Traballos no confinamento do Departamento de Educación Plástica, Visual e Artística
Enviado por anxa o Dom, 24/05/2020 - 18:20FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020-21
A Orde do 12 de maio de 2020 (DOG do 19 de maio de 2020) regula o procedemento para solicitar os LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
3. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365( https://sede.xunta.gal/chave365).
4. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.
6. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
7. O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo ( http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.
8. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profe-sional básica no curso 2020/21 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos, agas que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2016. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2016.
10. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2016.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado de Convivencia
- Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da famlia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial.
11. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
12. O centro publicará as listaxes provisionais o 10 de xullo de 2020. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos días seguintes a esta listaxe. As listaxes definitivas publicaránse o 14 de setembro.
AXUDA MATERIAL ESCOLAR
Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.
Para mais información prema aquí.
Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21 e datas para formalización da matrícula.
O IES A Pontepedriña informa da reapertura do IES para actividades administrativas.
O horario de atención ao público será das 10:00 ás 13:00 horas, de luns a venres.
Prazos para procedemento de admisión:
- O procedemento de admisión do alumnado iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
Prazos para formalización de matrícula:
- A formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Durante o mes de xuño publicaremos un calendario detallado de matrícula para Educación Secundaria e Bacharelato.
- Prazo extraordinario de matrícula: do 1 ao 10 de setembro de 2020. O calendario detallado será publicado no mes de xullo.
INFORMACIÓN SOBRE HORARIOS DE CLASES ON LINE E ACLARACIÓN DE DÚBIDAS NO ACCESO A AULA VIRTUAL
Estimados/as alumnos e alumnas do IES A Pontepedriña, para favorecer o voso acceso a plataforma Aula Virtual, solucionar dúbidas sobre outros aspectos telemáticos e informarvos dos horarios de clases on line, atoparedes no apartado Alumnado dous subespazos. Un deles titulado “ Como acceder á Aula Virtual e outras dúbidas” ( para acceder prema aquí) e outro co título “Horarios clases on line por cursos” (para acceder prema aquí).
NOVOS CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E NOVAS TAREFAS PARA O ALUMNADO
O IES A Pontepedriña, ao abeiro das Instrucións da Consellería de Educación do 27 de abril de 2020, publica os novos criterios de avaliación, así como os novos tipos de tarefas a realizar durante o 3º trimestre.
As tarefas serán de dous tipos:
- Tarefas de recuperación das avaliacións suspensas e das materias pendentes de anos anteriores.
- Tarefas de repaso, reforzo e ampliación que permitirán mellorar a cualificación final do curso.
Os criterios de avaliación dos Departamentos didácticos enmárcanse nos criterios xerais de centro.
Os Departamentos didácticos aclararán nas súas instrucións as tarefas a realizar, como se cualifican esas tarefas e cal é o seu peso na cualificación final de cada materia.
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRIÑA SOBRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN
O profesorado do IES A Pontepedriña está traballando para adaptar as programacións didácticas e os criterios de recuperación e avaliación ás novas instrucións do Ministerio de Educación e da Consellería de Educación para o 3º trimestre, que se están a coñecer estes días.
Por este motivo, entre o 23 de abril e o 29 de abril, imos actualizar estes criterios e as novas tarefas para o alumnado e o día 30 de abril serán publicadas.
INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS EN RELACIÓN A 2ª AVALIACIÓN
O IES A Pontepedriña informa que a Consellería de Educación da por pechada a 2ª avaliación. Só son avaliables as actividades, probas,… realizadas ata a data na que se declarou o estado de alarma.
Avaliaremos ao alumnado o día 30 de marzo. Os/as Titores/as dos grupos comunicarán ás familias e alumnado o resultado do proceso de avaliación a través de ABALAR, correo electrónico, teléfono ou calquera outro medio de comunicación e resolverán as dúbidas que teñan sobre este proceso.
As familias que teñen ABALAR recibirán automaticamente as cualificacións o día 31 de marzo ás 10:00 horas.
INFORMACIÓN SOBRE A SAÍDA EXTRAESCOLAR A DUBLÍN
O departamento de Inglés informa que a excursión que se ía a realizar a Dublín entre o 14 e 19 de abril queda suspendida.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »