Contounos que hai moitos anos en Burela había moitos problemas para ir ao instituto porque a xente se tiña que desprazar a Lugo, Ribadeo ou outros lugares. Pero o 7 de outubro de 1978 todos estes problemas acabáronse. Inaugurouse o noso instituto. A este gran evento acode parte do pobo, o alcalde, representantes da Mariña, etc... Nese primeiro curso só había cinco mestres - agora xa son uns 60 - .
Daquela o consello escolar dicidiu o nome do noso centro, escolleu o nome por unha praia que hai en Burela. Chamárono IES Perdouro.
Nestes 40 anos de vida fixéronse moitas actividades: viaxes culturais (Santiago, Segovia, Mérida,...) intercambios internacionais (Francia, Bélxica, Alemaña, Italia, Turquía), convivencia no Monte Castelo, viaxe ao Congreso dos Deputados, Camiño de Santiago, etc ....
Accede a reportaxe fotográfica aquí.
Crónica de Manuela Seijo Rolán - 1º ESO C