RESERVA ALUMNADO - CURSO 2023-24
- O alumnado que solicitou praza polo procedemento de reserva para 1º de ESO está todo admitido. Pode consultar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado , ou chamando a Secretaría do IES A Pontepedriña.
- O alumnado que solicitou praza polo procedemento de reserva para 1º de bacharelato, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais está todo admitido. Pode consultar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado , ou chamando a Secretaría do IES A Pontepedriña.
- O alumnado que solicitou praza polo procedemento de reserva para 1º de bacharelato, na modalidade de Ciencias debe ser baremado ao existir máis solicitudes que vacantes. O procedemento a seguir para presentar a documentación paa baremar é o mesmo que se recolle no apartado referente a ADMISIÓN DE ALUMNADO.
ADMISIÓN ALUMNADO. CURSO 2023-24
Finalizado o proceso de reserva para o alumnado dos centros adscritos (o alumnado procedente dos centros adscritos tanto para 1º de ESO como para 1º de Bacharelato teñen praza no centro e non teñen que realizar ningún trámite), ábrese o prazo do procedemento de admisión.
Entre os días 01 e 20 de marzo de 2023, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar praza no IES A Pontepedriña.
1.- A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación “admisionalumnado” ou cumprimentarse na mesma aplicación.
2.- Tamén pode ser tramitada a través da Sede Electrónica.
3- A explicación do procedemento, así como acceder a aplicación “admisiónalumnado” atópase na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
4.- Documentación:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
- Convenio regulador ou resolusión xudicial de sepàración xudicial ou divorcio, se é o caso.
- Modelo / impreso de solicitude (prema aquí).
- Outra documentación que hai que presentar (só no caso de máis solicitudes que prazas e teñamos que baremar): A correspondente que figura no Decreto de Admisión (prema aquí).
5.- Tamén débese manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios (Transporte).
6.- Se o/a alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo tamén deberá indicarse e achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas.
7.- Se existisen máis solicitudes que prazas, os/as alumnos/as serán baremados segundo recolle a ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
8.- De existir empate na puntuación, a RESOLUCIÓN DO 23 DE FEBREIRO DE 2023, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE FAI PÚBLICO O RESULTADO DO SORTEO AO QUE FAI REFERENCIA O ARTIGO 34 DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2022, recolle o seguinte: terase en conta o número 0,69, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (69/100). Este número multiplicarase polo número de solicitudes que resulten empatadas en cada centro e curso, e o resultado da multiplicación redondearase á alza.
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).