NOVOS CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E NOVAS TAREFAS PARA O ALUMNADO
O IES A Pontepedriña, ao abeiro das Instrucións da Consellería de Educación do 27 de abril de 2020, publica os novos criterios de avaliación, así como os novos tipos de tarefas a realizar durante o 3º trimestre.
As tarefas serán de dous tipos:
- Tarefas de recuperación das avaliacións suspensas e das materias pendentes de anos anteriores.
- Tarefas de repaso, reforzo e ampliación que permitirán mellorar a cualificación final do curso.
Os criterios de avaliación dos Departamentos didácticos enmárcanse nos criterios xerais de centro.
Os Departamentos didácticos aclararán nas súas instrucións as tarefas a realizar, como se cualifican esas tarefas e cal é o seu peso na cualificación final de cada materia.
Para ver en detalle os criterios xerais de centro e os criterios de cada Departamento didáctico ir ao apartado DEPARTAMENTOS /Tarefas de recuperación, repaso e ampliación e criterios de cualificación ou prema aquí.
Para Formación profesional débese ir a FORMACIÓN PROFESIONAL/ Tarefas de recuperación, repaso e ampliación e criterios de cualificación ou prema aquí.