![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhksJWeMUD6SjScvWeBCn5p9VBzZvO_FdchlhgsE5tjBRyIr6dVcqL3lXZYL7B122lPGwWWRi1a3OMsCmetip8cLAcLZWH0-wK3_dzqOZac769CxhyF0H-qumIa-JNLl331UGnv7j1hY3KB6QHkygbLATAlOFaHCszJNYbcQ9Lc9z8EryBhG1rp_A/s320/Lectura%20continuada.png)
Non é por acaso que teñamos decidido organizar este encontro de lectura do romance Chiquinho, pois en Burela existe unha comunidade caboverdiana moi importante e consideramos que este tipo de encontros constitúen unha ferramenta necesaria para traballarmos na aproximación á cultura caboverdiana.
É por iso que consideramos moi importante a participación. Somos conscientes de que a participación presencial non é posible en moitos casos, por iso decidimos combinar esa modalidade coa participación online. Así, os participantes que non poidan asistir á lectura de forma presencial poderán ler conectando por videoconferencia ou ben participar enviando um vídeo gravado a: modeloburela@gmail.com ou pola mensaxería privada do facebook.