ANUNCIO SOBRE Á RETROACCIÓN E A VALIDACIÓN DE ACTUACIÓNS POR MOR DUN ERRO NAS PUNTUACIÓNS DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA 2º ESO NO IES PEDRO FLORIANI
ANTECEDENTES
-
O 15.05.2024 a Dirección do IES Pedro Floriani publicou na aplicación Admisionalumnado da Xunta de Galicia a listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total. Así mesmo, esta listaxe de alumnado tamén foi publicada no taboleiro interior do instituto.
- O 17.06.2024 detectouse un erro no cálculo das puntuacións totais asignadas ao alumnado na listaxe definitiva publicada o 15.05.2024.
-
Para emendar o erro producido, a Dirección do IES Pedro Floriani procede á retroacción de actuacións no procedemento de admisión de 2º ESO. Realízanse as seguintes modificacións:
- Corrixir a puntuación errónea correspondente ao criterio de proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
- Sumar as puntuacións corrixidas para obter as puntuacións totais validadas.
- Reordenar ao alumnado segundo as puntuacións totais corrixidas (no caso de empate nas puntuacións de varios alumnos/as seguiranse os criterios de desempate establecidos no artigo 34 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 DOG núm. 212 do 08.11.2022).
A relación de alumnado non admitido reordénase segundo a puntuación total da listaxe definitiva emendada.