ENTROIDO 2024

 

O ENDL do IES A Pontepedriña convoca “Concurso de disfraces e Concurso de doces” ENTROIDO 2024.

Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.

Podes ler as bases destes concursos nos seguintes enlaces:

Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

II Concurso de epitafios "De morte morrida"

  • O ENDL do IES A Pontepedriña convoca II CONCURSO DE EPITAFIOS: “De morte morrida”

  • Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.

  • Podes ler as bases deste I Concurso no seguinte enlace.

  • O prazo para concursar remata o 27 de outubro de 2023

  • Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

Concurso de Calacús

  • Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.

  • Podes ler as bases deste Concurso premendo aquí.

  • Trae a túa cabaza ao centro o 30 de outubro

  • Animádevos a participar.

PRESENTACIÓN DE CICLOS NA MODALIDADE A DISTANCIA

Dado que temos detectado problemas en algún alumnado para poder acceder a presentación telemática, enviamos de novo enlace.

Preme aquí para acceder a reunión.

LISTAS DOS GRUPOS DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2023-24

O IES A Pontepedriña, para axustarse a Lei de protección de datos, publica as listaxes de alumnado por grupos da seguinte maneira: tan só figura o NIF, NIE ou Pasaporte do alumno/a. O procedemento para a determinación aleatoria do catro cifras numéricas que se publican do código de identificación dun interesado foi realizado a través do proceso de selección aleatoria celebrado o 27 de febreiro de 2019 na Axencia de Protección de Datos. Como medida adicional, a orde dos códigos de identificación son aleatorios (a listaxe non está por orde alfabética do alumnado).

CALENDARIO DO MES DE SETEMBRO DO IES A PONTEPEDRIÑA. CURSO 2023-2024

As listaxes dos grupos publicaranse o luns, día 08 de setembro. As familias que teñan descargado Abalar móbil poderán ver o grupo a través dos seus terminais.

- O día 11 de setembro comeza o curso 2023-24 coa PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. Para ver o horario de presentación prema aquí.

- O día 11 de setembro o transporte escolar non funcionará á primeira hora pero recollerá o alumnado ás 14:25 horas. Desde o día 12 de setembro o transporte escolar funcionará con normalidade.

- O reparto dos libros de préstamo do Fondo Solidario da Xunta, realizarase entre os días 11 e 15 de setembro.

- AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 25 e 28 de setembro.

- REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS PARA INFORMAR DAS AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 02 e 05 de outubro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-24

O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes definitivas de libros concedidos no Fondo Solidario da Xunta de Galicia, así como os excluídos do mesmo.

Tamén se atopan os cheques de material a disposición das familias.

Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes na web.

Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365.

Repartiremos os cheques de material desde o día 27 de xullo en horario de oficina: 09:00 horas a 14:00 horas (preguntar en Conserxería).

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-24

O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes de libros concedidos (só aparece o número de libros concedidos) no Fondo Solidario da Xunta de Galicia, así como os excluídos do mesmo.

Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes na web.

Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365.

Durante os días 13 e 14 de xullo ( ata as 14:00 horas) ábrese prazo de reclamación ás listaxes provisionais.

O día 26 de xullo publicaranse as listaxes definitivas. Desde este días poderanse recoller os vales de axuda para material escolar.

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO E FAMILIAS DO IES A PONTEPEDRIÑA

Recollida de cualificacións e entrega de libros en préstamo.

O alumnado de Bacharelato e Educación Secundaria recibirán as súas cualificacións e devolverán os libros que teñen en préstamo o DÍA 26 DE XUÑO. O horario é o seguinte:

  • Alumnado de Bacharelato: 10:00 horas.
  • Alumnado de 4º e 3º de Educación Secundaria: 11:00 horas.
  • Alumnado de 2º e 1º de Educación Secundaria: 12 horas.

Reclamacións as cualificacións finais en Educación Secundaria e da Convocatoria Extraordinaria en Bacharelato.

Reclamación ás cualificacións en 2º de Bacharelato.

  • Reclamación ás cualificacións de Bacharelato nos centros: 26 e 27 de xuño.
  • Resolución das reclamación nos centros: 28 de xuño.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial :29 e 30 de xuño.
  • Comunicación das reclamación ante a Xefatura Territorial: 06 de xullo.
  • Matrícula extraordinaria para alumnado que aprobe 2º de bacharelato despois das resolución da Xefatura Territorial: 07 de xullo.

Reclamacións ás cualificacións de Educación Secundaria e Bacharelato.

  • Reclamación ás cualificacións nos centros: 26 e 27 de xuño.
  • Resolución das reclamación nos centros: 28 de xuño.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial :29 e 30 de xuño.

Reclamacións ás cualificacións de Formación Profesional.

  • Reclamación ás cualificacións nos centros: 26 e 27 de xuño.
  • Resolución das reclamación nos centros: 28 de xuño.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial :29 e 30 de xuño.

Matrícula do alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato.

  • O alumnado de Educación Secundaria e bacharelato do IES A Pontepedriña, que xa tivera realizada a pre-matrícula durante este mes de xuño, NON TEÑEN QUE FACER A MATRÍCULA.
  • O alumnado dos centros adscritos de Educación Secundaria e Bacharelato que xa tiveran realizada a pre-matrícula durante este mes de xuño, NON TEÑEN QUE FACER A MATRÍCULA.
  • O alumnado que NON fixera pre-matrícula debe matricularse entre o día 23 e 30 de xuño na Secretaría do centro ( horario de atención: 09:00 a 14:00 horas)

Matrícula do alumnado de 2º de Formación Profesional

  • O alumnado que PROMOCIONA A 2º CURSO debe matricularse o día 23 de xuño, no seguinte horario:
    • Alumnado Ciclo Medio Actividades Comerciais: 10:00 horas.
    • Alumnado Ciclo Superior Comercio Internacional: 11:00 horas.
    • Alumnado Ciclo Superior Xestión e Vendas: 12:00 horas. Alumnado de Formación Profesional Básica: 13: 00 horas
  • Alumnado de calquera ciclo formativo pendente de realizar as FCT´s( Formación en centros de traballo-prácticas-) e/ou Proxecto de fin de Ciclo: 07 de xullo ( 09:00 a 14:00 horas)

Matrícula do alumnado para 1º de Formación Profesional, Formación Dual e Formación a Distancia.

O alumnado que desexe facer Formación profesional ten toda a información en https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp ( Oferta e Convocatoria para o curso 2023-24)

Distribuir contido