CONVOCATORIA DO ALUMNADO DO C.S. DE COMERCIO INTERNACIONAL PARA A PRESENTACIÓN E DEFENSA DO PROXECTO DE FIN DE CICLO
O IES A Pontepedriña informa o seu alumnado de Formación provisional do Ciclo Superior de Comercio Internacional dos días e horas nos que debe presentarse para presentar e defender o seu Proxecto de fin de ciclo.
Para ver calendario e horarios prema aquí.
PROBAS LIBRES PARA OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL(LOE). CURSO 2021/2022
O IES A Pontepedriña comunica o calendario de probas libres para obtención de títulos de FP (LOE).
- XORNADA DE ACOLLEMENTO (de asistencia obrigatoria para as persoas matriculadas): 03 de xuño de 2022, ás 16:00 horas. Lugar: Aula 12.
- CALENDARIO DE EXAMES:
- Ciclo Superior de Transporte e Loxística.
- 1ª parte da proba: Día 08 de xuño de 2022.
- 16:30 horas: Transporte internacional de mercadorías
- 18:30 horas: Xestión administrativa do comercio internacional
- 2ª parte da proba: Día 13 de xuño de 2022.
- 16:30 horas: Transporte internacional de mercadorías.
- 18:30 horas: Xestión administrativa do comercio internacional.
- 1ª parte da proba: Día 08 de xuño de 2022.
- Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais.
- Primeira parte da proba: Día 08 de xuño de 2022.
- 16:30 horas: Escaparatismo e deseño de espazos comerciais.
- 18:30 horas: Xestión de produtos e promoción no punto de venda.
- Segunda parte da proba: Día 13 de xuño de 2022.
- 16:30 horas: Escaparatismo e deseño de espazos comerciais.
- 18:30 horas: Xestión de produtos e promocións no punto de venda.
- Primeira parte da proba: Día 08 de xuño de 2022.
INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS DO IES A PONTEPEDRIÑA. CALENDARIO DO MES DE XUÑO
O IES A Pontepedriña informa dos calendarios para 1º de Bacharelato e Educación Secundaria Obrigatoria durante o mes de xuño.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022-23
A Orde do 29 de maio de 2022 (DOG do 18 de maio de 2022) regula o procedemento para solicitar os LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 19/05/2022 ata o 22/06/2022, ambos os dous inclusive.
2. O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non teña praza en FPB no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda poderán presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
4. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
5. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
6. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.
7. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
8. O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.
9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos, agás que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2020. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2020.
10. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) .
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2020.
- Certificado de Convivencia, no caso de que o pai e a nai ou titor /es carezan de DNI e NIE.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida (se non pode ser polos medios anteriores).
- Certificado ou volante de convivencia (se non pode ser polos medios anteriores).
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial.
- En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2020, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
- O centro publicará as listaxes provisionais o 11 de xullo de 2022. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos 2 días seguintes a esta publicación. As listaxes definitivas publicaranse o 22 de xullo de 2022.
Para mais información prema aquí.
AXUDA MATERIAL ESCOLAR
Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.
V Concurso de Booktrailers do IES A Pontepedriña
O ENDL do IES A Pontepedriña convoca o V Concurso de Booktrailers, un certame de videos que ten como obxectivo promover a lectura de libros en galego e a creatividade audiovisual do alumnado.
Poderán concursar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos de centros educativos sostidos con fondos públicos de toda Galicia.
Podes ler as bases deste IV Concurso no seguinte enlace.
Os traballos en soporte dixital (en calquera formato) enviaranse por correo electrónico ao enderezo de normalización lingüística do centro: endlpontepedrina@gmail.com
O prazo para concursar ata o 20 de maio. Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com
NOVOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN ( Orde do 25 de xaneiro de 2022)
O IES A Pontepedriña informa que o abeiro da Orde do 25 de xaneiro de 2022 ( DOG do 11 de febreiro de 2022) publicaronse os novos criterios para a promoción e titulación do alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato.
A aplicación desta orde tamén supón modificacións nas programacións didácticas dos departamentos. No apartado "Departamentos" poden consultar esas modificacións.
- Novidades do calendario de final do curso 2021-22
- Novos criterios de Promoción e Titulación na Educación Secundaria
- Novos criterios de Promoción e Titulación no Bacharelato
INFORMACIÓN SOBRE AS BOLSAS DE ESTUDO DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2022/2023
Estas bolsas están dirixidas o alumnado de Bacharelato, Formación profesional de grao Básico (FPB), Formación profesional de grao Medio e grao Superior.
O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.
A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html
A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.
ADMISION ALUMNADO. CURSO 2022-23
Finalizado o proceso de reserva para o alumnado dos centros adscritos (o alumnado procedente dos centros adscritos tanto para 1º de ESO como para 1º de Bacharelato teñen praza no centro e non teñen que realizar ningún trámite), ábrese o prazo do procedemento de admisión.
Listado de vacantes para o curso 2022-23 (preme AQUÍ)
Prazos de solicitude e resolución (preme AQUÍ)
Documentación que hai que presentar para pedir praza.
- Modelo de solicitude (preme AQUÍ)
- Copia do DNI
- Certificado de matrícula no curso actual.
Outra documentación que hai que presentar (só no caso de máis solicitudes que prazas e teñamos que baremar).
- A correspondente que figura no Decreto de Admisión (preme AQUÍ)
- Decreto de Admisión do 11 de febreiro de 2022 (Preme AQUÍ)
-
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (Preme AQUÍ)
CONCURSO DE PAPIROFLEXIA
O próximo 14 de marzo celébrase o día internacional das matemática, por ese motivo o Departamento de Matemáticas do IES A Pontepedriña organiza un concurso de papiroflexia aberto a todo o alumnado da ESO do instituto.
Os participantes deberan construír unha figura matemática utilizando construcións modulares con papiroflexia, como as que aparecen nos seguintes enlaces:
- http://www.matematicasvisuales.com/html/geometria/construccionpoliedros/origami.html
- https://www.iesbahiadebabel.com/proyectos/rendimiento/assets/pdf/papiroflexia_modular.pdf
- https://origami-resource-center.com/modular/
- https://origami-resource-center.com/origami-stars/
Actividade de demostración nos recreos:
Os días 22 e 25 de febreiro e 4 de marzo, durante o primeiro recreo, haberá unha formación no laboratorio de Física e Química (no segundo andar)onde se explicará como pregar e montar algunhas destas figuras.
Día do concurso:
O concurso realizarase a tarde do día 8 de marzo, entre as 17:20 e as 18:10 no laboratorio de Física e Química. Que será cando os participantes deben pregar e montar a peza que presentan.
Ese día os participantes:
- Pregaran polo menos 8 módulos de todos os que necesite para facer a súa peza.
- Montaran a peza.
- Escribirán un pequeno texto relativo á peza presentada (porqué se seleccionou, características reseñables, etc..)
Inscrición:
Se estás interesado e desexas inscribirte preme no seguinte enlace e cubre os datos que se piden:
A data límite para inscribirse é o 3 de marzo.
Todas as figuras participantes serán expostas na Entrada do instituto o día 14 de marzo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »