FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-24
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.
1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2023 ata o 21/06/2023, ambos os dous inclusive.
2. O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non teña praza en FPB no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda poderán presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación informática fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros).
4. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
5. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
6. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.
7. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
8. Os anexos I e II, que debe presentarse, está dispoñible: no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) ou na Secretaría do IES.
9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos, agás que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2021. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2021.
10. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) .
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2021.
- Certificado de Convivencia, no caso de que o pai e a nai ou titor /es carezan de DNI e NIE.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida (se non pode ser polos medios anteriores).
- Certificado ou volante de convivencia (se non pode ser polos medios anteriores).
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial.
- En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
- O centro publicará as listaxes provisionais o 12 de xullo de 2023. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos 2 días seguintes a esta publicación. As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023.
AXUDA MATERIAL ESCOLAR
Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.
Para mais información prema aquí.
VI Concurso de Booktrailers do IES A Pontepedriña
O ENDL do IES A Pontepedriña convoca o VI Concurso de Booktrailers, un certame de videos que ten como obxectivo promover a lectura de libros en galego e a creatividade audiovisual do alumnado.
Poderán concursar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos de centros educativos sostidos con fondos públicos de toda Galicia.
Podes ler as bases deste VI Concurso no seguinte enlace.
Os traballos en soporte dixital (en calquera formato) enviaranse por correo electrónico ao enderezo de normalización lingüística do centro: endlpontepedrina@gmail.com
O prazo para concursar vai do 26 de abril ata o 26 de maio.
Animádevos a participar. As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com
RESERVA ALUMNADO - CURSO 2023-24
- O alumnado que solicitou praza polo procedemento de reserva para 1º de ESO está todo admitido. Pode consultar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado , ou chamando a Secretaría do IES A Pontepedriña.
- O alumnado que solicitou praza polo procedemento de reserva para 1º de bacharelato, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais está todo admitido. Pode consultar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado , ou chamando a Secretaría do IES A Pontepedriña.
- O alumnado que solicitou praza polo procedemento de reserva para 1º de bacharelato, na modalidade de Ciencias debe ser baremado ao existir máis solicitudes que vacantes. O procedemento a seguir para presentar a documentación paa baremar é o mesmo que se recolle no apartado referente a ADMISIÓN DE ALUMNADO.
ADMISIÓN ALUMNADO. CURSO 2023-24
1.- A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación “admisionalumnado” ou cumprimentarse na mesma aplicación.
2.- Tamén pode ser tramitada a través da Sede Electrónica.
3- A explicación do procedemento, así como acceder a aplicación “admisiónalumnado” atópase na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
4.- Documentación:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
- Convenio regulador ou resolusión xudicial de sepàración xudicial ou divorcio, se é o caso.
- Modelo / impreso de solicitude (prema aquí).
- Outra documentación que hai que presentar (só no caso de máis solicitudes que prazas e teñamos que baremar): A correspondente que figura no Decreto de Admisión (prema aquí).
5.- Tamén débese manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios (Transporte).
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
O ENDL do IES A Pontepedriña convoca CONCURSO DE CALACÚS
- Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.
- Podes ler as bases deste Concurso premendo aquí.
- Trae a túa cabaza ao centro o 26 de outubro
- Animádevos a participar.
Plan dixital 22/23
Enviado por anxa o Lun, 10/10/2022 - 03:47Preme aquí para acceder ao plan dixital do centro para o curso 22/23
I Concurso de EPITAFIOS
- O ENDL do IES A Pontepedriña convoca I CONCURSO DE EPITAFIOS: “De morte morrida”
- Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.
- Podes ler as bases deste I Concurso no seguinte enlace.
- O prazo para concursar remata o 28 de outubro de 2022
- Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com
LISTAS DOS GRUPOS DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2022-23
O IES A Pontepedriña, para axustarse a Lei de protección de datos, publica as listaxes de alumnado por grupos da seguinte maneira: tan só figura o NIF, NIE ou Pasaporte do alumno/a. O procedemento para a determinación aleatoria do catro cifras numéricas que se publican do código de identificación dun interesado foi realizado a través do proceso de selección aleatoria celebrado o 27 de febreiro de 2019 na Axencia de Protección de Datos. Como medida adicional, a orde dos códigos de identificación son aleatorios (a listaxe non está por orde alfabética do alumnado).
INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS DO IES A PONTEPEDRIÑA. Curso 2022-23
O IES A Pontepedriña informa do calendario do mes de setembro.
-
As listaxes dos grupos publicaranse o luns, día 06 de setembro. As familias que teñan descargado Abalar móbil poderán ver o grupo a través dos seus terminais. Pola lei de protección de datos non serán publicados os nomes do alumnado. Seguindo as orientacións da Axencia de Protección de datos o procedemento será o seguinte: ocultar aleatoriamente tres díxitos do DNI /NIE ou Pasaporte.
-
As listaxes de libros en préstamo do Fondo do IES e Fondo da AMPA para 2º e 4º de ESO publicaranse o día 8 de setembro.
-
O día 08 de setembro comeza o curso 2022-23 coa PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. Para ver os horarios de presentación do alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato prema aquí. Para ver os horarios de presentación do alumnado de Formación Profesional prema aquí.
-
O día 08 de setembro o transporte escolar non funcionará a primeira hora pero recollerá o alumnado ás 14:25 horas. Desde o día 09 de setembro funcionará con normalidade.
-
O reparto dos libros de préstamo do Fondo Solidario da Xunta, Fondo IES e Fondo AMPA do alumnado de 2º e 4º de ESO realizarase entre os días 09 e 16 de setembro.
-
O reparto dos libros de préstamo do Fondo Solidario da Xunta do alumnado de 1º e 3º de ESO intentaremos realizalo entre os días 09 e 16 de setembro se ben pode demorarse (son libros novos e dependemos das entregadas das editoriais).
-
AVALIACIÓNS INICIAIS: Probas entre o 19 e 23 de setembro. As avaliacións: días 26 e 27 de setembro.
-
REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS PARA INFORMAR DAS AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 28 e 30 de setembro.
LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2022-23
A relación de libros de texto para a ESO e bacharelato no curso 2022-2023 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.
Os libros de texto para 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato son libros adaptados aos currículo LOMLOE. Isto implica que o centro xa non dispón de libros en préstamo do seu fondo para estos cursos.
Para os cursos de 2º e 4º de ESO e 2º de Bacharelato mantense os libros de cursos anteriores.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »