ESTE CURSO TOCA RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.
CALENDARIO PROCESO ELECTORAL
ESTE CURSO TOCA RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.
CALENDARIO PROCESO ELECTORAL
A consulta dos criterios de promoción e titulación deste curso 24/25 pódese facer pinchando na imaxe seguinte.
Invitámosvos a dedicar a derradeira HORA DE LER deste 1º trimestre á lectura dunha serie de textos literarios nos que se aborda o tema da violencia contra as mulleres nas súas diferentes formas. Unha invitación, pois, á reflexión e a concienciación necesarias aínda a día de hoxe.
Clica na frecha da imaxe para acceder ós textos
Agradecemos a elaboración e achega desta escolma ao IES San Paio de Tui (Pontevedra).
Hoxe no IES celebramos unha festa de Samaín con moitos premiados, especialmente no grupo de 1ºA, Noraboa a tod@s polo seu esforzo!
Para ver a presentación de fotos pincha na foto e identifícate co teu correo de @iespoetaanon...
No mes de novembro terás a oportunidade de iniciarte no Xadrez coa axuda de compañeiros de 1ºESO. Tanto se queres aprender coma se queres ensinar aos demáis, anótate na biblioteca antes do 30 de outubro.
A inicios de 2025 organizarase un torneo de XADREZ para poñer a proba a túa aprendizaxe.
MÉRCORES 30 - FESTA DE SAMAÍN
DE 12:05 A 14:00
Non te perdas os concursos de biblioteca
O mércores poderase vir cos disfraces a primeira hora mais non poderán impedir o desenvolvemento normal das clases (por exemplo de EF) ata o segundo recreo e non se permitirán caras ou cabezas cubertas.
Pincha na imaxe para ampliar
Co inicio do novo curso, retomamos a actividade de HORA de LER mañán luns 23 de setembro a 1ª hora. Nesta sesión cada docente escollerá o material a utilizar co grupo que lle toque.
Deixamos no arquivo adxunto o calendario da actividade para este 1º trimestre
Estes son os resultados da enquisa sobre o uso da auga, realizada a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do IES.
Noraboa, parece que todos temos presente a importancia de coidar da auga.
Pincha a imaxe para ver todos os resultados
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |