COMUNICADO DO IES A PONTEPEDRIÑA

A comunidade educativa do IES A Pontepedriña lamenta a perda dun dos seus exalumnos, Bran Diéguez Rodríguez, nun accidente no día de hoxe, 13 de xaneiro de 2022.

Bran Diéguez Rodríguez foi alumno deste centro desde o curso 2011/2012 ata o curso 2016/2017. Cursou neste IES toda a Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato.

Queremos expresar as nosas sentidas condolencias á súa familia por tan irreparable perda. Sempre estará no noso recordo pola súa intelixencia, traballo, participación en todas as actividades, cordialidade e humor.

LIBROS EN PRÉSTAMO DO FONDO SOLIDARIO DA XUNTA

O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes de libros concedidos no Fondo Solidario da Xunta de Galicia.

Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes de libros concedidos.

Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365.

O reparto dos mesmos producirase entre os días 20 e 22 de setembro, agás os libros que teñan que ser mercados ante a falta de existencias (nestes casos pode existir unha demora de varios días).

LISTAS DOS GRUPOS DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2021-22

O IES A Pontepedriña publica as listaxes de alumnado por grupos. Para axustarse a Lei de protección de datos, nas mesmas tan só figura o NIF ou NIE. No caso que non figure o NIF ou NIE ( na maioría dos casos por non figurar nos impresos de matrícula) aparece o número de expediente. Se non ten ese número pode chamar a Secretaría do centro e facilitaranlle a información.

Para ver as listaxes prema aquí.

INFORMACIÓN SOBRE O COMEZO DO CURSO 2021-22

Estimados/as alumnos/as, pais/nais, coa idea de mantervos informados/as ante o inicio de curso, O IES A Pontepedriña comunica:

  • Non foi autorizado pola Consellería o horario que tiñamos no curso 2020-21. O alumnado de ESO e Bacharelato terá o seguinte horario:
  • Comezo das clases ás 08:45 horas e remate as 14:25 horas todos os días da semana. Os martes pola tarde horario de 16:30 horas ata 18:10 horas.
  • O alumnado de Formación Profesional mantén o horario existente.
  • As presentacións realizaranse os días 15, 16 e 17 de setembro. O día 15 presentarase o alumnado de 1º e 2º de ESO e 1º de Ci clos Formativos, nas modalidades ordinaria e Dual; o día 16 presentarase o alumnado de 1º de Bacharelato, 3º e 4º de ESO e 2º de Ciclos Formativos e 2º de CS de Marketing e Publicidade a Distancia (presentación telemática) e o día 17 presentarase o alumnado de 2º de Bacharelato e 1º e 2º de Formación Profesional Básica. Para ver o calendario de presentación polo miudo prema aquí.
  • As listaxes dos grupos publicaranse o luns, día 13 de setembro. Todas as familias que teñan descargado Abalar móbil poderán ver o grupo a través dos seus terminais
  • As listaxes de libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta publicaranse o día 14 de setembro.
  • As listaxes de libros en préstamo do Fondo do IES e Fondo da AMPA publicaranse o día 15 de setembro.
  • O reparto dos libros o alumnado realizarase entre os días 20 e 22 de setembro.
  • O día 15 o transporte escolar non funcionará a primeira hora pero recollerá o alumnado ás 14:25 horas. Desde o día 16 de setembro funcionará con normalidade.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS DO IES A PONTEPEDRIÑA. CALENDARIO DO MES DE SETEMBRO.

O IES A Pontepedriña informa do calendario para a primeira quincena do mes de setembro. Para acceder o calendario prema aquí.

O comezo do curso será o 15 de setembro. O horario e días de presentacións publicarase o 10 de setembro.

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. CURSO 2020-21

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. CURSO 2020-21.

O IES A Pontepedriña publica o calendario e horarios das probas Extraordinarias de setembro. Estas probas desenvolveranse  os días 01 e 02 de setembro de 2021 para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, 1º de Formación Profesional Básica e Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios e Ciclo Superior de Xestión e vendas, ambos na modalidade DUAL.

- Calendario probas extraordinarias de setembro de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de Bacharelato.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de 1º de F.P.B.
- Calendario probas extraordinarias de setembro Ciclos Formativos da modalidade de DUAL.

LISTAS PROVISIONAIS DE ALUMNOS/AS CON LIBROS E VALES DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-22

Publicación das listaxes provisionais de alumnos e alumnas que teñen concedidos libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta e vales para material escolar para o curso 2021-22.

Pola lei de protección de datos non podemos exponer as listaxes fora do centro educativo, nin na páxina web. Estarán nos taboleiros de anuncios do IES A Pontepedriña.

Ábrese un prazo de reclamación a estas listaxes que remata o día 14 de xullo.

As listaxes definitivas publicaránse entre os días 07 e 10 de setembro.

O reparto dos libros realizarase entre o 15 e o 24 de setembro.

Aqueles/as que teñan concedidos vales para material escolar poden pasar a recollelos polo centro desde o día 13 de xullo en horario de 10:00 a 13:30 horas.

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2021-22

A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2021-2022 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.

Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais necesarias para poder impartila.

ALUMNADO FP DUAL

Todo o alumnado que sexa admitido nas listas que se publicarán o día 05 de xullo de 2021 teñen que participar no proceso de selección.

Os candidatos/as deberán asistir obrigatoriamente a unha reunión informativa e posteriormente participar nas entrevistas das empresas nas que estan interesados.

As reunións terán lugar no Salón de Actos do IES A Pontepedriña nas seguintes datas:

Distribuir contido