Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A través da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva,

  • O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
  • Requisitos:

a) Estar cursando educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18.

c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de Ben para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes. ( remata o día 5 de marzo de 2019).

Para máis información este é o enlace a Orde:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190220_lingua_alumnado.pdf.

No IES estamos a vosa disposición para calquer dúbida que teñades.

21 días co galego

Hoxe empeza o proxecto: "21 días co galego". Se premes na imaxe accedes ao blogue que nos vai guiar en todo o proxecto.

Ímolo lograr!!!

Recomendacións lectoras para o nadal

Como todos os anos, aquí están as recomendacións lectoras para o nadal

Preme aquí para acceder a elas

Un antigo alumno do IES Pontepedriña nº 1 da súa especialidade en Enxeñería Aeroespacial na U.P. de Madrid

Ignacio García Irimia, que foi alumno do noso instituto, vén de ser recoñecido pola Universidade Politécnica de Madrid como o mellor expediente da promoción que o curso pasado rematou os estudos de Enxeñería Aeroespacial na especialidade de Aeroportos e Transporte Aéreo.

A entrega das correspondentes distincións levouse a cabo nun acto presidido polo Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, celebrado o pasado 14 de decembro no Aeródromo de Cuatro Vientos, en Madrid, ao que tamén asistiu invitado un representante do profesorado do noso centro.

O rector da UPM, Nacho e o director da ETSIAE durante o acto de entrega de diplomas

Ademais de expresarlle a Nacho e á súa familia os nosos parabéns, queremos manifestar que, como non pode ser doutro xeito, ese feito é un motivo de enorme ledicia para toda a comunidade educativa deste instituto.

Así mesmo, queremos agradecer ao rectorado da citada universidade e á dirección da Escuela Técnica Superior de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio a placa de recoñecemento do noso labor que nos foi entregada nese mesmo acto.

Bravo, Nacho! Alegrías coma esta son dos mellores alicientes que todos temos para seguir adiante coas nosas tarefas!

Nacho en 2014 no acto de fin de curso

Nacho durante o acto de despedida dos alumnos de 2º de bacharelato no curso 2013-14

25 de Novembro Día contra a Violencia de Xenero

No IES Pontepedriña mostramos a nosa repulsa a violencia de xenero facendo diferentes actividades para concienciar da necesidade da igualdade para poder acabar coa violencia.

Unha desas actividades foi a realización dunha actuación do alumnado de Valores onde reflexaban situacións de control que se deben evitar, mesturadas con datos sobre a violencia machista.Para ver o vídeo preme aquí

Ademais o alumnado reflexionou sobre situación que poden resultar machistas e creouse un "Eneálogo contra o machismo"

Tamén se está realizando un maratón de  lectura.

 

 

After the Fire

Este verano celebrouse  en Santiago as xornadas  "Landcare for the future". Landcare Project., onde participou  a delegación galega de SECS (Sociedad Española Ciencias del Suelo). No stand da delegación galega estaba presente o proxecto "After the Fire" levado a cabo o ano pasado no centro, mediante un poster explicando o traballo feito e unha réplica do mural ganador do concurso do ano pasado organizado pola FAO. 

participantes do proxecto coas camisetas que regalou a SECS

Estela e Nico no stand das xornadas

 poster presentado as xornadas

músicas do proxecto coas camisetas que regalou a SECS

 

participantes do proxecto coas camisetas que regalou a SECS

Para máis información de todo o proxecto preme aquí

LIBROS EN PRÉSTAMO CONCEDIDOS POLA AMPA DO IES A PONTEPEDRIÑA . CURSO 2018-19

A AMPA do IES A Pontepedriña, através da dirección do centro publica a relación de libros prestados do seu fondo para o alumnado do IES. 

O Préstamo realizouse seguindo os criterios expostos no seu momento e atendendo prioritariamente o alumnado que é socio da AMPA e que donou libros o fondo e seguindo na medida do posible o principio de proporcionalidade ( deixar tantos como libros son doados). De todos modos, dado o reducido do fondo en algúns niveis este principio non pode ser absoluto.

A dirección do IES repartirá estos libros entre o venres, día 21 e o luns día 24 de setembro, despois de repartir os libros do Fondo Solidario da Xunta.

Después de poner este texto iria un enlace con el siguiente título:

Lista de libros concedidos en préstamo pola AMPA.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DA XUNTA DE GALICIA. CURSO 2018-19. LISTAS DEFINITIVAS DE LIBROS CONCEDIDOS.

As seguintes listaxes corresponden a concesión de libros para los alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria a través do sistema Fondo de libros da Xunta de Galicia. Non están contempladas nas mesmas nin os fondos do centro nin os fondos da AMPA. Estos fondos serán publicados entre o día 17 e 18 de setembro.

Estos libros serán repartidos entre o mércores, día 19 e o venres, dia 21 de setembro. Os fondos que o centro posue permite entregar casi todos os libros os/as alumnos/as que teñen as concesións. Tan só un número reducido deles ( concéntranse en 3º de ESO- uns 6 alumnos/as) pode verse afectado pola falta de fondos e a necesidade de encargalos as librerías e/ou editoriais. Isto pode retrasar a entrega dalgúns libros.

LISTAS PROVISIONAIS DE GRUPOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2018-19

As presentes listas de alumnos e alumnas son provisionais e están sometidas a posibles modificacións e/ou incorporacións. Nas mesmas poden existir erros: alumnos/as non incorporados, apelidos ou nomes errados. Todos os erros que se detecten deben ser comunicados a Secretaría do centro para a súa corrección. As peticións de cambio de grupo se faran por escrito (recoller o impreso en Secretaría), dirixidas o director e fundamentadas. Todas serán estudiadas e comunicarase o/a alumno/a o cambio. O prazo de entrega de peticións será do 18 ao 21 de setembro, ambos incluidos. A resposta a mesma darase antes do 28 de setembro.

Horario de Presentacións do alumnado para o día 17 de setembro

 

CALENDARIO PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRIÑA

 

DÍA 17 DE SETEMBRO DE 2018

  • 11:30 a 12:30 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO. ( o remate da mesma marchan do centro ata o día 18 de setembro, martes).
  • 12:30 a 13:35 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO E FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA ( continuan no centro ata as 14:25). 
  • 13:00 a 14:25 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO.
  • 16:30 a 18:00 horas: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS.

As presentacións realizaranse no novo Salón de Actos do IES (antigo ximnasio).

Distribuir contido