O traballo que realizastes foi cuantioso en pouco tempo, sobre todo o do alumnado de 1º de Bacharelato, que chegou do intercambio a Francia e xa se puxo mans á obra.
Foi moi difícil decidir cales eran os mellores porque hai taboleiros preciosos.
O fallo do xurado foi o seguinte:
- 1º premio para a aula 116, a de 2º ESO A,
- 2º premio para a aula 101, a de 3º ESO PDC,
- e empataron a puntos para o 3º premio, as aulas 113 e 208, as de 1º ESO A e 4º ESO B2, respectivamente.
A media das puntuacións calculouse tendo en conta a orixinalidade, a estética e a sostibilidade.
Parabéns polo voso traballo e dedicación!