Skip to Content

Admisión e matrícula

Impresos de admisión da ESO e do BACHARELATO

Impresos de admisión da ESO e do BACHARELATO


Adxúntanse os impresos de matrícula da ESO e do BACHARELATO:

Matrícula 1º ESO

CURSO ACADÉMICO

 2024 / 2025

 DOCUMENTO

 INSTRUCIÓNS MATRÍCULA PARA  ESO

Para axilizar os trámites de matriculación de cara o vindeiro curso, deberá entregar o impreso de matrícula cuberto e a documentación que se indica o antes posible na secretaría do centro.

A matrícula só terá efecto no momento en que o/a alumno/a promocione a 2º ESO. No caso de non promocionar, deberá cubrir un novo impreso de matrícula de 1º ESO (as fotos e o DNI non serán necesarios).

Pregámoslle que cubra a solicitude coa maior claridade, enchendo todos os datos do formulario e non se esqueza que debe estar ASINADA por AMBOS PROXENITORES (ou REPRESENTANTE LEGAL) e polo ALUMNO/A.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

1.- 2 Fotografías tamaño carné.

2.- Copia do DNI do/a alumno/a (se non dispón de DNI, copia do Libro de Familia)

3.- Copia dos DNI de ambos proxenitores

4.- Copia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a

Agradeceriámoslles que, a poder ser, as fotocopias sexan nunha única páxina e na mesma cara (sen recortar).

5.- Copia do Boletín de notas de 6º de Primaria/Historial académico ou certificado académico (só no caso de 1º ESO)

6.- Calquera outro documento que vostede considere que o centro deba ter dependendo de circunstancias especiais do seu fillo ou filla (certificado de discapacidade, informes médicos, etc…).

 

(*) AGRADECEMOS QUE AS FOTOCOPIAS SEXAN NUNHA ÚNICA PÁXINA E NA MESMA CARA (SEN RECORTAR).

 

Calquera dúbida que lle xurda sobre o proceso de matriculación, pode consultarnos no teléfono do centro 886 120 413 ou no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal.

Matrícula 2º ESO

Matrícula 3º ESO

SEGURO ESCOLAR só para alumnado de 3º ESO e posterior

 

Ingresar na conta ES49 2080 5450 7530 4011 7398 (ABANCA) a partir do 24 de xuño a cantidade de 1,12€ (un euro con doce céntimos) en concepto de seguro escolar, facendo constar o nome e apelidos do/a alumno/a e o curso no que se matricula. Deberá entregar na secretaría do centro o xustificante de pago e ademais remitir o dito xustificante ao correo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal.

Calquera dúbida que lle xurda sobre o proceso de matriculación, pode consultarnos no teléfono do centro 886 120 413 ou no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal.

Matrícula 3º PDC

Matrícula 4º ESO

Matrícula 4º ESO PDC

Matrícula 1º BACH

CURSO ACADÉMICO

 2024 / 2025

 DOCUMENTO

 INSTRUCIÓNS MATRÍCULA PARA BACH

 

Para axilizar os trámites de matriculación de cara o vindeiro curso, deberá entregar o impreso de matrícula cuberto e a documentación que se indica o antes posible na secretaría do centro.

A matrícula só terá efecto no momento en que o/a alumno/a promocione e titule na ESO. No caso de non promocionar, deberá cubrir un novo impreso de matrícula de 4º ESO (as fotos e o DNI non serán necesarios).

Pregámoslle que cubra a solicitude coa maior claridade, enchendo todos os datos do formulario e non se esqueza que debe estar ASINADA por AMBOS PROXENITORES (ou REPRESENTANTE LEGAL) e polo ALUMNO/A.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

 

1.- Dúas fotografías.

2.- Copia do DNI do/a alumno/a (*).

3.- Certificado académico da ESO (no caso de novo alumnado no centro)

4.- Copia do xustificante de pago do seguro escolar (transferencia bancaria indicada debaixo)

5.- Calquera outro documento que vostede considere que o centro deba ter dependendo de circunstancias
      especiais do alumno/a: certificado de discapacidade, informes médicos, etc.

 

(*) AGRADECEMOS QUE AS FOTOCOPIAS SEXAN NUNHA ÚNICA PÁXINA E NA MESMA CARA (SEN RECORTAR).

SEGURO ESCOLAR

 

Ingresar na conta ES49 2080 5450 7530 4011 7398 (ABANCA) a cantidade de 1,12€ (un euro con doce céntimos) en concepto de seguro escolar, facendo constar o nome e apelidos do/a alumno/a e o curso no que se matricula. Deberá entregar na secretaría do centro o xustificante de pago e ademais remitir o dito xustificante ao correo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal.

Calquera dúbida que lle xurda sobre o proceso de matriculación, pode consultarnos no teléfono do centro 886 120 413 ou no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal

 

Matrícula 2º BACH

Solicitude excepcional de transporte (só para bacharelato ou ciclos medios e superiores)

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 2º ESO NO IES PEDRO FLORIANI

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 2º ESO NO IES PEDRO FLORIANI

ANTECEDENTES

  1.  

    O 15.05.2024 a Dirección do IES Pedro Floriani publicou na aplicación Admisionalumnado da Xunta de Galicia a listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total. Así mesmo, esta listaxe de alumnado tamén foi publicada no taboleiro interior do instituto.

  2. O 17.06.2024 detectouse un erro no cálculo das puntuacións totais asignadas ao alumnado na listaxe definitiva publicada o 15.05.2024.

 CONSIDERACIÓNS SOBRE O ERRO E SÚA EMENDA

  1.  

    Para emendar o erro producido, a Dirección do IES Pedro Floriani procede á retroacción de actuacións no procedemento de admisión de 2º ESO. Realízanse as seguintes modificacións:

  • Corrixir a puntuación errónea correspondente ao criterio de proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
  • Sumar as puntuacións corrixidas para obter as puntuacións totais validadas.
  • Reordenar ao alumnado segundo as puntuacións totais corrixidas (no caso de empate nas puntuacións de varios alumnos/as seguiranse os criterios de desempate establecidos no artigo 34 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 DOG núm. 212 do 08.11.2022).

A relación de alumnado non admitido reordénase segundo a puntuación total da listaxe definitiva emendada.

 A Dirección do IES Pedro Floriani

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 1º ESO NO IES PEDRO FLORIANI

ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 1º ESO NO IES PEDRO FLORIANI               

ANTECEDENTES

  1. O 15.05.2024 a Dirección do IES Pedro Floriani publicou na aplicación Admisionalumnado da Xunta de Galicia a listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total. Así mesmo, esta listaxe de alumnado tamén foi publicada no taboleiro interior do instituto.
  2. O 17.06.2024 detectouse un erro no cálculo das puntuacións totais asignadas ao alumnado na listaxe definitiva publicada o 15.05.2024.

CONSIDERACIÓNS SOBRE O ERRO E SÚA EMENDA

Para emendar o erro producido, a Dirección do IES Pedro Floriani procede á retroacción de actuacións no procedemento de admisión de 1º ESO. Realízanse as seguintes modificacións:

  • Corrixir a puntuación errónea correspondente ao criterio de proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
  • Sumar as puntuacións corrixidas para obter as puntuacións totais validadas.
  • Reordenar ao alumnado segundo as puntuacións totais corrixidas (no caso de empate nas puntuacións de varios alumnos/as seguiranse os criterios de desempate establecidos no artigo 34 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 DOG núm. 212 do 08.11.2022).
  • Admitir e asignarlle praza para 1º ESO no IES Pedro Floriani aos sete (7) primeiros/as alumnos/as da lista definitiva emendada.
  • Todo o alumnado que se encontraba admitido na listaxe definitiva publicada o 15.05.2024 segue admitido e con praza asignada.
  • A relación de alumnado non admitido reordénase segundo a puntuación total da listaxe definitiva emendada.

A Dirección do IES Pedro Floriani

Actualización sobre o proceso de admisión no prazo de reserva (alumnado admitido e non admitido)

Alumnado de 1º ESO

Todo o alumnado dos centros adscritos CEIP Reboreda e CEIP Porto Cabeiro que presentou a reserva de praza para este centro en 1º ESO foi admitido no prazo de reserva (do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro).

O alumnado admitido para 1º ESO deberá presentar o impreso de matrícula do 24 de xuño ao 26 de xuño.

Alumnado de 1º Bacharelato modalidade de Ciencias e Tecnoloxía e de Ciencias Sociais e Humanidades

O alumnado que solicitou a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía ou de Ciencias Sociais e Humanidades dos centros adscritos IES Illa de San Simón e CPI Curros Enríquez non foi admitido no prazo de reserva xa que houbo máis solicitudes que prazas vacantes dispoñibles. Este alumnado terá que presentar unha nova solicitude de admisión no periodo de admisión do 1 ao 20 de marzo.

Coa solicitude de admisión xa poderán achegar toda aquela documentación que demostre os criterios de admisión alegados na solicitude para o baremo. 

Alumnado de 1º Bacharelato na modalidade de Artes Plásticas e Deseño

O alumnado dos centros adscritos IES Illa de San Simón e CPI Curros Enríquez que solicitaron reserva de praza na modalidade de Artes Plásticas e Deseño foi admitido no prazo de reserva.

O alumnado admitido para 1º Bacharelato de Artes Plásticas e Deseño deberá presentar o impreso de matrícula do 27 de xuño ao 1 de xullo.

Información sobre o proceso de admisión para a ESO e Bacharelato Curso 2024-2025

No caso de que o/a alumno/a estea matriculado/a nun centro adscrito ao IES Pedro Floriani deberán presentar a solicitude de reserva dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro no centro no que estean matriculados/as actualmente.

Instrucións para presentar a solicitude de admisión para o curso 2024-2025

Para solicitar praza para un/ha alumno/a matriculado/a nun centro que non estea adscrito ao IES Pedro Floriani, as familias deberán presentar o impreso de admisión do 1 ao 20 de marzo.

Deben ter en conta que no caso de que presentasen unha solicitude de reserva e non renunciasen no prazo correspondente (antes do 28 de febreiro), se no período de admisión (do 1 ao 20 de marzo) presentan unha solicitude de admisión para outro centro xerarase unha duplicidade de solicitudes.

No caso de que presentasen a renuncia en prazo (tanto dunha solicitude de reserva como doutra solicitude de admisión previa) deberán indicar no impreso da nova solicitude de admisión que renunciaron por escrito á reserva ou á admisión solicitada previamente.

O impreso pódese descargar dende os seguintes enlaces:

O impreso pódese presentar telemáticamente na sede do rexistro electrónico da Xunta no seguinte enlace:

MOI IMPORTANTE: Recorden que no impreso deben constar as sinaturas de todos os proxenitores/titores/acolledores do alumno/a. No caso de pais separados/divorciados deben constar as sinaturas dos dous proxenitores sempre que teñan os dous a patria potestade (independentemente do réxime de custodia do/a alumno/a).

O impreso tamén se pode presentar presencialmente na Secretaría do IES Pedro Floriani.

Co impreso de admisión deberán achegar:

  • O Anexo II-bis que é a sinatura do outro proxenitor/titor/acolledor (inclúese ao final do impreso).
  • Fotocopia do DNI do alumno/alumna e do DNI do/a proxenitor/titor/acolledor que conste como solicitante.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente.
  • No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Poderán achegar o resto da documentación que se indica no impreso para demostrar os criterios de admisión alegados (no caso de que haxa que baremar por existir máis solicitudes que prazas dispoñibles).

Normativa onde se regula todo o procedemento de admisión para o curso 2024-2025

  • Lei Orgánica 2/2006, do3 de maio, de Educación, no seu capítulo III "Escolarización en centros públicos e privados concertados".
  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Prazo de presentación das solicitudes de reserva

  • O prazo para presentar as solicitudes de reserva abrangue dende o 15/01/2024 ata o 05/02/2024.
  • Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro

Prazo de presentación das solicitudes de admisión

O prazo para presentar as solicitudes de reserva abrangue dende o 01/03/2024 ata o 20/03/2024.

Información importante sobre a presentación de solicitudes de admisión

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, solicitando ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente por escrito, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG 08/11/2022).

Criterio complementario do centro para fase de baremo

O criterio complementario do centro é:

  • Por proxenitor/a, irmán/irmá antigo alumno do centro: 1 punto.

Este criterio complementario estáblecese de acordo co artigo 24 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 (DOG núm. 212 do 08/11/2022).

Curso Modalidade Vacantes
1º ESO   6
2º ESO   0
3º ESO   10
4º ESO   6
1º Bac. Artes 12
1º Bac. Ciencias e Tecnoloxía 7
1º Bac. Humanidades e Ciencias Sociais 17
2º Bac. Artes 4
2º Bac. Ciencias e Tecnoloxía 7
2º Bac. Humanidades e Ciencias Sociais 8

Prazos do resto do proceso

  • O prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de que haxa máis solicitudes de admisión que vacantes dispoñibles):10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.
  • Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.
  • Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
  • Prazo para formalizar a matrícula na ESO e bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Centros adscritos ao IES Pedro Floriani

Centro adscrito

Curso de adscrición

CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro

Solicitudes para 1º ESO

CEIP Plurilingüe de Reboreda

Solicitudes para 1º ESO

CPI Curros Enríquez

Solicitudes para 1º BACH

IES Illa de San Simón

Solicitudes para 1º BACH

 

Zonificación do centro

Área de influencia:

A área de influencia ESO 4 está integrada polas parroquias de Cabeiro, Negros, Vilar de Infesta, Ventosela e Reboreda. O perímetro da mesma coincide cos límites exteriores do conxunto de parroquias.

Zonas limítrofes:

Son áreas limítrofes deste centro as áreas ESO 1 (parroquia de Redondela), ESO 2 (parroquias de Chapela e Trasmañó) e ESO 3 (Parroquias de Cedeira, Saxamonde, Quintela, Cesantes e OViso) e ás áreas de influencia correspondentes ás parroquias de Teis e Candeán do concello de Vigo.

O centro ofrece liñas de transporte nas áreas de influencia propias para os alumnos da ESO.

A matriculación neste centro implica respectar o proxecto educativo do centro vixente para cada ano académico.

Consulta de datos do proceso de admisión a través da aplicación admisionalumnado

Os/as alumnos/as e as súas familias poderán consultar na aplicaciónadmisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) a seguinte información do proceso de admisión:

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido

Para a consulta da citada información na aplicación admisionalumnado poderán acceder utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

MATRÍCULA CURSO 2023-2024 ESA (XANEIRO)

Muller rellenar formulario de solicitud Foto gratis

PRAZO: 9 ao 19 de XANEIRO de 2024

O alumnando que dexese incorporarse ás ensinanzas de Educación Secundaria para Persoas Adultas deberán cubrir e presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de Admisión e Matrícula. Pódese descargar aquí.
  • Declaración de non estar escolarizado/a nas mesmas ensinanzas noutro centro. Pódese descargar aquí.
  • Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a.
    • No caso de ser menor tamén deberá achegarse a fotocopia do DNI da nai, pai ou titor/a legal e a autorización para alumnado menor de idade.Pódese descargar aquí.
  • Fotocopia NUSS (Número de Usuario/a da Seguridade Social).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Resgardo do pagamento do seguro escolar en Abanca, Suc. Redondela.
    • Nº Conta: ES49 2080 5450 7530 4011 7398 (1,12‎€) [só as persoas menores de 28 anos].
  • Fotocopia compulsada do contrato laboral (só as persoas menores de 18 anos e maiores de 16, que non cursaran ensinanzas de FPB/PCPI).

Unha vez cuberta a documentación poderá presentarse entre o 09/01/24 e o 19/01/24 de dous xeitos:

1. Telematicamente

    • Descárganse os documentos (Solicitude de Matrícula e Declaración de non estar escolarizado/a) e cúbrense no ordenador.
    • Envíase toda a documentación como arquivo adxunto ao email do instituto: ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal. No asunto do correo electrónico debe figurar ‘MATRÍCULA: Curso_Nome alumna ou alumno’.

Dende o IES Pedro Floriani pregamos que se empregue preferentemente a modalidade telemática de envío dos formularios se é posible.

2. Presencialmente

    • Solicitarase cita previa enviando un correo co asunto “MATRÍCULA: Cita_Nome alumna ou alumno a citapreviafloriani@gmail.com.
    • Posteriormente descargaranse os documentos, imprimiranse na casa e levaranse xa asinados ao centro.

Calquera incidencia ou dúbida que poida xurdirlle ao alumnado sobre o proceso de matriculación, pode consultala no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal ou no teléfono 886 12 04 13.

ADMISIÓN E MATRÍCULA CICLOS

Información sobre as probas de acceso a ciclos de FP

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO AO CICLO MEDIO

Realización da proba ciclo medio: 25 de maio

Hora: A presentación para a realización da proba é ás 09:00 horas

Lugar: CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

A información sobre todo o proceso poderédela consultar no seguinte enlace.

Pderedes obter o vosdo código persoal de consulta neste enlace

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO AO CICLO SUPERIOR

Realización da proba ciclo superior: 20 de abril

Hora: A presentación para a realización da proba é ás 09:00 horas

Lugar: CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

A información sobre todo o proceso poderédela consultar no seguinte enlace.

Pderedes obter o vosdo código persoal de consulta neste enlace

Admisión Formación Profesional 2022-2023 (Renucia ou Matrícula)

Dirección Xeral de Formación Profesional Admisión Formación Profesional 2022-2023

- Réxime ordinario Instrucións do procedemento vía web para:

- Solicitar/reservar matrícula

- Renunciar á praza adxudicada

INSTRUCIÓNS EN FICHEIRO ADXUNTO

MATRÍCULA 1º ESO CURSO 2022-2023

Para formalizar a matrícula para 1º de ESO, deberá entregar o impreso de matrícula cuberto e a documentación que se indica, na secretaría deste centro.

Recolleremos os impresos dende o 23 ata o 28  de xuño, de 10:00 a 13:00 h.

 no teléfono

886 120 413

Xúntanse instrucións e impreso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut