaria os sobres de matrícula así como as instruccións de matrícula para axilizar o proceso.

Os/as alumnos/as que se matriculan no mes de xuño para 2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato e xa están matriculados no IES A Pontepedriña recibirán os sobres de matrícula o día de entrega de cualificacións.

Todos os documentos para a matrícula tamén se atopan na nosa páxina web dentro dos apartados ALUMNADO E FAMILIA.

CALENDARIO DE FINAL DE CURSO DO IES A PONTEPEDRIÑA

  • Ultimo día de clase para 2º de bacharelato: 22 de maio.

  • Reclamacións de 2º de bacharelato: 23 e 24 de maio ( ata as 14:00 horas).

  • Ultimo día de clase para Educación Secundaria, 1º de bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Formativos: 21 de xuño.

  • Entrega de cualificacións en Ciclos Formativos: 22 de xuño, ás 16:30 horas.

  • Entrega de cualificacións de Educación Secundaria, FPB e 1º de bacharelato: 25 de xuño ás 09:30 horas.

  • Reclamacións ás cualificacións da avaliación ordinaria de xuño: desde o 25 de xuño ás 10:30 horas ata o 26 de xuño ás 14:00 horas.

    Si se quere ver o documento completo preme aquí.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2018-19

 

O día 01 de marzo de 2018 abriuse o prazo de solicitude de prazas para o IES A Pontepedriña. Este prazo remata o día 20 de marzo.

Para coñecer as prazas vacantes, información sobre o proceso de admisión ( documentación necesaria,..) e Baremo de admisión podes abrir ou descargar os arquivos que a continuación se relacionan:

INFORMACIÓN PARA OS/AS SOLICITANTES DE PRAZA NO PROCESO DE ADMISIÓN. CURSO 2018-19

  • Prazas 1º de E.S.O.: Todos/as admitidos/as.
  • Prazas 2º de E.S.O.: Todos/as admitidos/as.
  • Prazas 3º de E.S.O.. Todos/as admitidos/as
  • Prazas 4º de E.S.O.: Todos/as admitidos/as.
  • Prazas 1º de Bacharelato Ciencias: Todos/as admitidos/as
  • Prazas 1º de bacharelato Humanidades: Todos/as admitidos/as.

Para calqueira información adicional poden chamar a Secretaría do IES en horario de 09:00 a 14:00 horas.

1º Premio no Concurso da FAO

No artigo anterior falamos do Día Mundial do Solo e o mural que se fixo con pigmentos naturais. Este mural presentámolo ao "Soil Painting Competition" (concurso de pintura cos pigmentos do solo) da FAO e resultou elexido o primeiro no nivel de 12 a 18 anos.

Noraboa a todas e todos os participantes!!!

Aquí está o vídeo que se enviou ao concurso para contar a historia que inspirou o mural.

 

After the Fire_Despois do lume_(FAO-Pontepedriña) from Nicolás Lucas on Vimeo.

Para máis información premede aquí

Distribuir contido