Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na tarde do luns 3 de febreiro.
Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:
- Individuais: 4 en liña, Damas e Xadrez;
- Parellas: Construción de Puzzles;
- Equipos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 3 de febreiro pola tarde e foron arbitrados por Antón Niñe, presidente de honra da asociación, e polos alumnos de 3º de ESO A, Raúl Fernández e Antón Expósito e demais compañeiros/as de clase que se encargaron da música, das fotografías e do contador.
Da organización e coordinación dos Campionatos nos recreos encargaronse os alumnos/as Alejandra, Cristian e Serxio na modalidade individual e Manuel na modalidade por equipos.
Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:
XOGOS | 1º POSTO | 2º POSTO |
4 en liña | Laura Alonso Fernández 1º ESO A | Noa Martínez Casas 2º ESO B |
Damas | Fabio de Barros Gomes 1º ESO B | Iago Mon Fraga 2º ESO B |
Xadrez | Raúl Cayón Fernández 2º ESO A | Alexandre García Pousa 1º ESO C |
Puzzles | Yorel Ladra Ballesteros & Lucas Fidalgo Mendes 2º ESO C | Noelia Fernández Fernández & Zoe Arias Lamelas 1º ESO A |
Baloncesto | Equipo 2º ESO A | Equipo 1º ESO C |
Fútbol Sala | Equipo 2º ESO C | Equipo 1º ESO C |
Felicitamos aos participantes e ao público polo bo ambiente creado nestes días! Moi boa afición!!
Accede á reportaxe fotográfica da entrega de premios aquí.