TALENTOS DE OUTES ENTREVISTADOS/AS POLO NOSO ALUMNADO DE 4

Pinchando en cada unha das imaxes poderedes ver os magníficos cortos-entrevistas que o noso alumnado fixo sobre estes catro TALENTOS DE OUTES.

MOITÍSIMAS GRACIAS AOS CATRO POR PRESTARSE A ESTA INTERESANTE ACTIVIDADE!

     

    

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 23-24

O ALUMNADO DE 4º QUE VAIA INICIAR BACHARELATO OU FP NO VINDEIRO CURSO 23-24 DEBE FACER A RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO NO QUE QUEIRA MATRICULARSE.

Máis información pinchando na seguinte imaxe. 

 

 Qué esconde la disyuntiva entre FP o Bachillerato?

O departamento de Xeografía e Historia participa no Porto do programa PIALE 2022

 

  

O pasado mes de novembro, un grupo de profesorado galego entre o que estaba Susana Álvarez, profesora do departamento de Xeografía e Historia deste centro, participou no programa PIALE, Programa Integral de Aprendizaxe de Línguas Estranxeiras, que ten por obxectivo promover o intercambio pedagóxico e a inmersión linguística en portugués.   

A experiencia, que se desenvolveu na Escola Clara de Resende do Porto, resultou enriquecedora e confirmatoria da oportunidade, que como galegofalantes temos na Lusofonia, agora que o plurilingüismo é unha das competencias de aprendizaxe ao cuidado do profesorado na nova lei educativa.

 

Visitamos as Torres do Allo

 

O alumnado de 4ºESO foi recibido no pazo das Torres do Allo, situado no Concello de Zas, que pasa por ser o máis antigo de Galicia, aínda que non teña o mérito de ser o exemplo de propiedade fidalga mellor conservada. Os seus elementos: a capela, o pombal, as terras, as casas das familias labregas…foron deslindándose co pasar do tempo. Mais é iso precisamente o que nos permite explicar a vida cotiá durante o Antigo Réxime en Galicia e o seu final. Visitar espazos patrimoniais axuda a entender mellor a nosa Historia

 

 

 

 

Arqueoloxía en Viladonga e o Lugo romano

 

O alumnado de 2ºESO participou dunha saída didáctica para visitar o castro de Viladonga e Lugo. En primeiro lugar, participaron nun obradoiro de arqueoloxía no que se familiarizaron co entorno dun xacemento arqueolóxico e elaboraron o seu caderno de campo medindo estruturas e lanzando hipóteses a partir dos restos encontrados nelas. A seguir, e guiados polo persoal do Museo do Castro de Viladonga, puxeron en común as súas ideas que non ían nada desencamiñadas. Temos bos e boas investigadoras no grupo!

Despois do xantar, completamos este percurso no Lugo romano para entender que foi alí onde dúas culturas se encontraron e influíron mutuamente. Comprobámolo na sala de exposicións Porta Miñá sobre a construción da cidade e a súa muralla. Despois, na Domus do Océano, baixamos ao rocho dun edificio da zona histórica para observar os alicerces dunha casa patricia inmensa, moi decorada e con calefacción!

 

O alumnado completou unhas tarefas sobre estes contidos e acabamos a xornada camiñando parte da muralla, que é Patrimonio da Humanidade desde 2000 por ser o mellor exemplo de fortificación do final do Imperio romano conservado en Europa.

Somos o que comemos e na Grecia antiga non eran menos!

 

Na aula de Historia, a través dalgúns petiscos que hoxe identificamos coa dieta mediterránea, tivemos a oportunidade de coñecer parte da alimentación habitual na Hélade, razoar xuntos que actividades económicas facían posíbel a obtención daqueles produtos e saber máis sobre cerámica grega e o seu uso nun banquete típico.

Tivemos unha aula ben saborosa!


PROPOSTA de LECTURAS DA BIBLIOTECA para o NADAL 22

Preme na imaxe para ver as últimas novidades da biblioteca. Propoñémoste que aproveites as vacacións de Nadal para levar algunha a casa.

guia nadal 22

 

HORA DE LER DO 2º TRIMESTRE DO CURSO 2022-23

Á volta das vacacións de Nadal retomaremos a actividade da Hora de Ler, recordade que nesta avaliacíon realizarase os martes.  Aquí tedes o enlace ao calendario.

ENTREGA DE PREMIOS EXPOSICION "MULLERES NA CIENCIA"

Aquí podedes ver ós gañadores do concurso realizado pola BIBLIOTECA  en colaboración co departamento de BIOLOXÍA na semana das MULLERES NA CIENCIA. Noraboa ós gañadores e tamén a tódolos participantes !!!!!

José Lago e Santiago Rodríguez de 4ºESO e Álvaro Domínguez de 3ºA.

MAGOSTO 2022

O venres 11 Día de San Martiño no IES POETA AÑÓN disfrutamos dun Magosto moi soleado.

 

Alumnas de 4º de ESO venderon deliciosos doces e coa axuda de traballadores do Concello puidemos tomar castañas asadas.

 

O alumnado, algunhas profesoras e o profesor de EF puideron probar as súas habilidades con moitos xogos populares.

 

 

 

A nosa directora vixiou dende as alturas

 

A profesora de música e o seu alumnado organizaron un karaoke de cancións populares galegas.

 

Ata houbo quen gañou un vale de 30 euros para gastar en roupa o tenda de deportes so por probar os distintos xogos.

Parabéns a todos os colaboradores da organización!

 

Powered by Drupal - Design by artinet