AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23/24

Xa se poden solicitar as axudas para material escolar (o cheque) , 

O prazo remata o 21 de xuño e pódese facer a través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente no IES.

Podedes consultar información máis completa pinchando na seguinte imaxe. 

 

Últimos días para preparar el material escolar | Actualidad | Cadena SER

 

LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS PARA O CURSO 2023/2024

A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS PODE SER CONSULTADA POLAS PERSOAS INTERESADAS NO IES. 

FORON ADMITIDAS TODAS AS PERSOAS QUE ASÍ O SOLICITARON.

 

 

MOSTRA DOCUMENTAIS " TALENTOS DE OUTES"

Preciosos traballos dos 3º da E.S.O. que poderedes ver no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/results?search_query=ies+poeta+a%C3%B1on

           

 

GUIMARÃES

O alumnado de 1º de ESO participou neste curso nos intercambios territoriais organizados polo Proxecto Terra. O destino foi a cidade de Guimarães, considerada a orixe de Portugal xa que alí naceu o primeiro rei português, Don Afonso Henriques. A lenda que colga da propia muralla xa nolo indica “Aquí nasceu Portugal”. Visitamos a Citânia de Briteiros, o Monte da Penha, o Centro de Ciência Viva, o Centro histórico da cidade e máis o seu Castelo.

Foron dous días nada máis pero estiveron ben aproveitados.

  

XIII SEMANA GASTRONÓMICA NO POETA AÑÓN

Este ano celebramos  unha nova edición do CONCURSO GASTRONÓMICO na semana do 15 ó 19 de maio. Calquera membro da comunidade escolar pode participar presentando un prato doce ou salgado que será valorado polo xurado. Animádevos a participar !!!! Haberá fantásticos premios!!!!.

Podes consultar AQUÏ as bases.

 

                   

 

 

 

 

RUTA DOS CARPINTEIROS COS PÉS MOLLADOS E PETRÓGLIFOS DE FONTEMOUREIRA

Desta volta, o alumnado, profesorado e achegados da ESA, fixemos unha visita polo noso concello. Non só nos guiou Nacho, o técnico de turismo da nosa localidade, senón tamén Antonio de Tremuzo, historia e patrimonio. Partimos do Freixo e fomos pola costa ata o espazo museístico da Carpintería de Ribeira (Estaleiro do Ciprian). Polo camiño comentamos a importancia que este tipo de instalacións tivo no século pasado evidenciado polo elevado número de carpinterías de ribeira que existían neste pequeno espazo. Falamos tamén do actual motor económico da zona, a recollida do berberecho, en risco por diferentes causas.

 

 

Finalizamos o día (máis ben a noite) coa visita aos petróglifos de Fontemoureira.

HORA DE LER DO 3º TRIMESTRE DO CURSO 2022-23

Á volta das vacacións de Semana Santa retomaremos a actividade da Hora de Ler, recordade que nesta avaliacíon realizarase os mércores.  AQUI tedes o enlace ao calendario.

8-M NO POETA AÑÓN

ESTA SEMANA DO 8-M NO NOSO IES TIVEMOS A SORTE DE PODER CONTAR CUNHAS MULLERES PIONEIRAS EN DISTINTOS CAMPOS.

 

O luns pola mañá tivemos unha charla da investigadora María Mayán, responsable do grupo de investigación CellCOM, que nos falou do seu traballo de investigación no CHUAC da Coruña.

O luns pola tarde Pilar Neira, deportista de alto nivel, actualmente adestradora da selección femenina galega de fútbol, contounos como foron os seus inicios neste mundo tan masculino.

 

O mércores acompañounos Bárbara Romaní, capitana de buque mercantil a explicarlle ao noso alumando que xa non hai carreiras de homes ou de mulleres e que todos teñen as mesmas oportunidades. 

Deixámovos uns vídeos que preparamos para celebrar ese día.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN NO IES

Pinchando na seguinte imaxe accédese á información completa sobre o proceso de admisión e as datas importantes a ter en conta.

 

DÍA DE ROSALÍA 2023

No IES desfrutamos este xoves 23 de febreiro, día do Aniversario da nosa poetisa, cunha variada proposta de actividades para a totalidade do alumnado de ESO que se desenvolveron no patio interior durante as dúas últimas sesións. Tamén houbo agasallos, coma as bolsas de Rosalía, cortesía do Concello de Outes.

 

 

 

 

 

 Ademáis puidemos degustar o Caldo de Gloria feito desde a Cafetería, coa axuda de Rosi Hermo e a colaboración do alumnado do noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Caldiño que soubo a GLORIA (con boliños do pote ben sabedores)!

Compartimos algunhas das instantáneas tomadas durante a mañá:

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet